Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 09 de xullo de 2001 Páx. 9.227

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2001 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 00/048 de catedrático de escola universitaria convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, de 13 de xuño, e unha vez designados o presidente e vocal secretario por esta universidade e realizado o oportuno sorteo establecido no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 00/048, convocada por Resolución do 19 de setembro de 2000 (BOE do 10 de outubro), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 4 de xuño de 2001.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

Praza de: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento: literatura española.

Praza nº: 00/048.

Comisión titular:

Presidenta: Parrilla García, Carmen, catedrática de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Virallonga Eguren, Jorge, catedrático de escuela universitaria. Universidade de Barcelona.

Vocais:

Oliva Olivares, César, catedrático de universidade. Universidade de Murcia.

Escartin Gual, Montserrat, catedrática de escola universitaria. Universidade de Girona.

Rodríguez Arango, María A., catedrática de escola universitaria. Universidade de Valladolid.

Comisión suplente:

Presidente: Salvador Miguel, Nicasio, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Secretario: Hernández Pérez, Patricio, catedrático de universidade. Universidade Pública de Navarra.

Vocais:

Díez de Revenga Torres, Francisco J., catedrático de universidade. Universidade de Murcia.

Escobar Bonilla, María del Prado, catedrática de escola universitaria. Universidade das Palmas de Gran Canaria.

Alcala Arevalo, Purificación, catedrática de escola universitaria. Universidade de Sevilla.