Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 18 de xullo de 2001 Páx. 9.784

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (343/2001).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dá fe es testemuño de que nos autos de xuízo número 343/2001, seguidos por instancia de José López López e Outros contra a empresa Materiales del Noroeste, S.A. e outros, sobre despedimento, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que di:

«Sentencia.-Lugo, 15 de xuño de 2001.

Vistos por María de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal número 343/2001, sobre reclamación de despedimento, no que son partes, como demandantes, José López López, Avelino Feliciano López Marcos e José Antonio Rodríguez Crespo, asistidos do letrado Germán Vázquez Díaz e, como demandadas, a empresa Obras, Decoración e Instalaciones, S.L. (Odein, S.L.), representada por Francisco Noguera Ruiz, a empresa Maquinaria de Pontevedra, S.L., representada polo letrado Carlos Ogando Valcárcel, a empresa Aglomerados del Noroeste, S.L., representada por Manuel Morillo Peña, la empresa José Malvar Construcciones, S.A., representada polo letrado José Mª García Pérez, a empresa Talleres Mecánicos Mollabao, S.L., repre

sentada polo letrado José Mª García Pérez, a empresa Trabajos de Carpintería Especializada (TCE), S.L:, representada por el letrado José Mª García Pérez, a empresa Obrascon, Huarte, Laín, S.L., (OHL), representada polo letrado José Mª García Pérez, e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado José Carlos Pérez Vázquez. Non compareceu o demandante Eugenio Touzón Castro nin a empresa demandada Materiales del Noroeste, S.A., malia estaren citados en legal forma.

Decido que estimando en parte a demanda imterposta por José López López, Avelino Feliciano López Marcos e José Antonio Rodríguez Crespo, téndose por desistido a Eugenio Touzón Castro, sobre despedimento, contra a empresa Odein, S.L., debo declarar e declaro a improcedencia deste e, en consecuencia, debo condenar e condeno a dita empresa a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentencia, opte entre a readmisión dos traballadores ou o aboamento dunha indemnización respectiva de setenta e oito mil corenta e catro pesetas (78.044 pesetas), cento trinta e nove mil seiscentas cincuenta e oito pesetas (139.658 pesetas) e cento trinta e nove mil seiscentas cincuenta e oito pesetas (139.658 pesetas), entendéndose que, de non opta-lo empresario pola readmisión ou pola indemnización, procede a primeira; e , ademais, nun ou noutro caso, o pagamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento, ata a da notificaciòn da sentencia, a razón de 4.564 pesetas brutas

diarias de soldo e que ata a data desta resolución ascenden á suma de trescentas dezanove mil catrocentas oitenta pesetas (319.480 pesetas), a cada un dos tres demandantes.

Tense por desistida a parte demandante da demanda fronte a Aglomerados del Noroeste, S.L.

Absólvense as demandadas Maquinaria de Pontevedra, S.L., José Malvar Construcciones, S.A., Materiales del Noroeste, S.A., Talleres Mecánicos de Mollabao, S.L., Trabajos de Carpintería Especializada (TCE), S.L. e Obrascon, Huarte, Laín S.A. (OHL), así como o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sen prexuízo da súa ulterior responsabilidade, no caso de ser declarada a insolvencia empresarial de Odein, S.L.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste Xulgado do Social, logo do depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral e, en especial, o disposto no artigo 228 do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozase do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignado na conta de depósitos e consignacións, nº 2322-61-nº de autos 343/2001, que este Xulgado do Social ten aberta no Banco Bilbao Vizcaya desta

cidade, na rúa da Raíña nº 1, a cantidade obxecto da condena. Poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, de se-lo caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número do procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño destes para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, mailo depósito de 25.000 pesetas prevido para esta clase de recursos, que deberá constituírse na mesma conta nº 2322-65 nº de autos 343/2001 do Banco Bilbao Vizcaya, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, e deberán entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpo-lo recurso, no caso de se-la empresa demandada condenada quen o interpuxese, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así, por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. María de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado».

Publicación.-A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, que estaba celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado.

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Materiales del Noroeste, S.A., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o quince de xuño de dous mil un.

Rubricado