Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 11 de xullo de 2001 Páx. 9.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación da proposta de resolución do expediente sancionador PO-I-01/33.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu Regulamento do 23 de decembro.

O denunciado poderá presentar nun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, as alegacións que considere convenientes, participándolle que ten a súa disposición o expediente para examina-lo, no Servicio Técnico Jurídico, sito en Benito Corbal, 47, 5ª planta, (Pontevedra), conforme o establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 11 de xuño de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: PO-I-01/33.-Denunciado: Luis Lusa Ríos.-Ultimo enderezo coñecido: Ventín de Arriba, 55. 36847 Fornelos de Montes.-Feito denunciado: abandono dun vehículo na masa forestal.-Precepto infrinxido: artigo 137 e) do regulamento da LIF.-Precepto sancionador: artigo 139 do regulamento da LIF.-Sanción: 50.000 pesetas.