Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 18 de xullo de 2001 Páx. 9.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2001 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Iberojet, S.A., sita na praza de Europa número 15 A, planta 5ª, Santiago de Compostela.

Examinado o expediente instruído a instancia de Gabriel Subias Cano na súa calidade de representante

legal da entidade mercantil Iberojet, S.A., en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento na praza de Europa 15 A, planta 5ª, Área Central de Santiago de Compostela, da axencia de viaxes Iberojet, S.A., do grupo maiorista, co código de identificación BAL-034-M, con sede central na rúa Paseo Mallorca, 17 A, entreplanta de Palma de Mallorca.

Resultando que o interesado xunto coa solicitude achegou toda a documentación a que fai referencia o artigo 5 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes, concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Considerando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidos legal e regulamentariamente.

Vistos a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 12 de xaneiro de 1998 da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se delega no director xeral de Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos e dependencias auxiliares das axencias de viaxes xa autorizadas, esta dirección xeral

RESOLVE:

Autorizarlle á axencia de viaxes Iberojet, S.A., sita en Palma de Mallorca na rúa Paseo Mallorca 17 A, entreplanta, da que é titular a entidade mercantil Iberojet, S.A., a apertura dun novo establecemento na praza de Europa, 15 A, planta 5ª, Área Central de Santiago de Compostela, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Previamente poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación de presente resolución no DOG.

Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2001.

P.D. (Orde 12-1-1998)

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo