Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 18 de xullo de 2001 Páx. 9.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2001, do Servicio de Estructuras Rurais da Coruña, pola que se anuncia a publicación das bases definitivas da zona de Baio (Zas-

A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Baio (Zas-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución

polo Decreto 228/1993, do 24 de setembro (DOG nº 197, do 13 de outubro), que a xunta local da zona, na súa reunión do 6 de xuño de 2001, unha vez introducidas as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa das bases provisionais, aprobou as bases definitivas, que estarán expostas ó público no Concello de Zas e na zona, durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última inserción deste aviso no Diario Oficial de Galicia e no BOP, no xornal de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello, de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985 (artigo 36).

Os documentos que se poden examinar no concello, ademais da contestación ás alegacións formuladas á enquisa das bases provisionais, refírense á determinación do perímetro (predios da periferia que se incluíron e excluíron, superficies que se exceptúan por ser de dominio público e relación de predios excluídos), a clasificación de terras e a fixación de coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias e, a determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a súa titularidade.

Contra estas bases os interesados poden interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria dentro do prazo dos trinta días sinalados, na Xefatura de Estructuras Rurais (edificio administrativo, Praza Luis Seoane, s/n, 6ª planta, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmos ou por representación, facéndose constar no escrito un enderezo dentro do termo municipal para os efectos das notificacións que procedan.

A Coruña, 7 de xuño de 2001.

Rodolfo Rodríguez-Morales Glez.

Xefe de Servicio de Estructuras Rurais da Coruña

Visto e prace

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña