Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 18 de xullo de 2001 Páx. 9.793

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa da instalación do parque eólico ampliación de Meda. (Expediente IN661A 01/5-3 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa do parque eólico ampliación de Meda, coas seguintes características básicas:

Denominación: paque eólico ampliación de Meda.

Solicitante: Eólicas del Sil, S.A.

Domicilio: rúa de Circunvalación, nº 17, 32350 A Rúa (Ourense).

Situación: terreos situados nos concellos de Montederramo; Parada de Sil; Xunqueira de Espadanedo e Nogueira de Ramuín (Ourense).

Delimitación, superficie e potencia.

As coordenadas UTM (m) do polígono que delimita a zona de implantación son:

PuntoUTM-xUTM-y

1614.0004.690.000

2611.5004.692.500

3615.5004.692.500

4615.5004.688.000

O parque eólico disporá dun conxunto de 16 aeroxeradores de 850 kW de potencia unitaria, o que suma unha potencia bruta total de 13,6 mW.

Alegacións; solicitudes en competencia.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial no prazo de vinte días. En igual prazo presentaranse as solicitudes en competencia, as que se axustarán ó disposto no artigo 10 do citado decreto.

Ourense, 26 de xuño de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense