Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 20 de xullo de 2001 Páx. 9.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2001 pola que se modifica a do 4 de xullo de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 134, do 11 de xullo) pola que se convoca concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de servicios consistente no desenvolvemento dun sistema de información para a xestión dos plans de labores das actividades mineiras. (Expediente 4/2001 DXI).

Mediante Resolución do 4 de xullo de 2001, publicada no DOG nº 134, do 11 de xullo, iniciouse o concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de servicios consistente no desenvolvemento dun sistema de información para a xestión dos plans de labores das actividades mineiras. O prego de cláusulas administrativas establece un prazo de 15 días naturais para a presentación de ofertas.

O devandito prazo considérase insuficiente por canto os dous criterios principais de valoración son a calidade técnica e as melloras propostas, o que require un prazo maior para o seu estudio e preparación.

En consecuencia, resolvo a modificación do prazo para a presentación de ofertas, que queda establecido en 30 días naturais. O novo prazo computarase a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2001.

P.D. (Orde 13-10-1999, DOG nº 207)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio