Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 18 de xullo de 2001 Páx. 9.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifican as propostas de resolución dos expedientes sancionadores AG-SA-23/2001-PO e AG-SA-44/2001-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ás persoas que no anexo se mencionan as propostas de resolución, dictadas polo instructor no expediente que por infracción ó Regulamento de epizootias, Decreto 4-2-1995, estase tramitando nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-los expedientes, no Servicio Técnico Xurídico, sito na r/ Benito Corbal nº 47-4ª planta, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 7 de xuño de 2001.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-23/2001-PO.

Denunciada: María Evangelina García Rodríguez.

Feito denunciado: non dar de alta un becerro.

Data do acordo de incoación: 26-1-2001.

Alegacións á incoación: 6-2-2001.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 4.1º.3 do Real decreto 1945/1983, do 21 de xuño.

Precepto sancionador: artigo 10.1º do Real decreto 1945/1983.

Sanción: 10.000 pesetas.

Expediente: AG-SA-44/2001-PO.

Denunciada: Jovita González Álvarez.

Feito denunciado: oposición ó saneamento das ovellas.

Data do acordo de incoación: 31-1-2001.

Alegacións á incoación: non presentou alegacións.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 10.2º da Orde do 4 de abril de 1997.

Precepto sancionador: artigo 209.3º do Decreto 4-2-1955, polo que se aproba o regulamento á Lei de epizootias do 20-12-1952.

Sanción: 35.000 pesetas.