Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 09 de xullo de 2001 Páx. 9.228

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (933/2000).

Eu, Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 933/2000 por instancia de María Pilar Fernández Sánchez, María Luz Pérez Pérez, Ángeles Sendón Fernández, María Mercedes Cupeiro Rocha, María Belén Daga Vilariño, María Jesús Peña López, Teresa Asensio Revuelta, María Ángeles Rey Medina, María Ángeles Louzao Conde, María Isabel Louro Pardo, María Paz Díaz Casado, María Victoria Rebeiro Pedreira, Rebeca Iris Barbeito Neira representadas polo letrado Javier Casal Llorente contra a empresa Bupan 2000, S.L. que incompareceu no acto de xuízo, sobre salarios recaeu sentencia en 25-5-2001 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por María Pilar Fernández Sánchez, María Luz Pérez Pérez, Ángeles Sendón Fernández, María Mercedes Cupeiror Rocha, María Belén Daga Vilariño, María Jesús Peña López, Teresa Asensio Revuelta, María Ángeles Rey Medina, María Ángeles Louzao Conde, María Isabel Louro Pardo, María Paz Díaz Casado, María Victoria Rebeiro Pedreira, Rebeca Iris Barbeito Neira contra empresa Bupan 2000, S.L. debo condenar e condeno a demandada a que aboe ás actoras (autos 933/2000) María Luz Pérez Pérez, Ángeles Sendón Fernández, María Mercedes Cupeiro Rocha, María Belén Daga Vilariño, María Jesús Peña López, María Ángeles Rey Medina, María Ángeles Louzao Conde á cantidad de 199.158 pesetas e ás actoras María Pilar Fernández Sánchez e Teresa Asensio Revuelta á cantidade de 176.377 pesetas, e ás actoras (autos 39/2001) Victoria Ribeiro Pedreira á cantidade de 173.784 pesetas e Rebeca Iris Barbeito Neira á cantidade de 169.871 pesetas por tódolos conceptos reclamados na

demanda.

Así por esta miña sentencia contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días, contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de interpoñelo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba perante este Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal deste cidade, na conta corrente deste xulgado número identificador 5.605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse conta-la responsabilidade solidaria del avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó

tempo de interpoñe-lo recurso polo que se declara o mesmo desistido, de no constituírse dicho depósito na forma indicada; definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo.

Así por esta miña sentencia do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgado pronuncio, mando e asino».

E para que conste, a efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Bupan 2000, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, o vintecinco de maio de dous mil un.

O secretario xudicial

Rubricado