Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 13 de xullo de 2001 Páx. 9.538

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (25/2001).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dou fe de que nos autos de acollemento familiar que se seguen neste xulgado co nº 25/2001, se acordou a citación de Ana Isabel Guzmán Casas mediante a publicación da seguinte cédula de citación:

En virtude do acordado polo maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de acollemento familiar nº 2/2001, que se seguen neste xulgado, acordouse citar a Ana Isabel Guzmán Casas, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día seis de setembro, ás 10.30 horas, compareza neste xulgado para a práctica de dilixencias, prevíndoa de que, de non verificalo, recaerán sobre ela os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

A Coruña, trece de xuño de dous mil un.

A secretaria

Rubricado