Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 11 de xullo de 2001 Páx. 9.351

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

CÉDULA de emprazamento (4055/1993).

Isabel Freire Corzo, secretaria da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, certifica que no re-

curso contencioso-administrativo número 4055/1993,

se dictou a seguinte:

«En cumprimento do acordado pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de

Xustiza de Galicia, en resolución dictada no recurso nº 02/0004055/1993, interposto por José Ramos Fernández e outros, contra silencio administrativo do Concello de Cabanas a escritos do 13 de febreiro e do 10 de agosto de 1992, sobre denuncia por obras que realiza José Fernández Gómez, Prominfer, S.L., na parroquia de San Andrés, dictouse providencia que, entre outros particulares, di: emprácese por medio do Diario Oficial de Galicia a Antonio Arias Álvarez, para que no termo improrogable de nove días hábiles compareza nos autos, se o considera conveniente para os seus intereses, ante esta sala, mediante avogado e procurador, co obxecto de que poida formular no referido recurso cantas alegacións estime oportunas, coa prevención de que, se non comparece dentro do prazo indicado, recaerá sobre el o prexuízo a que houber lugar en dereito».

E para que conste e para a súa notificación a Antonio Arias Álvarez, con último domicilio coñecido na avda de Buenos Aires, nº 111, de Ourense, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña o cinco de maio de dous mil un.

A secretaria

Rubricado