Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 11 de xullo de 2001 Páx. 9.351

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (94/2001).

Nos autos de referencia dictouse a resolución que copiada literalmente é como segue:

«Na Coruña o cinco de xuño de dous mil un.

Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, tendo vistos os autos seguidos neste xulgado no número 94/2001 por instancia de Elena Luisa Casal Piñón contra Ángel Javier Arnoso Costoya, en rebeldía.

Decido que estimando en parte a demanda formulada pola procuradora Ana García Puertas Taboada, en nome e representación de Elena Luisa Casal Piñón contra o seu consorte Javier Arnoso Costoya -en situación de rebeldía procesual-, debo acordar e acordo a separación do devandito matrimonio, cos efectos legais que iso comporta, e de acordar e acordo as seguintes medidas:

1. Que a filla Isabel quede baixo a garda e custodia da nai, se ben a patria potestade a exercerán, conxuntamente, ámbolos proxenitores.

2. Atribuír á esposa e filla o uso e desfrute do piso que constituía o domicilio coxungal.

3. Asignarlle ó demandado o uso do vehículo Opel Vectra matrícula C-2062-CF, correndo pola súa conta a amortización do préstamo contraído coa entidade Caixa Galicia, para a compra do citado vehículo.

4. Deixar para execución de sentencia a fixación do réxime de visitas a favor do pai e a contribución deste en concepto de alimentos para a menor.

Sen imposición de custas.

Contra esta sentencia cabe interpoñer recurso de apelación cinco días contados desde o día seguinte ó da notificación daquela, que se preparará ante este mesmo xulgado.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Segue a sinatura do maxistrado xuíz».

E para que lle sirva de notificación a Ángel Javier Arnoso Costoya, con domicilio descoñecido, estendo e asino esta cédula na Coruña o seis de xuño de dous mil un.

O/A secretario/a

Rubricado