Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 20 de xullo de 2001 Páx. 9.951

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (44/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña fago saber que nos autos número 44/2001 seguidos por instancia de Eva Mª Riotorto Lorenzo contra Norotex, S.A. sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, con data do 12-6-2001, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando a demanda interposta por Eva María Riotorto Lorenzo, contra a empresa Norotex, S.A., debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento á demandante da suma de 154.760 pesetas, coa absolución do fondo de garantía salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle.

Así, por esta miña sentencia, contra a que non cabe recurso, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para lle sirva de notificación a Norotex, S.A. que tivo o seu último domicilio coñecido na rúa Nosa Señora de Fátima, 23, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 12 de xuño de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado