Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 20 de xullo de 2001 Páx. 9.951

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (255/2000).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 255/2000 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

Procedemento: xuízo de faltas 255/2000.

En Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2000.

En nome de El-Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada xuíza de instrucción, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas 255/2000, seguida por unha falta de ameazas, no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, Tomás Correia da Costa denunciante-denunciado e, como denunciados-denunciantes Pilar Paz del Río e Antonio Coya Zapata, pronunciou a seguinte sentencia:

Decido que debo absolver e absolvo a Tomás Correia da Costa, Pilar Paz del Río e Antonio Coya Zapata, con declaración das custas de oficio.

E para que conste e lles sirva de notificación de sentencia a Tomás Correia da Costa, Pilar Paz del Río e Antonio Coya Zapata, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o doce de xuño de dous mil un.

O secretario

Rubricado