Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 13 de xullo de 2001 Páx. 9.523

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2001 pola que se fai público o contido do convenio de apoio financeiro ó comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, a Consellería de Industria e Comercio, a Confederación de Empresarios de Galicia, as cámaras de Comercio, Industria e Navegación da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa, e as entidades financeiras.

Con data do 18 de xuño o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, a Confederación de Empresarios de Galicia, as cámaras de Comercio, Industria e Navegación da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa, e 15 entidades financeiras asinaron un convenio co obxecto de establecer unha liña de axudas de apoio financeiro ó comercio retallista, someténdose ás directrices tanto horizontais como sectoriais dictadas pola Comisión Europea, ás normas específicas contidas no citado convenio e ás que posteriormente se poidan dictar para o seu funcionamento operativo.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12 a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, e do artigo 11.1º a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Igape,

RESOLVO:

Facer público o texto do convenio coas entidades financeiras que figura como anexo I e a relación de entidades que o subscribiron, que figura como anexo II.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica

ANEXO I

CONVENIO DE APOIO FINANCEIRO Ó COMERCIO RETALLISTA NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA-2001 SUBSCRITO ENTRE O INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE), A CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO DA XUNTA DE GALICIA, A CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE GALICIA E AS CÁMARAS DE COMERCIO, INDUSTRIA E NAVEGACIÓN DA CORUÑA, FERROL, LUGO, OURENSE, PONTEVEDRA, SANTIAGO DE COMPOSTELA, TUI, VIGO E VILAGARCÍA DE AROUSA E, A ENTIDADE FINANCEIRA ...

Este convenio, asinado por:

Xosé Antonio Orza Fernández, conselleiro de Economía e Facenda, en nome e representación do Ins

tituto Galego de Promoción Económica (en diante Igape), na súa calidade de presidente, representación nata que lle corresponde de acordo coa Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Igape.

Juan Rodríguez Yuste, na súa calidade de conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, en nome e representación da Xunta de Galicia, ó amparo das facultades que para vincularse neste acto ten conferidas polo artigo 34 da Lei 1/1983, da Xunta de Galicia e do seu presidente, e polo acordo do 27 de marzo de 1991, do Consello da Xunta de Galicia, feito público mediante Resolución do 8 de abril de 1991, da Consellería de Economía e Facenda.

José María Seijas López, en nome e representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

Francisco Cruz Senra, en nome e representación das cámaras de Comercio, Industria e Navegación galegas.

... (En diante a entidade financeira), representada por D. ..., con poder suficiente.

Enmárcase na política de apoio ás pequenas e medianas empresas emprendida pola Xunta de Galicia. Mentres non se pronuncie a Comisión Europea sobre a compatibilidade coa normativa comunitaria do novo Decreto de incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, este convenio axustarase ás directrices, tanto horizontais como sectoriais, dictadas pola Comisión Europea así como ós límites de intensidade autorizados a Galicia no mapa rexional de axudas de España para o período 2000-2006.

As institucións representadas neste convenio consideran esencial o obxectivo de moderniza-lo comercio retallista tradicional da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á competencia de establecementos de maior dimensión e ás esixencias do consumidor actual, intentando desta maneira mellora-la economía deste colectivo empresarial, potenciando tanto os seus establecementos como a súa calidade, eficiencia e imaxe. Para este fin, ponse en marcha un programa de financiamento ós investimentos realizados polos titulares de establecementos comerciais retallistas, consistindo a axuda na subsidiación ó tipo de xuro dos préstamos que para o efecto se concerten coas entidades financeiras asinantes deste convenio.

Os citados préstamos poderán ser subsidiados con suxeición ás seguintes

Cláusulas

Primera.-Obxecto, volume máximo de préstamos a subsidiar e dotación orzamentaria.

1.1. Obxecto.

Este convenio ten por obxecto defini-los termos de colaboración entre as partes que o subscriben,

coa finalidade de establecer unha liña de financiamento subsidiado destinada á potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia, someténdose ás directrices, tanto horizontais como sectoriais, dictadas pola Comisión Europea, ás normas específicas contidas neste convenio e ás que posteriormente se poidan dictar para o seu funcionamento operativo.

1.2. Volume máximo de préstamos que se subsidiarán.

O volume de préstamos que se subsidiarán ó abeiro deste convenio no poderá superar un importe total de 2.000 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros), coa seguinte distribución: 400 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros) destínanse a cada unha das catro provincias galegas e o resto a un fondo común de reserva. No caso de que se esgote a dotación inicial atribuída a unha provincia, cubriranse as operacións correspondentes con cargo ó fondo común, e no caso de que se esgotase este, poderán empregarse os fondos atribuídos a outras provincias que non foran utilizados.

1.3. Dotación orzamentaria.

As axudas reguladas neste convenio financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 02.01.01/01/02.656700, cun crédito plurianual de 218.750.000 pesetas (ou o seu contra valor en euros), para os exercicios 2001-2006 e 02.01.01/02/01.656700, cun crédito plurianual de 8.750.000 pesetas (ou o seu contra valor en euros), para os exercicios 2001-2005, e a súa concesión estará supeditada á existencia de crédito orzamentario suficiente.

Segunda.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios das axudas previstas neste convenio os titulares de establecementos comerciais retallistas situados na Comunidade Autónoma de Galicia, que teñan a consideración de pequenas e medianas empresas (pemes) conforme a definición adoptada pola Comisión da Unión Europea do 3 de abril de 1996. Para os ditos efectos, terá a consideración de PEME a unidade económica con personalidade, física ou xurídica, que reúna os seguintes requisitos:

a) Que teña menos de 250 traballadores,

b) Que teña un volume de negocios anual non superior a 40 millóns de euros, ou ben un balance xeral anual, activo total, non superior a 27 millóns de euros, e

c) Que cumpra o criterio de independencia tal como se define a continuación:

Consideraranse empresas independentes as empresas nas que o 25% ou máis do seu capital ou dos seus dereitos de voto non pertenzan a outra empresa, ou conxuntamente a varias empresas que non respondan á definición de Peme. Este límite poderá superarse nos dous casos seguintes:

-Se a empresa pertence a sociedades públicas de participación, sociedades de capital risco ou a inves

tidores institucionais, sempre que estes non exerzan, individual ou conxuntamente, ningún control sobre a empresa;

-Se o capital está distribuído de tal forma que non é posible determinar quén o posúe e se a empresa declara que pode lexitimamente presumir que o 25% ou máis do seu capital non pertence a outra empresa ou conxuntamente a varias empresas que non respondan á definición de Peme.

Para o cálculo dos límites recollidos nos puntos a) e b) engadiranse as cifras correspondentes da empresa beneficiaria e de tódalas empresas nas que posúa directa ou indirectamente o 25% ou máis do seu capital ou dos dereitos de voto.

Os solicitantes deberán acreditar esta circunstancia segundo o formulario establecido no anexo VI a este convenio.

Terceira.-Actividades subvencionables.

Considéranse subvencionables as actividades económicas relacionadas no anexo I.

As axudas ás actividades reguladas por normas sectoriais específicas da Unión Europea sométense expresamente ós límites e condicións nelas establecidos.

Cuarta.-Vixencia e prazo de solicitudes.

Este convenio entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes de subsidiación nas entidades financeiras finalizará o 15 de outubro de 2001.

Quinta.-Modalidade e destino das axudas.

A axuda consistirá na subsidiación ó tipo de xuro dos préstamos que financien proxectos de investimento realizados, no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, polos titulares de establecementos comerciais retallistas.

Sexta.-Condicións do programa de axudas.

6.1. Consideraranse subvencionables os investimentos adquiridos a terceiros, que se realicen ou realizasen con posterioridade ó 1 de xaneiro de 2001, e que se materialicen en:

* Inmobilizado material novo:

-Adquisición de locais comerciais.

-Obras de reforma en xeral.

-Obras de novo establecemento.

-Reformas estructurais.

-Instalacións básicas.

-Revestimentos, pinturas e acabados xerais.

-Equipamento.

-Elementos de transporte, exclusivamente vehículos industriais.

-Mobiliario e informática.

-Melloras decorativas.

-Honorarios de proxecto e decoración.

-Calquera outros investimentos que contribúan á mellora das estructuras de comercialización ou desenvolvemento das actividades comerciais.

* Inmobilizado inmaterial, co límite do 25% do total do investimento subvencionable do proxecto.

* Bens usados: unicamente a adquisición de inmobles.

6.2. A contía do investimento subvencionable será como mínimo de 750.000 pesetas (ou o seu contravalor en euros), e como máximo de 50.000.000 de pesetas (ou o seu contravalor en euros), e determinarase excluído o IVE e outros tributos do custo de adquisición.

6.3. Os beneficiarios das axudas establecidas neste convenio deberán mante-los investimentos obxecto de financiamento durante un prazo mínimo de 5 anos desde a súa adquisición. Considerarase que se cumpre esta condición no caso de que os bens nos que se materialice o investimento sexan substituídos por outros da mesma natureza e destino, non podendo obter para a súa adquisición ningún tipo de axuda financeira do Igape.

6.4. Para aqueles proxectos que impliquen creación de emprego, este deberá manterse durante o prazo de dous anos.

Para os efectos da determinación da creación e mantemento de emprego, teranse en conta os seguintes criterios:

a) Partirase do número de postos de traballo existentes o 31 de decembro de 2000, a partir do que se computará a creación de emprego.

b) A creación de emprego terase que realizar entre o período que media desde o 1 de xaneiro de 2001 e ata 6 meses despois da data de execución do proxecto (data inicial de cómputo). O emprego que se creara comprometido deberá manterse durante duos anos desde a data inicial de cómputo. Enténdese por data de execución do proxecto a do último xustificante de pagamento do investimento.

c) O emprego existente o 31 de decembro de 2000 manterase desde esta data ata que transcorran dous anos desde a data inicial de cómputo.

d) Para os efectos deste convenio computaranse para a creación e o mantemento de emprego os traballadores por conta allea e aqueles traballadores por conta propia que sexan os titulares da actividade ou socios ou administradores da empresa titular, independentemente do réxime aplicable da Seguridade Social, de acordo coa lexislación laboral vixente.

Sétima.-Características das operacións de préstamo.

7.1. Importe dos préstamos e porcentaxes de financiamento.

O importe do préstamo con dereito a subsidiación non poderá excede-lo 70% do investimento subvencionable. O importe do préstamo subsidiable será, como mínimo, de 525.000 pesetas (ou o seu contravalor en euros) e non poderá, para cada beneficiario, supera-los 35 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros).

En ningún caso o importe do préstamo excederá o importe do investimento subvencionable pendente de pagamento na data de presentación da solicitude no Igape. Se a partir desta data fose necesario efectuar novos pagamentos por importe superior á parte non financiada co préstamo que se subsidiará, estes deberanse facer seguindo a operativa establecida na cláusula 8.10.1.

7.2. Prazos de amortización e subsidiación.

O prazo máximo de amortización será, con carácter xeral, de ata 5 anos, incluído como máximo un ano de carencia, excepto para os préstamos que financien, en todo ou en parte, a adquisición de bens inmobles, caso no que poderán superar, sen ningunha restricción, os límites de prazo e carencia establecidos. Sen embargo, a subsidiación non superará os cinco primeiros anos e será calculada como se o préstamo fose a cinco anos incluído un ano, como máximo, de carencia.

Os períodos de amortización sinalados anteriormente comezarán a computarse a partir do primeiro día do trimestre natural inmediato á data de formalización, polo que a vixencia do préstamo poderá ser superior polos días que se engaden no período irregular inicial e que se incluirán no período de carencia.

7.3. Sistema de amortización.

As amortizacións realizaranse polo prestameiro en cotas de amortización trimestrais iguales, con vencemento o último día do trimestre natural, debendo recolle-la póliza ou escritura o número de cotas e as datas nas que se producirán a primeira e última.

O préstamo poderá ser amortizado de forma anticipada, total ou parcialmente á vontade do prestameiro. As amortizacións anticipadas parciais que, se é o caso, realice voluntariamente o prestameiro deberanse aplicar a reducir en igual contía as cotas de amortización restantes, sen que se produzan variacións no prazo de amortización do préstamo.

A entidade financeira deberá comunicar puntualmente as ditas amortizacións anticipadas indicando data e importe delas e o novo cadro de amortización ó Igape e, en calquera caso, antes de presenta-la solicitude de cobramento da liquidación trimestral da subsidiación.

7.4. Liquidación de xuros.

A liquidación de xuros, ó igual que as amortizacións, será por trimestres naturais vencidos, devengándose o último día do trimestre natural, calculándose os xuros en función do capital vivo, excepto para o período de carencia, no que a cota de xuros se determinará en función do préstamo efectivamente disposto.

Os trimestres serán sempre de 90 días e tódolos meses de 30 días, computándose estes para a liquidación desde a data de disposición, incluída esta.

7.5. Tipo de xuro e subsidiación para o beneficiario das operacións de préstamo.

O tipo de xuro nominal dos préstamos acollidos a este convenio será fixo do 6,10% durante a vixencia destes. Excepcionalmente, para aquelas operacións de préstamo que teñan un prazo de vixencia superior a 5 anos, de acordo co establecido na cláusula 7.2., o tipo de xuro que se aplicará a partir do sexto ano será o que libremente pacten as partes.

A subsidiación ó tipo de xuro das operacións de préstamo acollidas a estas axudas será de 4,10 puntos para aqueles proxectos que impliquen creación e mantemento de emprego, e de 3,10 puntos para o resto de proxectos.

7.6. Comisións.

As entidades financeiras prestamistas poderán percibir por tódolos conceptos e dunha soa vez unha comisión máxima dun 1%. A dita comisión non será subvencionable.

7.7. Intervención das sociedades de garantía recíproca (SGR).

As sociedades de garantía recíproca (SGR), asinantes deste convenio poderán percibir polos avais, se é o caso, prestados ás operacións de préstamo subscritas ó amparo do convenio, unha comisión máxima anual do 1% sobre os saldos máximos garantidos cada ano. A dita comisión será subvencionada polo Igape. A data de inicio de devengo da subvención non poderá ser anterior á data de concesión da axuda.

Oitava.-Tramitación.

8.1. Solicitudes e documentación.

As solicitudes de subsidiación presentaranse nas entidades financeiras, no modelo normalizado distribuído a través destas e publicado no DOG. Para as operacións avaladas por unha SGR, a solicitude de subsidiación poderá presentarse, así mesmo, na SGR.

Á solicitude xuntaráselle a documentación establecida no anexo II por duplicado exemplar. A documentación deberá achegarse en orixinal ou en copia cotexada cos orixinais pola entidade financeira ou SGR.

As solicitudes presentadas por sociedades civís ou comunidades de bens deberanse tramitar a nome dos titulares que formalizarán o préstamo, seguido da denominación da sociedade civil ou comunidade de bens.

8.2. Coa presentación da instancia de solicitude, as empresas que se acollan ás axudas recollidas neste convenio apoderan a entidade financeira/SGR para

a realización ante o Igape de todos aqueles trámites nos que así se prevexa neste convenio. A este respecto, o Igape considerará a actuación da entidade financeira/SGR como se fose propia da empresa solicitante.

8.3. O impreso de solicitude constará de cinco exemplares:

-Orixinal e 1ª copia para o Igape.

-2ª copia para a delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio da provincia na que estea situado o establecemento comercial obxecto do proxecto.

-3ª copia para a entidade financeira.

-4ª copia para o solicitante.

A entidade financeira/SGR datará e selará os cinco exemplares do impreso de solicitude, entregándolle ó solicitante a súa correspondente copia. A entidade financeira/SGR deberá centraliza-la recepción das solicitudes unha vez seladas polas súas distintas sucursais, tendo un prazo de 30 días para resolve-la petición de préstamo, ou, se é o caso, a concesión do aval. O prazo para a aceptación das solicitudes na entidade financeira /SGR finaliza o 15 de outubro de 2001.

A entidade financeira/SGR remitiralle ó Igape as solicitudes coa documentación anexa, xunto coa comunicación de concesión do préstamo segundo modelo establecido en anexo III e, se é o caso, de certificado de concesión do aval da SGR. Así mesmo, remitirá o seu correspondente exemplar da solicitude coa documentación á Dirección Provincial da Consellería de Industria e Comercio correspondente, e ós enderezos sinalados a continuación:

Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña: Edificio Servicios Múltiples 1ª planta, polígono de Elviña, Monelos, 15008 A Coruña.

Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo: Ronda da Muralla 70, 23700 Lugo.

Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense: r/ Curros Enríquez 1, 4º, 32003 Ourense.

Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra: Gran Vía 76, baixo, 36271 Vigo (Pontevedra).

O último día hábil para a presentación das solicitudes no Igape será o 15 de novembro de 2001. As solicitudes presentadas fóra deste prazo serán obxecto de arquivo, asumindo a entidade financeira/SGR toda a responsabilidade polos prexuízos que iso poida supor á empresa solicitante.

8.4. Dentro dos dez días seguintes á recepción das solicitudes, o Igape comunicaralles ós solicitantes a data na que as solicitudes foron recibidas no Igape, o prazo máximo establecido para a reso

lución e notificación do procedemento e os efectos do silencio administrativo.

8.5. Se a solicitude non estivese debidamente cuberta ou non se achegase a documentación esixida, requirirase do solicitante e da entidade financeira/ SGR, que no prazo de 10 días hábiles desde o seguinte ó do requirimento emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixesen, se considerará que desistiron da súa petición, logo de resolución declarativa de tal circunstancia. O requirimento á entidade financeira e SGR, se é o caso, realizarase vía fax.

8.6. Informes.

As solicitudes de axuda serán informadas con carácter previo á súa resolución por unha comisión cualificadora, integrada por dous representantes do Igape e un representante, para cada provincia, da Consellería de Industria e Comercio, da Confederación de Empresarios e das cámaras de comercio. A comisión, que funcionará por seccións provinciais, será presidida por un dos representantes do Igape, actuando o outro de secretario, e reuniranse logo de convocatoria do presidente na sede do Instituto. Ás reunións da comisión poderán asisti-los técnicos da Área de Financiamento do Igape.

8.7. Trámite de audiencia.

Instruído o procedemento pola Área de Financiamento do Igape e inmediatamente antes de redacta-la proposta de resolución, porase de manifesto ós interesados, para que no prazo de 10 días poidan alegar e presenta-los documentos e xustificacións pertinentes. Non obstante, poderá prescindirse do trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas cás aducidas polos interesados.

8.8. Concesión.

Á vista do informe da comisión calificadora, a Dirección da Área de Financiamento e a Dirección Xeral do Igape elevarán proposta de resolución ó presidente do Igape, que incluirá os puntos de subsidiación propostos, importe, prazo e condicións financeiras do préstamo subsidiable, importe do investimento subvencionable, porcentaxe de financiamento proposto, se é o caso, o emprego que se manterá e creará, e a comisión anual subvencionada das operacións avaladas por unha SGR. As propostas de denegación de solicitudes deberán detalla-la causa.

As solicitudes de axuda resolveranse por orde de entrada das solicitudes completas no Igape, e ata esgotárensese as dispoñibilidades orzamentarias aprobadas.

8.9. Silencio administrativo e recursos.

O Igape notificaralle ó solicitante e comunicaralles á entidade financeira e á SGR, se é o caso, a concesión ou denegación da subsidiación. O beneficiario deberá aceptar expresamente a resolución de concesión. A aceptación formalizarase na copia da resolución que para tal efecto se remitirá xunto coa resolución de concesión e que deberá serlle devolta ó Igape debidamente cuberta.

Contra a resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde a súa notificación. Potestativamente, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o Consello de Dirección do Igape no prazo dun mes desde a súa notificación.

O prazo máximo para notifica-la resolución do procedemento será de 6 meses desde a data de presentación da solicitude da axuda. O dito prazo poderá ser suspendido nos supostos establecidos no artigo 42.5º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Transcorrido tal prazo sen que se teña notificada resolución expresa, poderá entenderse estimada.

