Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 11 de xullo de 2001 Páx. 9.352

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BECERREÁ

EDICTO (90/2000).

Ulpiano González López, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Becerreá (Lugo), fai saber que nos autos que a seguir se dirán, se dictou a sentencia que no seu encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentencia.-Dada en Becerreá o 11 de maio de 2001.

Vistos por min, Ulpiano González López, xuíz único do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Becerreá, os autos do xuízo verbal do automóbil número 90/2000, seguidos en reclamación de cantidade de vintesete millóns duascentas trinta e oito mil

duascentas cincuenta e nove pesetas (27.238.259),

por instancia do procurador Ricardo López Mosque-

ra en nome e representación de José Fernández Ló-

pez, asistido polo letrado José Soto López, contra

María Soledad Cruz Cruz, en rebeldía e aseguradora

Compañía de Seguros Banco Vitalicio, S.A., represen-

tada pola procuradora Olga Fernández Núñez e asisti-

da polo letrado (ilexible).

Decido que estimo substancialmente a demanda interposta polo procurador Ricardo López Mosquera, en nome e representación de José Fernández López e condeno a María Soledad Cruz Cruz, en rebeldía, e aseguradora Compañía de Seguros Banco Vitalicio, S.A., representada pola procuradora Olga Fernández Núñez, a aboarlle ó demandante a suma de vintedous millóns cento trece mil cincocentas once pesetas (22.113.511). A compañía aseguradora deberá aboar tamén os xuros desta cantidade, ó tipo do 20%, desde o 16 de agosto de 1997, ata o seu completo paga-

mento.

En canto ás custas son por conta dos demandados.

Así o acordo e asino».

Contra esta resolución cabe recurso de apelación para ante a audiencia provincial, que deberá prepararse, se é o caso, no prazo dos cinco días seguintes á súa notificación neste xulgado, conforma as disposicións da nova Lei de axuizamento civil 1/2000. Para preparar este recurso os condenados ó pagamento da indemnización deberán acreditar que depositaron o importe da condena incrementada cos xuros e recargas esixibles (vid. disposición transitoria segunda e artigo 449).

E para que conste e para a súa publicación no DOG, para que sirva de notificación en forma á demandada, expido e asino este edicto en Becerreá o once de maio de dous mil un.

O secretario

Rubricado