Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 19 de xullo de 2001 Páx. 9.883

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (253/2000).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña dou fe e certifico

que neste xulgado se seguen autos número 253/2000 por instancia de Enriqueta Junquera Goyeneche Cespón e Rosa María Viejo María contra Dimegas, S.L., Sintel Gas y Gas Coruña, S.A. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido que estimando a demanda promovida por Enriqueta Junquera Goyeneche e Rosa María Viejo María contra Dimegas, S.L., Sintel Gas, S.A. y Gas Natural La Coruña, S.A., debo condenar e condeno as demandadas a que lles aboen ás demandantes a cantidade de 549.165 pesetas a cada unha delas, respondendo solidariamente do pagamento da dita cantidade, a excepción da cantidade reclamada en concepto de parte proporcional de vacacións non desfrutadas (33.963 pesetas), da que non teñen que responde-las entidades Gas Natural La Coruña, S.L. e Sintel Gas, S.A.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo ó recorrente, se é empresario, exhiba perante este Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado número identificador 5.605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito este sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándolle o resgardo na secretaría ó

tempo de interpoñe-lo recurso, declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronuncio, mando e asino.

E para que conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Dimegas, S.L. e Sintel Gas, expido e asino a presente cédula na Coruña, sete de xuño de dous mil un.

El secretario xudicial

Rubricado