8.10. Formalización.

A entidade financeira e o solicitante deberán formaliza-lo préstamo mediante escritura pública ou póliza intervida por fedatario público, de acordo coas seguintes condicións:

8.10.1. Formalización anticipada: a partir da entrada en vigor deste convenio e respectando as condicións e requisitos establecidos nel, a entidade financeira, unha vez presentado o expediente de solicitude no Igape, poderá formaliza-los préstamos cos seus clientes. Para iso, deberá remitir escrito, segundo modelo que se xunta (anexo IV), manifestando a intención de acollerse a esta opción co obxecto de que, con anterioridade á data de formalización prevista, este Instituto analice e cuantifique o investimento subvencionable e o importe do préstamo que se subsidiará. O Igape comunicaralle por fax á entidade financeira e, se é o caso, á SGR, a autorización, se procede, á dita formalización anticipada. A empresa solicitante requirirá á entidade financeira copia da autorización do Igape antes de proceder á formalización anticipada do préstamo.

A autorización da formalización do préstamo antes da resolución de concesión non implica o recoñecemento de ningún dereito ou cualificación do expediente respecto da concesión da subsidiación solicitada.

No contrato de préstamo formalizado anticipadamente de acordo co previsto no punto anterior deberanse mencionar, alomenos, os seguintes extremos: que se presentou solicitude de axuda financeira no Igape, con indicación da data de rexistro de entrada neste Instituto; que o Igape autorizou a formalización anticipada do préstamo, indicando a data e a condicións establecidas nela; e que o préstamo quedará acollido ás axudas establecidas neste convenio nos termos e condicións establecidos na resolución de concesión da axuda que, se é o caso, no seu día se dicte.

No suposto de que a resolución de concesión da axuda que, se é o caso, se dicte, recolla unhas condicións diferentes ás indicadas na autorización de formalización anticipada, deberase incluír un anexo ó documento de préstamo, intervido por fedatario público, no que se fagan consta-las características establecidas na dita resolución.

8.10.2. Se o préstamo se formaliza con posterioridade á data de notificación da resolución de concesión, a correspondente escritura ou póliza de préstamo deberá recolle-la característica de estar acollido ás axudas previstas neste convenio, figurando nela o tipo de xuro nominal anual da operación e os puntos de subsidiación concedidos.

8.10.3. O prazo máximo para a formalización do préstamo, ou, se é o caso, adaptación da póliza ás condicións da resolución de concesión do Igape será de 5 meses, contados desde o día seguinte á data de notificación da concesión ó beneficiario.

Finalizado o dito prazo sen que se teña formalizado/adaptado o préstamo, dictarase resolución tendo o solicitante por renunciado e ordenando o arquivo do expediente, salvo que, logo de solicitude razoada de prórroga deste, presentada no Igape dentro do prazo e acreditando a conformidade da entidade financeira, o Igape autorice a dita prórroga.

8.10.4. A entidade financeira remitiralle ó Igape, coa maior brevidade, copia cotexada da póliza ou escritura de préstamo e, se é o caso, do correspondente anexo, antes de presenta-la solicitude de cobramento da subvención.

8.11. Disposición.

Os beneficiarios deberán xustificarlle á entidade financeira a aplicación dos fondos da operación financeira ás finalidades para as que foi concedida, de acordo co establecido a continuación:

8.11.1. Período de disposición do préstamo e de realización dos investimentos.

O período de disposición do préstamo e de realización dos investimentos non poderá supera-la data pactada no contrato de préstamo para o aboamento da primeira amortización de principal.

8.11.2. Disposición dos fondos do préstamo.

As disposicións realizaranse a través dunha conta específica na que se reflectirán única e exclusivamente os movementos habidos na operación de préstamo.

Á formalización do préstamo ou, en todo caso, previamente á utilización dos fondos, a entidade financeira requirirá ós beneficiarios a documentación (facturas, contratos, certificacións de obra, etc.) que acredite a execución do investimento subvencionable para seu pagamento. A disposición dos fondos irá destinada ós pagamentos pendentes do investimento. Non se establece restricción en canto ó número de disposicións, así como á contía correspondente a cada unha delas, sempre que o importe no seu conxunto non exceda da porcentaxe-préstamo subsidiable/investimento subvencionable-aprobada na resolución de concesión.

A entidade financeira deberá conservar copias cotexadas dos documentos que xustifiquen o investimento total subvencionado, así como dos medios utilizados para o seu pagamento (tanto da parte finan

ciada co préstamo coma da pagada por outros medios), co obxecto de remitila ó Igape de acordo co establecido na cláusula 9.1.

Novena.-Xustificación do proxecto e do mantemento e creación de emprego e liquidación da subsidiación.

9.1. Xustificación do proxecto.

A xustificación do investimento realizarase a través de certificacións de xustificación de investimentos emitidas pola entidade financeira, podéndose realizar, como máximo, dúas certificacións. A primeira deberá acadar, como mínimo, o 50% do investimento subvencionable. Se se realiza unha segunda, esta debe ser complementaria da primeira ata a xustificación total do investimento.

As certificacións de xustificación de investimentos que formalizará a entidade financeira axustaranse ó modelo establecido no anexo V e deben conte-los datos do importe do investimento subvencionable xustificado e a porcentaxe que representa respecto da totalidade do investimento aprobado; a parte do préstamo disposto utilizada para o pagamento do investimento xustificado; a data valor da xustificación do investimento, que se define como a última data de pagamento do investimento xustificado na certificación; indicación de se se trata de primeira, única o segunda e complementaria. Neste último caso deberanse reflecti-los datos sinalados anteriormente, correspondentes á primeira certificación e a data na que esta foi presentada, así como o resumo total do investimento xustificado e o importe disposto do préstamo e as porcentaxes correspondentes entre investimento xustificado e préstamo disposto.

No caso de que na única o a última certificación de xustificación de investimentos non se acade o 100% do investimento subvencionable aprobado na resolución, a entidade financeira deberá achegar unha solicitude de modificación da resolución de concesión, asinada polo empresario, para adaptala ó proxecto xustificado.

No caso de que o préstamo fose formalizado con anterioridade á concesión, conforme o disposto na cláusula 8.10.1, a data valor da xustificación do investimento non poderá ser anterior á data da resolución.

As entidades financeiras remitiranlle ó Igape as certificacións de xustificación de investimentos, xunto coas copias cotexadas dos documentos que xustifiquen a realización do investimento subvencionable e os pagamento realizados así como o extracto da conta específica do préstamo, no prazo máximo de catro meses desde a finalización do período de disposición. Ademais, coa xustificación total do proxecto, deberán remitir declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas polo beneficiario para o proxecto, de acordo co modelo establecido no anexo VII.

