Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 20 de xullo de 2001 Páx. 9.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ANUNCIO do 15 de xuño de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, polo que se notifica resolución de recurso de alzada do expediente sancionador PO-80/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, do 23 de abril de 2001, do recurso de alzada do expediente sancionador en materia de turismo número PO-80/2000, despois de intentada a notificación persoal dúas veces sen que se puidese practicar.

A devandita resolución esgota a vía administrativa e contra ela o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Con

tencioso-Administrativo, de acordo co disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

-Expediente: PO-80/2000.-Denunciada: Esther Miranda Vaquero.-Establecemento: Cámping Praia Castiñeiras de San Xián. Cangas (Pontevedra).-Precepto infrinxido: artigos 23.1º e 25.1º d) da Lei 9/1997, do 21 de agosto.-Precepto sancionador: artigo 87.1º da Lei 9/1997, do 21 de agosto.-Sanción: 300.000 pesetas.-Resolución recurso de alzada: 23 de abril de 2001, desestimatoria, confirmando a Resolución do 12 de xaneiro de 2001 da Dirección Xeral de Turismo.

De conformidade co previsto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 a sanción relacionada deberá aboarse mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da delegación provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2001.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo