Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 06 de xullo de 2001 Páx. 9.145

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (215/2001).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dá fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 215/2001, seguidos por instancia de María José Ventosinos Fernández contra a empresa Alfredo Manuel Sousa López e Outro sobre cantidade, se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentencia.-En Lugo, o trinta e un de maio do ano dous mil un. Vistos por Mª de los Angeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, os presentes autos de xuízo verbal nº 215/2001, sobre reclamación por cantidade, no que son partes, como demandante María José Ventosinos Fernández, representada polo graduado social Rafael Vila Pereiro e como parte demandada o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado José Carlos Pérez Vázquez. Non compareceu a empresa demandada Alfredo Manuel Sousa López, estando citada en legal forma. Decido que estimando a demanda interposta por María José Ventosinos Fernández, contra a empresa Alfredo Manuel Sousa López, sendo parte así mesmo o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), debo condenar e condeno

a empresa demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de seiscentas noventa e catro mil cento corenta e oito pesetas brutas (694.148 pesetas), polos conceptos expresados no segundo dos feitos probados desta resolución. Absólvese o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sen prexuízo da súa ulterior responsabilidade, no caso de ser declarada a insolvencia empresarial. Notifíquese esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, A Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste Xulgado do Social, logo do depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral, e en especial o disposto no artigo 228 do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non goce do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo

recurso de suplicación, que consignou na conta de depósitos e consignacións nº 2322-69, nº de autos 215/2001, que este Xulgado do Social ten aberta no Banco Bilbao-Vizcaya desta cidade, r/ da Raíña, nº 1, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facer consta-la responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, se é o caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número de procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño deles para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, máis o depósito de 25.000 pesetas, prevido para esta clase de recursos que deberá constituírse na mesma conta nº 2322-65-nº de autos 215/2001 do Banco Bilbao-Vizcaya, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, debendo entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado no momento de interpo-lo

recurso, caso de se-la empresa demandada condenada quen o interpuxer, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal. Así por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. Mª de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado.

Publicación. A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, estando celebrando audiencia pública no día da data, do que eu secretario certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal e para que sirva de notificación en forma á empresa Alfredo Manuel Sousa López, en paradoiro ignorado, expido e asino esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo, o trinta e un de maio de dous mil un.

O secretario

Rubricado