Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 11 de xullo de 2001 Páx. 9.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2001 pola que se somete ó trámite de información pública a solicitude de autorización administrativa para a modificación das características da concesión dun aproveitamento de augas para a producción de enerxía eléctrica no río Furelos, así como do proxecto técnico e do documento de avaliación ambiental. (Expediente 5/244/2/3).

Claudio Fuciños Conde en representación de Hidroeléctrica Lumymey, S.L. con domicilio na Ronda da Coruña, 36; 15800 Melide; A Coruña; solicita, ante o organismo autónomo Augas de Galicia a autorización administrativa prevista nos artigos 62 da Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas, e dos artigos 143 e seguintes, concordantes co Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento de dominio público hidráulico, para

a modificación das características dun aproveitamento hidroeléctrico no río Furelos, no concello de Santiso (A Coruña), outorgado a Inocencio Fuciños Quintás por resolución do Goberno Civil do 13 de febreiro de 1920, sendo actualmente titular Hidroeléctrica Lumymey, S.L. por resolución do presidente de Augas de Galicia do 19 de abril de 2000.

Xunto coa solicitude achégase o proxecto que define as obras e instalacións, así como o documento de estudio de efectos ambientais correspondente, solicitando, así mesmo, a declaración de utilidade pública da modificación para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes necesarias de e sobre os dereitos que poidan resultar afectados.

Nos anexos que se inclúen ó final transcríbense os datos e circunstancias máis relevantes que definen a modificación da concesión: unha breve descrición das obras e instalacións proxectadas (anexo I); e a relación na que se recollen os propietarios, bens e dereitos afectados (anexo II).

No presente anuncio sométese ó trámite de información pública a solicitude de modificación do aproveitamento referido, a documentación técnica e ambiental e a relación de afectados, de conformidade co artigo 109 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, o artigo 2 do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, e o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e dereitos propostos polo peticionario sexan descoñecidos e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal, no seu momento, as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas poidan formular, por escrito en triplicado exemplar, cantas alegacións, observacións e reclamacións coiden pertinentes na defensa dos seus intereses.

Os escritos poderanse presentar no Rexistro Xeral de Augas de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles, dirixidos ó presidente de Augas de Galicia (Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9; San Caetano; 15781, Santiago de Compostela), expresando no escrito a clave do expediente sinalada no encabezamento, un domicilio para os efectos de notificación e a denominación do proxecto do salto hidroeléctrico ou documento ambiental ó que se refiran.

O presente anuncio será obxecto de inserción no Diario Oficial de Galicia, no BOP da Coruña, e de exposición no taboleiro de anuncios do concello de Santiso.

O prazo entenderase aberto desde o día seguinte a producirse a última das publicacións ás que se refire o parágrafo anterior. Transcorrido o prazo de vinte (20) días hábiles desde que se faga esta publicación, non se admitirá nin se terá en conta ningún escrito.

Os que se consideren interesados terán para os efectos oportunos ó seu dispor copia da petición e do exemplar do proxecto constructivo e relación de

propiedades afectadas, para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas e concello:

* Augas de Galicia Demarcación Centro. Praza Camilo Díaz Valiño, s/n (Estación de Autobuses) Santiago de Compostela.

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Rúa dos Feáns, 1-3 15706, Santiago de Compostela. A Coruña.

* Concello de Santiso. Agro do Chao-Arcediago; 15808 Santiso. A Coruña.

Do mesmo xeito, estará ó dispor dos interesados a documentación ambiental nos organismos e concello que a continuación se relacionan:

* Augas de Galicia. Demarcación Centro.

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña. Praza Luís Seoane, s/n; 15008 A Coruña.

* Concello de Santiso.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2001.

Agustín Hernández-Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia

ANEXO I

DESCRICIÓN DAS OBRAS PROXECTADAS

Denominación: proxecto básico. Ampliación aproveitamento hidroeléctrico da minicentral de Portodís.

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal: 5,750 m/s.

Tramo ocupado: cotas 372-334,77 m.s.n.m.

Desnivel: 37,23 m.

