Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 11 de xullo de 2001 Páx. 9.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente P-231/2000, incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente; de non efectualo voluntariamente, dispoñen os interesados dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formularen cantas alegacións coiden pertinentes.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamen-

to do procedemento para o exercicio da potestade san-

cionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993,

do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto), e no

Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8 de xaneiro 1998), polo que se establece a estructura

orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

ANEXO

Expediente nº: P-231/2000.

Denunciado: Canteras Penas do Cal.

DNI: B-27172956.

Enderezo: Pousada-A Pastoriza. Lugo.

Feito denunciado: provoca-lo enturbamento nas augas continentais do río Miño, mediante a vertedura de auga turbia a canle que a 150 m conflúe co citado río, dando os resultados das análises das mostras de auga recollidas uns elevados parámetros de nitritos, sulfatos e sólidos en suspensión que incumpren o disposto no anexo V do Decreto 130/1997, e producindo unha grave alteración do ecosistema fluvial. Feitos constatados o día 10-7-2000, ás 20.30 horas en Crecente. A Pastoriza. Lugo.

Precepto sancionador: 35.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 500.001 pesetas de multa.

Lugo, 16 de maio de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo