Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 20 de xullo de 2001 Páx. 9.962

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública para declaración de utilidade pública das instalacións que comprenden o proxecto do parque eólico Pena Armada. (Expediente 041-EOL).

En cumprimento do disposto nos artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, y 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido na disposición transitoria primeira da devandita lei, en relación coa disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000

e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveita-

mento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma

de Galicia, sométese a información pública por soli-

citude da empresa Unión Fenosa Energías Especiales,

S.A., a declaración, en concreto, de utilidade públi-

ca da instalación que seguir se describe:

Obxecto de información pública:

-Declaración, en concreto, de utilidade pública das instalacións que comprenden o proxecto do parque eólico Pena Armada.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Peticionario: Unión Fenosa Energias Especiales, S.A. Betanzos, 1.1º, 15004 A Coruña.

Situación: Concello de Friol (Lugo).

Afección de predios particulares:

-Superficie de protección eólica (SPE): a superficie de protección eólica está afectada pola seguinte limitación de dominio: prohibición de situar obstáculos de altura superior a 10 m (construccións, arborado, postes e outros) nun raio de 50 m ó redor do eixe de cada aeroxerador.

-Superficie de voo (SV): corresponde á área de servidume de voo das pás dos aeroxeradores, quedando definida por un círculo de 30 m de raio de arredor de cada aeroxerador.

-Superficie expropiada: corresponde á expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

-Servidume de paso: corresponde á superficie ocupada polos camiños e gabias que albergan os cables soterrados, incluíndo as cunetas, valados e desmontes, coas seguintes servidumes e limitacións de dominio permanentes:

-Dereito de libre paso ou acceso de persoal e equipos para a construcción, montaxe, supervisión, vixilancia, conservación ou reparación das instalacións.

-Servidume de paso soterrado comprendendo a ocupación do subsolo polas liñas eléctricas soterradas aloxadas nas gabias. A devandita servidume ocupará un largo de 1,5 m ó longo de toda a lonxitude da liña.

-Prohibición de efectuar remoción do terreo ou cualquera tipo de obras ou actos que poidan danar ou prexudica-los camiños e instalacións.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan presenta-las obxeccións ou alegacións que consideren oportunas nesta delegación provincial sita no edificio administrativo Ronda da Muralla 70 (27071 Lugo), no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte á última publicación deste anuncio.

Faise constar que esta publicación se realizará igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos ou se ignore o lugar ou o medio

de notificación, ou ben cando, tentada a notificación, non se puidese realizar.

Lugo, 11 de xullo de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Parque eólico Pena Armada

Concello de Friol. Provincia Lugo

LugarClase de terreoPropietariosAeroxeradoresVía e L.M.T.

Nome e apelidosEnderezoS.P.E.

m

S.V.

m

S.E.

m

S.P.

m

1SuacorgaM. AltoVeciñal de Xiá. Pte.: Alfredo Brao PlateroXiá, Friol C.P 272271-2-3-4-5-6-7

7-8-9-10

63.03216.8365.65610.088

2Monte do RegoPradoFermín López VarelaCasantalla, Xiá Friol, C.P. 2722761.001

1AO CotoM. AltoVeciñal de Xiá. Pte.: Alfredo Brao Platero

Arrendado: Avelino Prado Pena

Xiá, Friol C.P 27227

Casantalla, Xiá, Friol C.P. 27227

87.8542.193644872

1BO CotoM. BaixoVeciñal de Xiá. Pte.: Alfredo Brao Platero

Arrendado: Avelino López Varela

Xiá, Friol C.P 27227

Casroque, Xiá, Friol C.P. 27227

91.864667148178

1CO CotoM. BaixoVeciñal de Xiá. Pte.: Alfredo Brao Platero

Arrendado Jesús Penas Vigo

Xiá, Friol C.P. 27227

Casantalla, Xiá, Friol C.P. 27227

91.963666480224

1DO CotoM. BaixoVeciñal de Xiá. Pte.: Alfredo Brao Platero

Arrendado: Alejandro Barreiro Expósito

Xiá, Friol C.P. 27227 Casantalla, Xiá, Friol C.P. 2722791.78373523680

3O CotoM. BaixoJesús Penas VigoCasantalla, Xiá, Friol C.P. 2722791.04371

4M. PuxeiroM. BaixoVeciñal de Xiá. Pte.: Alfredo Brao PlateroXiá, Friol C.P. 2722711-12-13-14

15-16-17-18

19-20-21

66.82717.6635.0579.872

5A RevoltaM. BaixoHrds. de Higinio Expósito Rguez.Casferro, Xiá Friol C.P. 27227184.7851.632595183

6A RevoltaM. BaixoJosé Ángel Rodríguez Prietor/ Forcarei, nº 18, 4º C.P. 15002 A Coruña19-204.9771.342648752

7A RevoltaM. BaixoJosé Rodríguez PenasCasferro, Xiá, Friol C.P. 2722719-205.4901.672347448

8A RevoltaM. BaixoCarmen Sandome PeteiroCasferro, Xiá, Friol C.P. 2722720-214.294772257784

9A RevoltaPradoDositeo Rodríguez PenasCasferro, Xiá, Friol C.P. 27227214.7301.545636410

10Picheira da TelleiraM. BaixoÁngel Rodríguez López e

Alicia Rodríguez López

r/ Alcalde Abellá, nº 15, 2º C.P. 15002, A Coruña

r/ Mosteiro de Bergondo nº 14-3º B 15010 A Coruña

22-2311.2213.2359501.296