Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 18 de xullo de 2001 Páx. 9.783

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (5/2001).

Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia e o seu partido xudicial, dá fe e testemuño de que no procedemento abreviado 5/2001 se dictou esta resolución, que na súa parte dispositiva di:

1. Acórdase nesta causa a apertura do xuízo oral e tense por formulada a acusación contra Rahmouini Hanidj George, polo detalle de furto de uso de vehículo de motor.

2. Declárase órgano competente para o coñecemento e resolución desta causa o Xulgado do Penal que corresponda da Coruña.

3. Notifíqueselles esta resolución ás partes e ó acusado, entregándolles copia literal dos escritos de acusación. Requírase para que designe avogado e procurador, se non o fixese no prazo de tres días, co apercibimento de que lle serán designados da quenda de oficio, de se-lo caso. Unha vez designados, entréguenselle-las actuacións orixinais ou fotocopia delas, e fágaselles saber que deben formular escrito de conformidade ou desconformidade coa acusación no prazo de cinco días, propondo as probas de que intenten valerse.

4. Tásese pericialmente a furgoneta C-8026-AK, para o cal se require o representante legal do Club Náutico de Portosín, co fin de que achegue valoración dela, sinalándose para a práctica da dita dilixencia o vindeiro día vinteseis dos correntes, ás dez trinta horas da mañá.

Se a parte acusada non presentase o escrito no prazo sinalado, entenderase que non se opón á acusación e seguirá en curso o procedemento, sen prexuízo da responsabilidade en poida incorrerse, como determina o artigo 791.1º da Lei de axuizamento criminal.

Contra este auto non cabe recurso, agás no relativo á situación persoal do acusado, en que cabe recurso de reforma ante este xulgado no prazo de tres días.

Así o acorda, manda e asina María Elvira Gutiérrez Fernández, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia e o seu partido xudicial. Dou fe.

E para que conste e lle sirva de requirimento e notificación desta resolución a Rahmouini Hanidj George, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Noia o dezaoito de xuño de dous mil un.

A secretaria xudicial

Rubricado