Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso 1/695/2001, interposto por técnicos da función administrativa do Sergas e María Concepción Sieiro González contra o acordo de concertación social subscrito pola Administración sanitaria e as centrais sindicais CC.OO., CIG, CESM-SATSE, CSI-CSIF e UGT sobre retribucións e condicións de traballo do persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 55, do 19 de marzo de 2001).
O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer na sala como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2001.
Valeriano Martínez García
Director xeral da División de Recursos Humanos