Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 09 de xullo de 2001 Páx. 9.223

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2001, dos tribunais números 1, 2 e 3 designados para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D) convocado por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 5 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 115, do 14 de xuño), pola que se fixa a data, a hora e o lugar da realización do terceiro exercicio do devandito proceso.

Na sesión conxunta realizada o día 4 de xuño de 2001 polos tribunais números 1, 2 e 3, designados para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D) convocado mediante orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 5 de xuño de 2000 (DOG nº 115, do 14 de xuño), e de conformidade coas bases da convocatoria, acordouse:

Primeiro.-Realiza-lo terceiro exercicio da fase de oposición o día 15 de xullo de 2001, no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela.

Segundo.-Convocar a tódolos aspirantes que superaron o primeiro se é o caso, o segundo exercicio, do xeito que segue:

-Opositores correspondentes ó tribunal nº 1, realizarán o exame ás 8.30 horas, debendo comparecer no lugar de realización ás 8 horas.

-Opositores do tribunal nº 2, realizarán o exame a partir das 11 horas, debendo comparecer no lugar de realización ás 10.30 horas.

-Opositores do tribunal nº 3, comezarán o seu exame a partir das 13.30 horas, debendo presentarse no lugar de realización ás 13 horas.

Terceiro.-Tódolos opositores deberán ir provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, así como bolígrafo ou pluma estilográfica.

Cuarto.-Que se publique este acordo no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2001.

Javier Batán Rodríguez

Presidente do tribunal nº 1

Ramón del Valle LópezLourdes Batán Aira

Presidente do tribunal nº 2Presidenta do tribunal nº 3