Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 09 de xullo de 2001 Páx. 9.229

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2001, da Xefatura Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación de bens afectados polas obras N/AC/90.6.1 paso a distinto nivel no nó de Vidán (concello de Santiago de Compostela).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia

da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 20 de novembro de 2000, o director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, aprobou o correspondente proxecto de trazado.

Por Decreto 301/2000, do 21 de decembro, declárase a utilidade pública das mencionadas obras, e, así mesmo, urxente ocupación dos bens afectados por estas para efectos do prevido no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, esta xefatura, en uso das súas facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Santiago de Compostela, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Local: Centro Sociocultural de Vidán.

Día: 27 de xullo de 2001.

Das 10 ás 12 horas.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, e achega-los documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución; pódense facer acompañar, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante esta Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia na Coruña, praza Luís Seoane, s/n, 8ª planta, as alegacións que coiden pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 26 de xuño de 2001.

P.A.

Javier Bermejo Silva

Enxeñeiro xefe

Relación de propietarios de predios que se citan.

Termo municipal de Santiago de Compostela.

N/AC/90.6.1

Predio nºPropietarioEnderezoPoboación

219Calefacción SimónRúa da Raxeira, nº 10Santiago de Compostela-A Coruña

218Cerqueiro Vilas, ÁngelSantiago de Compostela-A Coruña

211Cidranes Arriaga, hdros. de AnaMestra Victoria MíguezSantiago de Compostela-A Coruña

215Gambino Cidranes, hdros. Raquel Braulio, EngraciaRúa de Vidán, nº 9Santiago de Compostela-A Coruña

216Gambino Cidranes, hdros. Raquel Braulio, EngraciaRúa de Vidán, nº 9Santiago de Compostela-A Coruña

214Gambino Cidranes, hdros. Raquel Braulio, EngraciaRúa de Vidán, nº 9Santiago de Compostela-A Coruña

207García López, hdros. de RamiroMestra Victoria Míguez, 68Santiago de Compostela-A Coruña

206García López, hrdos. de RamiroMestra Victoria Míguez, 68Santiago de Compostela-A Coruña

212AGuldrís Iglesias, hrdos. de IsauraMestra Victoria MíguezSantiago de Compostela-A Coruña

209Leis Cidranes, AndrésRúa Vidán, nº 37Santiago de Compostela-A Coruña

210Leis Cidranes, FloraRúa Vidán, nº 39Santiago de Compostela-A Coruña

217Lema, José RamónSantiago de Compostela-A Coruña

208Para Ramos, EstebanMestra Victoria Míguez, 70Santiago de Compostela-A Coruña

212Piñeiro Guldrís, RamónEscultor Asorey, nº 9Santiago de Compostela-A Coruña

202Varela Lema. IrmánsAvda. Vilagarcía, 13, 8º CSantiago de Compostela-A Coruña

203Varela Lema. IrmánsAvda. Vilagarcía, 13, 8º CSantiago de Compostela-A Coruña

204Varela Lema. IrmánsAvda. Vilagarcía, 13, 8º CSantiago de Compostela-A Coruña

205Varela Lema. IrmánsAvda. Vilagarcía, 13, 8º CSantiago de Compostela-A Coruña

213Varela Lema. IrmánsAvda. Vilagarcía, 13, 8º CSantiago de Compostela-A Coruña

220Villaverde, hdos. Constantino