Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 20 de xullo de 2001 Páx. 9.950

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DA CORUÑA

EDICTO (600/1999-E).

Federico Seoane Rosa, secretario do Xulgado de Instrucción número catro da Coruña dou fe e testemuño de que nos autos antes sinalados se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva ten o teor literal seguinte:

«Na Coruña o 17 de novembro de dous mil. Vistos estes autos de xuízo de faltas número 600/1999, tramitados perante este xulgado por conducción sen seguro obrigatorio, no que son parte, ademais do Ministerio Fiscal, como denunciante, o policía local do Concello da Coruña con carné profesional número 2092, e como denunciados Luis Lado López e Joaquín Silva Silva. Decido que debo condenar e condeno a Luis Lado López e a Joaquín Silva Silva, como autores da falta xa definida, a cadansúa pena de 40 días de multa con cota diaria de mil pesetas. Notifíquese esta resolución ás partes, prevíndoas de que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante este xulgado no prazo de cinco días, por medio de escrito no que se exprese o quebrantamento das normas e garantías procesuais, o erro na apreciación das probas e as infraccións de preceptos constitucionais ou legais que se aleguen».

E para que conste e lle sirva de notificación en forma ó condenado Luis Lado López, expido e asino este edicto na Coruña o dezaoito de xuño de dous mil un.

Rubricado