Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 11 de xullo de 2001 Páx. 9.366

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador C-54/2000 e dous máis.

De conformidad co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación do expediente sancionador por infracción da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretario a Carlos Márquez Carrera, o que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento da tramitación do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da dita lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou achega-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de dárense os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto) polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Pontevedra, 25 de maio de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: C-31/2000.

Denunciado: Cristóbal Cacheda Chouza.

Enderezo: rúa Reyes, 12, Sanxenxo.

DNI: 76.821.349.

Feitos denunciados: transitar co can sen a debida dilixencia para evitarlles molestias ás pezas de caza, crías ou os seus ovos.

Data do acordo da incoación: 18-10-2000.

Precepto infrinxido: artigo 57.11º da Lei 4/1997, de caza de Galicia, en relación co artigo 6 da Orde do 13 de agosto de 1999.

Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia (DOG nº 133, do 11 de xullo).

Sanción: 10.000 ptas. (60,01 euros).

Expediente: C-54/2000.

Denunciado: Francisco Javier Afonso Moldes.

Enderezo: A Devesa-Alba (Pontevedra).

DNI: 35.322.186.

Feitos denunciados: non demostra-la posesión do seguro obrigatorio (xa que presenta un recibo caducado) durante a práctica da caza.

Data do acordo da incoación: 7-11-2000.

Precepto infrinxido: artigo 58.31º da Lei 4/1997, de caza de Galicia (DOG nº 133, do 11 de xullo), en relación co artigo 3 da Orde do 13 de agosto de 1999, pola que se determinan as épocas hábiles de caza durante a temporada 1999-2000.

Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia (DOG nº 133, do 11 de xullo).

Sanción: 100.001 ptas. (601,20 euros).

Inhabilitación: retirada da licencia de caza e inhabilitación para obte-la durante 1 ano e un día.

Expediente caza: 94/2000.

Denunciado: Luis Alonso Conde.

Enderezo: avda. Ramón Nieto, 237, Vigo.

DNI: 35.896.302.

Feitos denunciados: cazar nun Tecor sen autorización para iso.

Data do acordo da incoación: 18-12-2000.

Precepto infrinxido: artigo 58.27º da Lei 4/1997, de caza de Galicia (DOG nº 133, do 11 de xullo).

Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia (DOG nº 133, do 11 de xullo).

Sanción: 100.001 ptas. (601,20 euros).

Inhabilitación: retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela durante un ano e 1 día.