Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 11 de xullo de 2001 Páx. 9.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente P-271/2000, incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente; de non efectualo voluntariamente, dispoñen os interesados dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formularen cantas alegacións coiden pertinentes.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto), e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8 de xaneiro de 1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

ANEXO

Expediente nº: P-271/2000.

Denunciado: Julio Sanz Hoz.

DNI: 52.398.398-M.

Enderezo: Paseo Riu Llobregat, 6-8, 1º-2 Badalona. Barcelona.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca fluvial sen estar en posesión da perceptiva licencia, así como non respecta-las prescricións especiais dictadas pola Consellería de Medio Ambiente para determinados treitos ou masas de auga, ou estar nun tramo non autorizado para ciprínidos (encima da ponte antiga da estrada de Monforte de Lemos). Feitos constatados o día 6-9-2000, ás 12.50 horas no río Miño-encoro dos Peares; Ribas de Miño. O Saviñao. Lugo.

Precepto sancionador: 34.1º; 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 60.000 pesetas de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para a práctica desta actividade por un período dun ano.

Lugo, 16 de maio de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo