Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 09 de xullo de 2001 Páx. 9.228

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (977/2000).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres en funcións do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 977/2000 a instancia de Amable Castiñeiras Torres contra Jesús Otero Vidal, sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data que copiada nos particulares necesarios di así:

Decido que estimando a demanda promovida por Amable Castiñeiras Torres contra a empresa Jesús Otero Vidal, debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 58.615 pesetas por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de emprendelo mendiante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que no momento de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba perante este Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado número identificador 5.605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade

solidaria do avalista; sen este requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberá consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o xustificante na secretaría no momento de interpoñe-lo recurso, declarándose este desistido de non constituírse este depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo.

Así, por esta miña sentencia da que se unirá certificación os autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Jesús Otero Vidal expido e asino esta cédula na Coruña o vintetrés de maio de dous mil un.

O secretario xudicial

Rubricado