Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 20 de xullo de 2001 Páx. 9.951

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (53/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 53/2001 por instancia de Miguel Valdueza Fernández e outros contra a empresa Muebles Junior, S.L. sobre salarios, nos que se dictou sentencia en data que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Fallo que, estimando a demanda promovida por Miguel Valdueza Fernández, Manuel de Sigmaringa Arévalo, Francisco Roel Fraga, Eduardo Mota Montes, Jesús Calvo Noya, Manuel Bouzas Bouzas, Jesús Blanco Galmán, Manuel Armada Fernández, Luis García Patiño, Carlos Ventureira Rumbo, Claudio Vázquez Rodríguez, José Novo Espada, contra la empresa Muebles Junior, S.L., debo condenar e condeno á demandada a que aboe a demandante a cantidade de 542.500 pesetas a Miguel Valdueza Fernández; 564.200 pesetas a Manuel Sigmaringa Arévalo; 553.350 pesetas a Francisco Roel Fraga; 570.850 pesetas a Eduardo Mota Montes; 542.500 pesetas a Jesús Calvo Noya; 575.050 pesetas a Manuel Bouzas Bouzas; 575.050 pesetas a Jesús Blanco Galmán; 535.500 pesetas a Manuel Armada Fernández; 882.000 pesetas a Luis García Patiño; 575.050 pesetas a Carlos Ventureira Rumbo; 553.350 pesetas a Claudio Vázquez Rodríguez, e 553.350 pesetas a José Novo Espada, por tódolos conceptos reclamados na demanda.»

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde os seguintes ó da súa notificación, anunciando o propósito de promovela mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba perante este Xulgado do Social o comprobante de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado número identificador 5.605, clave 60, a cantidade obxecto da condena,

podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista; sen este requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Débese consignar, ademais, a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o comprobante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso, declarándose desistido de non constituírse o depósito na forma indicada.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Muebles Junior, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o vinteún de xuño de dous mil un.

O secretario xudicial

Rubricado