9.2. Xustificación da creación e mantemento de emprego.

Para aqueles proxectos de investimento que impliquen creación e mantemento de emprego:

9.2.1. Unha vez xustificada a realización do investimento e transcorridos seis meses desde a data do último xustificante de pagamento do investimento (data inicial de cómputo), o beneficiario deberá remitirlle ó Igape a seguinte documentación acreditativa do cumprimento da condición de creación de emprego: TC1 e TC2, e, se é o caso, recibos de cotización correspondentes á data inicial de cómputo.

9.2.2. Unha vez transcorridos dous anos desde a data inicial de cómputo, o beneficiario deberá remitirlle ó Igape a seguinte documentación acreditativa do cumprimento da condición de mantemento de emprego: TC1 e TC2, e, se é o caso, recibos de cotización correspondentes á data na que se cumpran dous anos desde a data inicial de cómputo.

9.3. Liquidación da subsidiación.

A liquidación da subsidiación será realizada por parte da entidade financeira por trimestres naturais vencidos. Para os efectos de cálculo, os trimestres serán sempre de 90 días e os meses de 30 días.

Mentres non estean presentadas as certificacións de xustificación de investimentos, pola totalidade do investimento subvencionable aprobado, as liquidacións da subsidiación calcularanse sobre o importe do préstamo que corresponda ó investimento xustificado. Para o cálculo da subsidiación tomarase como data inicial a data valor de xustificación de investimentos que figura na certificación de xustificación de investimentos emitida pola entidade financeira, e os puntos subsidiados aplicaranse ó importe do préstamo disposto que corresponda ó investimento xustificado, de acordo coa ratio-préstamo subsidiable/investimento subvencionado-determinado na resolución de concesión.

A partir da xustificación total do investimento, as posteriores liquidacións da subsidiación realizaranse sobre o saldo vivo teórico do préstamo.

Décima.-Pagamento da subsidiación e da comisión de aval.

10.1. Pagamento da subsidiación.

10.1.1. O pagamento da subsidiación ós beneficiarios realizarase anualmente a través da entidade financeira, salvo o disposto no punto 1º do punto 10.1.2.

As entidades financeiras solicitarán ó Igape, dentro dos 15 primeiros días de cada ano, o pagamento da subvención correspondente ó ejercicio inmediatamente anterior. Xuntaranse á dita solicitude as liquidacións trimestrais do exercicio en formato de listas ou relacións individualizadas dos préstamos ordenados alfabeticamente, onde figuren: o capital vivo teórico na data de inicio de cada trimestre que

se liquida; as variacións no capital vivo que se producisen ó longo de cada trimestre e a data na que se produciron e, naqueles préstamos nos que se presentase nalgún trimestre do exercicio certificación de xustificación de investimentos, o importe do préstamo disposto con dereito a subvención e a data valor; o tipo de xuro; os puntos obxecto de subsidiación e o importe da subvención que corresponde, certificando a autenticidade deses datos.

10.1.2. As liquidacións presentaranse en tres grupos diferenciados de préstamos:

1º Trimestralmente cada entidade financeira realizará unha liquidación da subsidiación daqueles préstamos nos que a última amortización venza nese trimestre natural. O período de liquidación da subvención para cada préstamo abarcará desde o 1 de xaneiro do exercicio que se está a liquidar ata a data do vencemento do préstamo, incluída esta. A entidade financeira solicitará o cobramento desta liquidación dentro dos 15 primeiros días do trimestre natural seguinte ó de seu vencemento.

2º Para aqueles préstamos excepcionais recollidos na cláusula 7.2., formalizados a máis de 5 anos, presentarase liquidación individualizada de cada un deles.

3º. A liquidación da subvención do resto dos préstamos efectuarase do modo xeral descrito no punto 10.1.1.

10.1.3. As liquidacións practicadas serán a conta e provisionais mentres o Igape non realice a oportuna comprobación, que poderá efectuarse durante o período de vixencia do préstamo. Nos casos de erros nas liquidacións de subsidiación, o Igape procederá á súa corrección, podendo compensa-las cantidades indebidamente aboadas coas posteriores liquidacións de subsidiación.

10.2. Pagamento da comisión de aval ás SGR.

O pagamento de comisión de aval ós beneficiarios realizarase anualmente a través das SGR.

As SGR solicitaranlle ó Igape o pagamento da comisión aval dentro dos 5 primeiros días do trimestre natural seguinte ó que corresponda a liquidación. Xuntaranse á dita solicitude as liquidacións anuais en formato de listas ou relación individualizada dos préstamos avalados ordenados alfabeticamente, onde figurarán o capital vivo do préstamo avalado e o importe da comisión de aval, certificando a autenticidade deses datos.

As liquidacións practicadas serán a conta e provisionais, mentres o Igape non realice a oportuna comprobación, que poderá efectuarse durante o período de vixencia do préstamo. Nos casos de erro nas liquidacións, o Igape procederá á súa corrección, podendo compensa-las cantidades indebidamente aboadas coas posteriores liquidacións da comisión de aval.

A revogación da axuda concedida ó beneficiario nos supostos establecidos na cláusula 13 implicará, así mesmo, a revogación da subvención concedida sobre as comisións de aval da SGR, e o reintegro polo beneficiario das cantidades indebidamente percibidas.

10.3. Pagamento anticipado.

Con independencia do sistema de pagamento da subsidiación e da comisión de aval establecido con anterioridade, e unha vez verificado por este Instituto o cumprimento das finalidades para as que se concedeu a subsidiación, o Igape reserva para si a facultade de pagar anticipadamente ámbalas axudas. O importe da liquidación anticipada destinarase á amortización do principal do préstamo. A entidade financeira aboará a subsidiación ó beneficiario na mesma data valor na que o Igape lle ingrese a cantidade, non podendo cobrar comisión por amortización anticipada. A entidade financeira deberá remitirlle ó Igape, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó aboamento da subsidiación, o extracto da conta do préstamo onde figure o capital amortizado.

O importe da liquidación anticipada da subvención será o valor actualizado ó tipo de xuro legal do diñeiro das cantidades que se devengarían en concepto de subvención durante o período non vencido.

Décimo primeira.-Prórroga de prazos.

En atención ó disposto polo artigo 49 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as prórrogas dos prazos establecidos neste convenio solicitaranse ó Igape cunha antelación mínima de 10 días hábiles ó vencemento do prazo que se vaia ampliar, co obxecto de que o instituto poida resolverla con anterioridade á súa expiración.

Décimo segunda.-Modificacións.

12.1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda, e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

12.2. O presidente do Igape poderá acorda-la modificación da resolución de concesión por instancia do beneficiario, sempre que a modificación do proxecto non desvirtúe a finalidade da axuda, non exista prexuízo a terceiros, e os novos elementos ou circunstancias que motiven a modificación, de ter concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da axuda.

As solicitudes de modificación, xunto con memoria xustificativa, presentaranse ó Igape a través da entidade financeira.