Potencia total instalada: 1712,00 kW.

Concello afectado: Santiso (A Coruña).

Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Na dita rehabilitación mantense a mesma presa de pedra, que conta cunha altura de 9,5 metros. Para a conducción utilízase a canle existente e a nova central atópase inmediatamente augas abaixo da actual central, aproveitando deste xeito un desnivel que existe no río.

A instalación consiste na toma e derivación de augas do río Furelos á cota 372 metros por unha canle de formigón de 625 metros de lonxitude, dunhas dimensións de 3 metros de largo e 1,65 de alto. O calado útil é de 1,47 metros. A pendente da que se dota é do 0,5 por mil ata a cámara de carga. Esta conducción dótase dun aliviadoiro dunha lonxitude de 20 metros, 30 metros antes de chegar á cámara de carga.

A cámara sitúase no mesmo lugar que a existente, aumentando a súa lonxitude a 8 metros. Vai provista dunha reixa de 7 metros de dimensións coa súa correspondente limparreixas.

Desde este depósito a auga descende por unha canalización de aceiro de 55 metros de lonxitude e 1.800 mm de diámetro que a conduce ata a central, que terá unhas dimensións de 11 x 20,70 x 8,50 metros, na que é turbinada por dous grupos Francis de 2,875 m/s e 930 kW cada un deles axustados ós seus respectivos xeradores e devolta ó río Furelos á cota 334,77 metros mediante unha canle de 4,75 metros de largura e 5 metros de lonxitude.

ANEXO II

RELACIÓN DE AFECTADOS

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública da modificación das características da concesión do aproveitamento de augas para a producción de enerxía eléctrica no río Furelos, sendo os bens e/ou deereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da expropiación forzosa os seguintes:

ParcelaPropietarioAfección

NomeEnderezo

1Eléctrica Fuciños RivasRonda da Coruña, 36; Melide; A CoruñaCanle e acceso
2Monte comúnCanle
3Ovidio Frade VilariñoNiño de Aguia, Serantes,

Santiso

Canle
4DescoñecidoCámara de carga e acceso
5Jesús Frade VilariñoSerantes, Santiso,

A Coruña

Canalización forzada
6Hrdos. de José García MejutoPortodísCanalización forzada
7José Mejuto PenaNiño de Aguia, Serantes,

Santiso

Acceso a central
8DescoñecidoCasa máquinas
9Monte comúnAcceso a central
10Hrdos. de Erminio Río

García

Serantes, Santiso,

A Coruña

Acceso a central
11Dolores Vázquez LópezBarazón Pequeno, Santiso,

A Coruña

Acceso a central
12José García GarcíaBarazón Pequeno, Santiso,

A Coruña

Acceso a central
13Hrdos.de Andrés López MejutoBarazón Pequeno, Santiso,

A Coruña

Acceso a central
14Ramón López VázquezBarazón Pequeno, Santiso,

A Coruña

Acceso a central
15José Cagide LoiSerantes, Santiso,

A Coruña

Acceso a central
16Jesús Frade VilariñoSerantes, Santiso,

A Coruña

Acceso a central
17José García García Barazón Pequeno, Santiso,

A Coruña

Acceso a central
18Ramón López VázquezBarazón Pequeno, Santiso,

A Coruña

Acceso a central
19Irmáns Santiso Quintela Portodís, Santiso,

A Coruña

Acceso a central
20Luis García AresBarazón Pequeno, Santiso,

A Coruña

Acceso a central

ParcelaPropietarioAfección

NomeEnderezo

21Ramón López VázquezBarazón Pequeno, Santiso,

A Coruña

Acceso a central
22Teresa García AresBarazón Pequeno, Santiso,

A Coruña

Acceso a central
23José García GarcíaBarazón Pequeno, Santiso,

A Coruña

Acceso a central
24José Estebo MéndezBarazón Pequeno, Santiso,

A Coruña

Acceso a central
25Paz García AresInglaterraAcceso a central
26Gloria Carril PereiroBarazón Pequeno, Santiso,

A Coruña

Acceso a central
27Monte comúnAcceso a central