Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 18 de xullo de 2001 Páx. 9.783

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (34/2001).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, da fe de que nos autos de acollemento familiar que se seguen neste xulgado co nº 34/2001 se acordou a citación de Juan Manuel Mourelos Pérez, mediante a publicación da seguinte cédula de citación.

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de acollemento familiar núme-

ro 34/2001, que se seguen neste xulgado, se acordou citar a Juan Manuel Mourelos Pérez, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día seis de setembro, ás 10.45 horas, compareza neste xulgado para a práctica de dilixencias, prevíndoo de que, de non o verificar, recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito.

A Coruña, dezanove de xuño de dous mil un.

A secretaria

Rubricado