12.3. A resolución de modificación establecerá as novas condicións da concesión e, se é o caso, decretará o reintegro do indebidamente percibido. En ningún caso, a resolución de modificación implicará

aumenta-la contía do préstamo subsidiable inicialmente aprobado.

12.4. O cambio de beneficiario da axuda poderá ser autorizado polo presidente do Igape nos supostos de sucesión de empresa e de transformación da forma xurídica do beneficiario, sempre que se acredite documentalmente a subrogación na totalidade dos dereitos e obrigas derivados do proxecto subvencionado, e especificamente do préstamo subsidiado, así como o cumprimento dos requisitos establecidos no punto 12.2.

12.5. Poderá autorizar-lo polo presidente do Igape, por instancia do beneficiario, a formalización do préstamo cunha entidade financeira distinta da que tramitou a solicitude. Para tales efectos, solicitarase o cambio a través da nova entidade financeira prestamista, achegando nova comunicación de concesión de préstamo e declaración xurada da inexistencia de variación na restante documentación do expediente.

Décimo terceira.-Perda da subvención.

1. No caso de reclamación xudicial por instancia da entidade financeira por incumprimento do contrato de préstamo e no de suspensión de pagamentos ou quebra do beneficiario, perderase o dereito á axuda concedida desde a data da presentación da reclamación ou da admisión a trámite das anteriores declaracións no xulgado. Igualmente, perderase o dereito á axuda no caso de cesamento da actividade subvencionable desde a data da baixa.

A entidade financeira queda obrigada a comunicarlle ó Igape a relación detallada das operacións obxecto de reclamación xudicial e as que incorran en quebra ou suspensión de pagamentos, con indicación da data de presentación ou de admisión a trámite no xulgado.

Así mesmo, a entidade financeira deberá comunicarlle ó Igape a demora ou falta de pagamento das cotas por parte do beneficiario, circunstancia que suporá a retención da subsidiación por parte do Igape mentres o beneficiario non regularice a situación.

2. Procederá o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas, xunto cos xuros de demora devengados desde o pagamento, nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obriga de xustificación.

b) Obte-la subvención sen reuni-los requisitos requiridos para iso.

c) Incumpri-la finalidade para a que a subvención foi concedida.

d) Incumpri-las condicións impostas ó beneficiario con motivo da concesión da subvención.

e) Cando o importe da axuda, illadamente ou en concorrencia con outras, supere o custo do proxecto ou o límite de intensidade de axuda establecido pola normativa comunitaria.

O alcance do incumprimento determinarase en función do grao e entidade da condición incumprida. A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á súa apreciación conxunta.

Se o incumprimento superase o 50% do investimento subvencionable aprobado, considerarase total, sendo causa de revogación da axuda e de reintegro da totalidade das cantidades percibidas.

As cantidades que se vaian reintegrar terán a consideración de ingresos de dereito público, resultando de aplicación para seu recobramento, se é o caso, a vía de constrinximento.

3. O procedemento para declara-lo incumprimento e reintegro de cantidades axustarase ó disposto no artigo 20 do Decreto 287/2000, de desenvolvemento do réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Sen prexuízo do establecido nos puntos anteriores, os beneficiarios e as entidades financeiras e SGR colaboradoras sométense ó réxime de infraccións e sancións establecido no artigo 79 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, desenvolvido no capítulo VII do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Décimo cuarta.-Compatibilidade.

Non poderán acollerse ás axudas establecidas neste convenio aqueles proxectos que se vaian a financiar, en todo o en parte, mediante créditos, préstamos ou contratos de leasing que teñan calquera tipo de subvención encamiñada a mellora-las condicións financeiras respecto das normais de mercado.

A concesión das axudas deste convenio queda supeditada ó cumprimento da normativa vixente e, en especial, á da Unión Europea. Nos ditos termos, serán compatibles con calquera outras axudas públicas ou privadas, salvo as referidas no parágrafo anterior, pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán supera-los límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea.

Para o cálculo da intensidade da axuda de subvención ó tipo de xuro procederase do seguinte xeito:

-Calcularanse en pesetas correntes (ou o seu contravalor en euros) os valores absolutos das subvencións que se vaian percibir.

-Actualizaranse, ó ano da concesión das axudas, os valores absolutos obtidos anteriormente, utilizando como taxa de actualización o tipo de xuro legal do diñeiro.

Décimo quinta.-Control.

Os beneficiarios quedan obrigados a someterse ás actuacións de control que efectúe o Igape para verifica-la aplicación das axudas ás finalidades aprobadas e o cumprimento dos requisitos e condicións establecidos, así como ás de control financeiro que lle corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, e ás previstas na lexislación do Tri

bunal de Contas e do Consello de Contas, debendo facilitar toda a información requirida polos citados organismos.

Décimo sexta.-Obrigas das entidades financeiras.

1. A entidade financeira asinante comprométese a:

a) Concede-los préstamos nos termos e condicións establecidos neste convenio.

b) Colaborar na tramitación dos expedientes de axuda, cumprindo os prazos e demais formalidades establecidas neste convenio.

c) Manter á a disposición do Igape a documentación relativa á personalidade xurídica das sociedades (escritura de constitución e estatutos) e a capacidade do asinante da solicitude (poder de representación).

d) Acatar e cumprir cantas normas de carácter operativo dicte o Igape para a mellor administración e control das operacións incluídas neste convenio.

e) Remitirlle ó Igape as aclaracións que solicite respecto á documentación relativa a xustificación, liquidación e aboamento das subsidiacións, así como someterse ás actuacións de comprobación que respecto á xestión dos fondos poida efectua-lo Igape ou calquera dos organismos referidos na cláusula 15.

2. A entidade financeira asinante comprométese, así mesmo, a responder subsidiariamente co beneficiario, do reintegro das axudas indebidamente percibidas por este, cando por neglixencia grave ou dolo da entidade financeira, se permitira dispoñer indebidamente dos fondos da conta restrinxida do préstamo para finalidades distintas das aprobadas, e iso dese lugar a resolución administrativa firme declarativa da obriga de reintegro de cantidades indebidamente percibidas.

Non se considerarán no suposto anterior os simples erros materiais ou aritméticos nos que non interveña neglixencia grave nin dolo.

Décimo sétima.-Obrigas das SGR.

A SGR asinante comprométese a:

a) Colaborar na tramitación dos expedientes de axuda, cumprindo os prazos e demais formalidades establecidas neste convenio.

b) Manter á disposición do Igape a documentación relativa á personalidade xurídica das sociedades (escritura de constitución e estatutos) e a capacidade do asinante da solicitude (poder de representación).

c) Acatar e cumprir cantas normas de carácter operativo dicte o Igape para a mellor administración e control das operacións incluídas neste convenio.

d) Remitirlle ó Igape as aclaracións que solicite respecto da documentación relativa das operacións avaladas.

Décimo oitava.-Compromiso da Consellería de Industria e Comercio, das cámaras de comercio e da Confederación de Empresarios de Galicia.

A Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, a través das súas delegacións provinciais, as cámaras de comercio galegas e a Confederación de Empresarios de Galicia, comprométense a achega-los medios necesarios para difundir este convenio e proporcionarlles apoio técnico ós comerciantes na súa execución.

Así mesmo, a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, a través das súas delegacións provinciais, comprométese a prestarlle ó Igape a asistencia técnica que poida precisar para a realización dos labores de control e inspección establecidos na cláusula 15.

Décimo novena.-Denuncia do convenio.

Será causa suficiente para a resolución deste convenio o incumprimento por unha das partes de calquera das súas cláusulas, logo de denuncia das restantes cun mínimo de 30 días de aviso previo.

A resolución suporá, en todo caso, deixar atendidas fronte ós beneficiarios as obrigas xa legalmente contraídas polas partes.

Vixésima.-Seguimento do convenio.

O seguimento do convenio realizarase a través dunha comisión de vixilancia e seguimento, integrada polas entidades financeiras, as SGR e representantes do Igape, da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, das cámaras de comercio galegas e da Confederación de Empresarios de Galicia. A comisión terá reunións con periodicidade trimes

tral ou ben convocando separadamente a cada unha delas.

O Igape fará públicos os resultados do convenio de forma periódica.

Vixésimo primeira.-Publicidade.

As entidades financeiras e SGR asinantes comprométense a mostrar, nas súas distintas sucursais, a publicidade facilitada polo Igape e a colaborar na correcta difusión desta liña de axudas.

Con obxecto de lograr maior coordinación, os proxectos e campañas publicitarias que, se é o caso, realicen as entidades financeiras/SGR sobre este convenio, deberán contar coa autorización previa do Igape.

Vixésimo segunda.-Natureza.

Este convenio ten natureza administrativa e correspóndelle á Comisión de Vixilancia e Seguimento, establecida na cláusula 20, a interpretación do seu contido e a resolución das controversias xurdidas na súa aplicación.

Polo Igape: José Antonio Orza Fernández

Pola Consellería de Industria e Comercio: Juan Rodríguez Yuste

Pola Confederación de Empresarios: José María Seijas López

Polas cámaras de comercio galegas: Francisco Cruz Senra

Pola entidade financeira:

Asdo.:

DNI:

ANEXO 2

DOCUMENTACIÓN QUE TEN QUE PRESENTA-LA ENTIDADE

FINANCEIRA

1. p Instancia da solicitude asinada e debidamente cuberta, segundo modelo establecido no anexo VIII.

2. p Comunicación concesión préstamo, segundo modelo establecido no anexo III.

3. p No caso de operacións avaladas, comunicación concesión aval SGR. p Si p Non

4. p Se é o caso, formalización anticipada, segundo modelo establecido no anexo IV: p Si p Non

DOCUMENTACIÓN QUE TEN QUE PRESENTA-LA EMPRESA

A documentación deberase presentar en orixinal ou copia cotexada pola entidade financeira ou SGR

1. p Documentación acreditativa das circunstancias persoais do solicitante.

1.1. p Persoas físicas: DNI/NIF.

1.2. p Persoas xurídicas: CIF e DNI/NIF do asinante da solicitude (*)

2. p Certificación da condición de PEME segundo modelo establecido en anexo VI.

3. p Último recibo pagado polo imposto de actividades económicas. No caso de empresas de nova creación, deberán achega-la alta no IAE ou declaración responsable que inclúa o compromiso de darse de alta no IAE indicando o epígrafe correspondente, así como de remiti-lo documento de alta no prazo máximo de 6 meses desde a data inicial de cómputo establecida na cláusula 6.4. do convenio.

4. p Declaración expresa doutras axudas solicitadas para o mesmo proxecto, cumprimento coas obrigas fiscais e coa Seguridade Social, e de non ter contraída ningunha débeda, por ningún concepto, coa Xunta de Galicia, segundo o modelo que figura no anexo VII.

(*) A escritura de constitución, os estatutos da sociedade, así como o poder de representación do asinante da solicitude poranse á disposición da entidade financeira, tendo o Igape en todo momento acceso ós ditos documentos.

Documentación específica proxecto de investimento:

1. p Memoria descritiva do investimento proxectado, datada e asinada polo solicitante, que deberá conter:

1.1. p Indicación expresa de que se trata de investimentos adquiridos a terceiros.

1.2. p Indicación expresa de que se trata de investimentos realizados ou que se vaian realizar a partir do 1 de xaneiro de 2001.

1.3. p Localización dos investimentos.

1.4. p Orzamento detallado e valorado (excluído o IVE), partida a partida, dos investimentos en inmobilizado material novo, bens usados e en inmobilizado inmaterial, na orde establecida no impreso de solicitude e estado actual dos pagamentos, de acordo co seguinte esquema:

Conceptos deTipo de benImporteImporteTotal

investimentoNovoUsadopagado

(IVE excluído)

pendente de

pagamento

(IVE excluído)

(IVE excluído)

p p

p p

p p

p p

p p

Totais

1.5. p No caso de que aínda non se efectuaran pagamentos, indicación expresa de que o investimento está pendente de pagamento na súa totalidade.

1.6. p Data e sinatura da memoria polo solicitante, debendo quedar unha copia dela no expediente da entidade colaboradora.

2. p Para proxectos con creación de emprego, documentación relativa á creación e mantemento do emprego:

2.1. p Certificado da Tesourería Xeral da Seguridade Social de afiliados adscritos ás contas de cotización da empresa por tipos de contrato, e de tódolos centros de traballo da empresa, o 31 de decembro de 2000 e, se é o caso, recibos de cotización correspondentes ó rexime especial de autónomos pagados nese mesmo mes.

2.2. p Declaración xurada do número de traballadores existentes o 31 de decembro de 2000, distinguindo fixos e temporais, e dos postos de traballo que se van crear, de acordo co seguinte esquema:

Réxime de cotización dosNúmero de traballadores

traballadores á SeguridadeA data 31-12-2001Postos que se van crear

SocialFixosTemporaisFixosTemporais

Xeral

Especial de traballadores autónomos

Outros

Total traballadores

2.3. p Compromiso de mante-los postos de traballo que se van crear e existentes a 31-12-2000 durante os prazos establecidos na cláusula 6.4. do convenio.

ANEXO 3

MODELO DE COMUNICACIÓN DE CONCESIÓN DE PRÉSTAMO

Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Referencia: convenio comercio retallista-2001.

Complexo Administrativo San Lázaro.

15703 Santiago de Compostela.

Estimados señores:

Estudiada a solicitude de préstamo presentada nesta entidade financeira acollida ós beneficios regulados polo convenio de colaboración arriba referenciado, comunicámoslles que lles foi concedido o préstamo coas características que a continuación se detallan:

Beneficiario:

Nº expediente:

Data de solicitude na entidade financeira:

Oficina:

Importe:

Prazo de vixencia:

Período de carencia:

Tipo de xuro fixo: 6,10%.

Liquidación de xuros: trimestres naturais vencidos.

Amortización: trimestral, en cotas de amortización de capital constantes.

Garantías:

Achégase orixinal e 1ª copia do impreso de solicitude e a documentación completa esixida para o efecto. Así mesmo, comunicamos que con esta mesma data remitímo-la 2ª copia da solicitude e unha copia da documentación esixida á Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de ...

Data e sinatura

ANEXO 4

MODELO DE SOLICITUDE DE FORMALIZACIÓN PREVIA

Á RESOLUCIÓN

En relación coa solicitude de axuda financeira formulada pola empresa,

nº de expediente ...,

Presentada no Igape con data do .../.../..., Rexistro de Entrada nº ...

ou

Que se presenta con data de hoxe,

De acordo co estipulado na cláusula 8.10.1. do convenio de apoio ó comercio retallista-2001, comunícase a intención de formaliza-la dita operación previamente á resolución de concesión de subsidiación por parte dese instituto e respectando, en todo caso, as condicións e os requisitos establecidos no convenio, tanto á hora da formalización como na posterior disposición do préstamo e xustificación dos investimentos.

Así mesmo, comunícase que, de acordo co establecido na mencionada cláusula, a operación non se formalizará mentres non se reciba a preceptiva autorización do Igape.

Data, sinatura e selo da entidade financeira.

Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO 5

CERTIFICACIÓN DE XUSTIFICACIÓN DE INVESTIMENTOS

D./Dª.

en calidade de

da entidade financeira

de conformidade coa cláusula 9.1. do convenio comercio retallista-2001 e en relación co expediente de subvención número... da empresa

Certifica:

Que conforme a documentación xustificativa achegada a esta entidade financeira, da que se xunta copia cotexada, a devandita empresa acreditou a realización e pagamento de investimentos subvencionables por importe de ... pesetas (...% sobre o total do investimento aprobado), sendo o importe de préstamo utilizado para o pagamento de ... pesetas (...% sobre o total do préstamo aprobado).

Que a data valor da xustificación do investimento desta certificación é .../.../... (data do último xustificante de pagamento do investimento que se certifica).

Que esta data é:

p A primeira certificación de xustificación.

p A única certificación de xustificación.

p A segunda certificación de xustificación, complementaria á de data .../.../...

* Datos da 1ª certificación (só no caso de que esta sexa a 2ª):

-Importe do investimento xustificado ... pesetas (...% sobre o total do investimento aprobado).

-Importe do préstamo utilizado para o pagamento ... pesetas (...% sobre o préstamo total utilizado).

* Resumo total do investimento acreditado (datos de 1ª e 2ª certificación):

-Importe do investimento xustificado ... pesetas (...% sobre o total do investimento aprobado).

-Importe do préstamo utilizado para o pagamento ... pesetas (...% sobre o préstamo total utilizado).

Este certificado emítese para os efectos de presentación ante o Igape.

..., ... de ... de 200...

Asdo:

Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO 6

CERTIFICACIÓN DA CONDICIÓN DE PEME

D./Dª, en calidade de ,

en nome e representación da empresa ,

con NIF/CIF nºe domicilio para efectos de notificación en

Certifico:

a) Que a empresa á que represento foi constituída con data do ..., e inscrita no Rexistro Mercantil de ..., folla ..., folio ..., sección ..., libro ...

b) Que na data de peche do último exercicio:

-O número de traballadores no cadro de persoal era de ... empregados.

-O volume de negocios foi de ... pesetas/euros.

-O importe do balance xeral anual, activo total, foi de ... pesetas/euros.

c) Que o órgano de administración da sociedade está composto polas persoas e co cargo que se relacionan a continuación:

NomeCargo ou representación

d) Que o detalle de accionistas con participación na empresa igual ou superior ó 25% é o que se relaciona a continuación:

Nome ou razón social% de participación

Ou, alternativamente, no caso de que non existan accionistas con participación superior ó 25%:

e) Que non existen accionistas con participación en contía igual ou superior ó 25%.

f) Que o detalle de participacións da empresa noutras sociedades en contía igual ou superior ó 25% é o que se relaciona a continuación:

Nome ou razón social% de participación

Ou alternativamente, no caso de que a empresa non teña participacións iguais ou superiores ó 25% noutras empresas:

g) Que a sociedade non mantén participacións en contía igual ou superior ó 25% noutras empresas.

En ..., ... de ...2001.

O... (o que proceda segundoVisto e prace

o cargo ou representación)O presidente (se é o caso)

Asdo.:Asdo.:

Nota: as sociedades que participan e/ou participadas pola solicitante en porcentaxe igual ou superior ó 25% deberán emitir certificado axustado a este modelo sobre os puntos b), d) e e).

ANEXO 7

DECLARACIÓN EXPRESA DOUTRAS AXUDAS, CUMPRIMENTO DAS

OBRIGAS FISCAIS, DE ESTAR Ó CORRENTE NAS OBRIGAS COA

SEGURIDADE SOCIAL E COA COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA

D./Dª.

con DNI nº..., en nome e representaciónda entidade , con NIF/CIF nº...

Declara baixo a súa responsabilidade:

Que para a actuación denominada axudas financeiras convenio comercio retallista-2001 a dita entidade solicitou e/ou obtivo as axudas que se relacionan a continuación:

Organismo e anoImporte

(pesetas)

Disposición reguladora

Axudas concedidas

Axudas solicitadas

Así mesmo, a entidade comprométese a comunicar inmediatamente cantas axudas solicite ou obteña para a mesma actuación doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.

Por outra parte,

Declara expresamente:

Que a entidade indicada:

-Se encontra ó corrente das súas obrigas fiscais.

-Se encontra ó corrente das súas obrigas no pagamento das cotas da Seguridade Social.

-Non ten contraída ningunha débeda coa Comunidade Autónoma galega.

E para que así conste ante o Instituto Galego de Promoción Económica, asina esta declaración no lugar e data abaixo indicados.

En ... o ... de ... de ...

(Sinatura e selo da entidade)

ANEXO II

RELACIÓN DE ENTIDADES FINANCEIRAS COLABORADORAS

Caixas:

Caixanova

Caixa Galicia

La Caixa

Bancos:

Banco Bilbao Vizcaya Argentaria

Banco Santander Central Hispano

Banco Español de Crédito

Banco Etcheverría

Banco de Galicia

Banco Gallego

Banco Herrero

Banco Pastor

Banco Popular

Banco Simeón

SGR:

Afigal

Sogarpo