Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 20 de xullo de 2001 Páx. 9.952

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2001 pola que se lles dá publicidade ás resolucións de adxudicación de varios contratos.

Por resolucións do secretario xeral, actuando en nome do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, por delegación de competencias, segundo a Orde do 22 de febreiro de 1999, resolven adxudica-los seguintes contratos:

-Contratación do servicio de vixilancia e seguridade nas dependencias da Xunta de Galicia en servicios centrais e periféricos, convocada por concurso aberto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 23 de data 1 de febreiro de 2001.

Adxudicatario: Grupo Cetssa Seguridad, S.A.

Importe: 65.867.520 pesetas (395.871,76 euros), IVE incluído.

-Contratación do servicio de seguridade e vixilancia na Casa de Galicia en Madrid, convocada por concurso aberto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 23, de data 1 de febreiro de 2001.

Adxudicatario: Grupo Cetssa Seguridad, S.A.

Importe: 18.646.536 pesetas (112.067,93 euros).

-Contratación do servicio de mentemento de xardinería exterior dos servicios centrais da Xunta de Galicia, convocada por concurso aberto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 236, do 5 de decembro de 1999.

Adxudicatario: UTE Xardín Insa.

Importe: 18.980.162 pesetas (114.073 euros).

-Contratación dunha asistencia para a organización de probas selectivas de acceso ós corpos de auxiliares e subalternos da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, convocada por concurso aberto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 246, do 21 de decembro de 1999.

Adxudicatario: Serviguide, S.L.

Importe: 24.540.000 pesetas (147.488,37 euros).

-Contratación do servicio de limpeza do edificio de servicios múltiples da Xunta de Galicia en Lugo e oficina comarcal de Vilalba, convocada por concurso aberto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 239 do 12 de decembro de 1999.

Adxudicatario: Eulen, S.A.

Importe: 48.718.042 pesetas (292.801,33 euros).

-Contratación dunha asistencia técnica para o asesoramento na realización da planificación, organización, execución e control das eleccións ó Parlamento de Galicia 2001, convocada por concurso aberto, trámite de urxencia, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 80, del 25 de abril de 2001.

Adxudicatario: Negocios, Estrategias y Tecnología Global, S.A.

Importe: 34.800.000 pesetas (209.152,21 euros).

-Contratación en réxime de concesión, do servicio de cafetería no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, por concurso aberto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 74 do 17 de abril de 2001.

Adxudicatario: Santiago Dos, S.L.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 93 do Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2001.

P.D. (Orden 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública