Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 18 de xullo de 2001 Páx. 9.782

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de veterinarios, de conformidade co establecido na Resolución do 5 de abril de 2001.

Rematado o prazo fixado pola resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 5 de abril de

2001 (DOG nº 75, do 18 de abril), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario nas relacións de postos de traballo, reguladas polo Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, e á vista das solicitudes presentadas para o corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de veterinarios (lista B), e unha vez elaboradas pola Comisión Permanente de Selección as listas na correspondente sesión, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reser

vados a persoal funcionario correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de veterinarios (lista B) na Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura As ditas listas están expostas na forma que seguidamente se indica:

Anexo I: figuran os solicitantes admitidos na lista, con indicación da puntuación.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos, con expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para a emenda de erros e, se é o caso, formula-las oportunas alegacións, que irán dirixidas á correspondente Comisión Permanente de Selección de Persoal funcionario (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería da Presidencia e Administración Pública; edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade e, se é o caso, levaranse a efecto as emendas procedentes; disto darase a oportuna publicidade.

Cuarto.-Os solicitantes que figuran admitidos no anexo I (lista B), estarán obrigados, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia das listas, a lle remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento da taxa que a continuación se expresa:

Grupo A: 7.775 pesetas.

Estarán exentos do aboamento das taxas por dereito de inscrición as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental, de acordo coa base 3.3 da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 5 de abril de 2001.

Os que non fixeron o aboamento no prazo sinalado serán excluídos automaticamente das listas.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública