Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 18 de xullo de 2001 Páx. 9.785

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2001 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, do contrato de obra relativo á construcción dun pavillón polideportivo no concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense).

Aprobado o expediente de contratación que a seguir se identifica, mediante Resolución do 12 de xullo de 2001, procédese agora a efectua-lo anuncio da súa licitación.

Esta resolución constitúe acto de trámite para os efectos do parágrafo segundo do artigo 107 da Lei

30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

1. Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato.

Construcción dun pavillón polideportivo no concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense).

a) Prazo de execución: quince (15) meses.

b) Orzamento de execución por contrata: cento vinteoito millóns cento catorce mil duascentas vinteunha pesetas (128.114.221 pesetas), IVE incluído.

c) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación empresarial: grupo C; subgrupo todos; categoría d.

3. Garantía provisional.

Dispénsase, en aplicación do disposto no artigo 35 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e para o previsto ó efecto no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Obtención de documentación e información.

No Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26. Fax: 981 54 26 39).

Fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas, prescricións técnicas e proxecto técnico poderán ser solicitados directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela. Teléfono: 981

58 89 38.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares ós que se refire o parágrafo anterior poderán ser consultados na rede da Internet (www.xunta.es/contratacion).

5. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural posterior ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e así o fagan constar na cara do sobre A (Documentación administrativa) quedarán exonerados de presenta-la documentación á que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro), modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG do 23).

c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos. San Lázaro. 15890 Santiago de Compostela. Prescricións Fax: 981 54 26 39), ou no xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela), ou de acordo cos

procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Admisión de variantes: admítense en relación co prazo de execución do contrato e, se é o caso, as que refire a letra B.7 da cláusula 3.2.6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Apertutra de ofertas.

Levarase a cabo ás 9.30 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela).

8. Gastos de anuncios.

Será por cargo do adxudicatario o custo da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2001.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte