Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 11 de xullo de 2001 Páx. 9.366

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador P-C-00/45 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as propostas de resolución, dictadas pola instructora nos expedientes que por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia, se están tramitando nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 28 de maio de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-C-00/45.

Denunciado: Carlos Romero Ozores. Domicilio: Barrantes-Tomiño.

DNI: 35.557.724.

Feitos denunciados: adestrar dous cans de caza de raza, un branco de cor branca e negra e outro setter inglés de cor branca e negra, carecendo de permiso dos titulares do couto para a dita actividade.

Data do acordo da incoación: 3-11-2000.

Alegacións á incoación: que nesta data o denunciado estaba paseando un can por unha propiedade privada do seu sogro.

Data da proposta de resolución: 5-2-2001.

Precepto infrinxido: artigo 57.13º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 10.000 pesetas (60.10 euros).

Expediente: P-C-00/51.

Denunciado: José Luis Fontenla Bernárdez. Domicilio: Grupo San Roque, 4-3º Vilagarcía de Arousa.

DNI: 35.436.519.

Feitos denunciados: capturar sen autorización administrativa de animais silvestres. Usar para a caza medios de captura prohibidos (uso e reclamo vivo), e cazar en época de veda.

Data do acordo da incoación: 7-11-2000.

Alegacións á incoación: que ten ó seu cargo dous fillos e que está desempregado percibindo unha pesnión de 33.590 pesetas polo que recorreu a esta actividade para poder comer.

Data da proposta de resolución: 13-3-2001.

Preceptos infrinxidos: artigo 58.1º da Lei 4/1997, de caza de Galicia en relación co artigo 3 da Orde do 9-8-2000 e 58.17º da Lei 4/1997, de caza de Galicia, en relación co artigo 2 do anexo II da Orde do 9-8-2000.

Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción:100.001 pesetas (601,02 euros).

Inhabilitación: retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela dun ano a 1 día.

Expediente: P-C-00/35.

Denunciado: Antonio Pardo Francisco. Domicilio: lugar do Cruceiro, 26 András-Vilanova de Arousa.

DNI: 35.418.010.

Feitos denunciados: transitando polo couto 10.124 con 3 cans sen evitarlle molestias ás pezas de caza, sen recibo do couto en vigor, en día non hábil para o adestramento de cans.

Data do acordo da incoación: 26-10-2000.

Alegacións á incoación: non presenta alegación á incoación do expediente.

Data da proposta de resolución: 5-2-2001.

Precepto infringido: artigo 57, puntos 11º e 35º en relación co artigo 34.9º da Lei 4/1997, de caza de Galicia, en relación co artigo 6 da Orde do 13 de agosto de 1999 pola que se determinan as épocas hábiles de caza durante a temporada 1999-2000.

Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 10.000 pesetas (60.10 euros).