Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 09 de xullo de 2001 Páx. 9.222

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, de conformidade co establecido na Resolución do 26 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Función Pública (Diario Oficial de Galicia número 29, do 9 de febreiro).

Finalizado o prazo fixado pola Dirección Xeral da Función Pública do 26 de xaneiro de 2001 (DOG nº 29, do 9 de febreiro), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas, para a

cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral nas relacións de postos de traballo, reguladas no artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/200, do 31 de marzo e á vista das solicitudes presentadas para a categoría 2 (titulado superior médico) do grupo I, categoría 2 (ATS//enfermeiro/practicante/DUE) do grupo II e categorías 3 (controlador pecuario//axudante técnico pecuario),4 (gobernante//gobernante servicios domésticos), 68 (pastor oficial 1ª//maioral//oficial 1ª gandería) e 78 (subgobernante) do grupo III, e unha vez elaboradas pola Comisión Permanente de Selección para a cobertura de postos reservados a persoal laboral, na sesión do día 28 de xuño de 2001, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondentes á categoría 2 (titulado superior médico) do grupo I, categoría 2 (ATS//enfermeiro/practicante/DUE) do grupo II, e categorías 3 (controlador pecuario//axudante técnico pecuario),4 (gobernante//gobernante servicios domésticos), 68 (pastor oficial 1ª//maioral//oficial 1ª gandería) e 78 (subgobernante) do grupo III; as ditas listas están expostas da forma que a continuación se indica:

Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista, con indicación da puntuación provisional.

Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos, coa expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Servicio de Atención e Información ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para a emenda de erros e, se é o caso, formula-las oportunas alegacións, que serán dirixidas á correspondente Comisión Permanente de Selección do Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública; edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade, se é o caso, levaranse a efecto as emendas procedentes, dándose disto a oportuna publicidade.

Cuarto.-Os solicitantes que figuran admitidos no anexo I (lista B) estarán obrigados, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da

publicación no Diario Oficial de Galicia das listas provisionais, a remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante de aboamento da taxa que a continuación se expresa:

Grupo I: 7.755 pesetas.

Grupo II : 6.780 pesetas.

Grupo III: 5.810 pesetas.

Estarán exentos do pagamento desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, con xustificación documental.

Quinto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, de acordo co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública