Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 06 de xullo de 2001 Páx. 9.146

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se fai pública a aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, da parcela número 33 do polígono número 2 do sector de Solo Urbanizable Non Programado Sur-B Louzaneta-Areeiras, no concello de Lugo.

Antecedentes.

1º O Concello de Lugo remitiu o expediente de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, da parcela número 33 do polígono número 2 do sector de Solo Urbanizable non Programado Sur-B Louzaneta-Areeiras, no Concello de Lugo, de conformidade co disposto polo artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (LSG), tramitado por instancia súa e a beneficio da xunta de compensación do citado polígono.

2º O Concello de Lugo, con data do 20 de setembro de 2000, acordou aproba-la constitución da xunta de compensación do citado polígono e inicia-lo expediente de expropiación forzosa da parcela 33 para a súa incorporación ó proceso urbanístico.

3º A Comisión de Goberno, na súa sesión do 8 de novembro de 2000, acordou aprobar inicialmente o proxecto de taxación conxunta e sometelo a información pública polo prazo dun mes, anunciándose no xornal El Progreso do 22 de decembro de 2000 e no DOG nº 16, do 23 de xaneiro de 2001.

4º A taxación foi notificada individualmente a quen aparecía como titular de bens e dereitos no expediente, dándolle traslado literal da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formulasen alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación, tal e como sinala o artigo 145.4º da Lei do solo de Galicia. Non se formularon alegacións durante o trámite de información pública.

5º O Concello de Lugo emitiu informe sobre o expediente, de conformidade co artigo 145.6º da Lei do solo de Galicia, e remitiu o expediente de expropiación forzosa a esta consellería para a súa aprobación definitiva.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-O proxecto de expropiación forzosa tramitouse polo procedemento de taxación conxunta de conformidade co disposto no artigo 145 da Lei do solo de Galicia.

Segundo.-O proxecto de expropiación afecta a parcela número 33 do polígono número 2 do sector de Solo Urbanizable Non Programado Sur-B Louzaneta-Areeiras, co obxecto da súa incorporación á xunta de compensación ó abeiro do disposto no artigo 134 en relación co artigo 136 da LSG.

En virtude do disposto polos artigos 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións, e os artigos 54, en relación co 124 e 145, da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a dita aprobación implica a declaración de utilidade pública das obras e a necesidade de ocupación dos terreos incluídos no ámbito dos polígonos, resultando lexitimada a expropiación proposta.

Terceiro.-O expediente tramitado conta coa documentación preceptiva esixida polo artigo 145.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia:

-Determinación do seu ámbito territorial, cos documentos que o identifican en canto á situación, superficie e lindeiros.

-Fixación de prezos coa valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.

-Follas de prezo xusto individualizado de cada predio.

-Follas de prezo xusto que corresponden a outras indemnizacións, se é o caso.

Cuarto.-Os criterios de valoración fixados no proxecto de expropiación axústanse ós establecidos polos artigos 23 e seguintes da Lei 6/1998, sobre réxime do solo e valoracións.

Quinto.-A competencia para aproba-lo expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta correspóndelle por delegación ó director xeral de Urbanismo, de acordo co artigo 1 da Orde do 30 de decembro de 1999, do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (DOG 10 de xaneiro de 2000), pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo.

Na súa virtude, vista a Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións, e as demais disposicións aplicables,

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta, da parcela número 33 do polígono número 2 do sector de Solo Urbanizable Non Programado Sur-B Louzaneta-Areeiras, no concello de Lugo, para os efectos previstos polos artigos 145 e 146 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Esta aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación, de conformidade co establecido no artigo 146.1º da Lei do solo de Galicia.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto (artigo 146.2º da Lei do solo de Galicia).

Segundo.-Notifica-lo contido desta resolución aprobatoria do expediente ó Concello de Lugo, á xunta de compensación do polígono e, de xeito individualizado, a quen aparece como titular de bens ou dereitos afectados que figura no expediente, ó que se lle xuntará a correspondente folla de valoración, conferíndolle un prazo de vinte días durante o cal poderá manifestar por escrito, ante esta Dirección Xeral de Urbanismo, a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 145.7º da Lei do solo de Galicia, advertíndolle que transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, se entenderá aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 145.8º da Lei do solo de Galicia).

Terceiro.-Publicar esta resolución, así como a seguinte relación dos bens e dereitos afectados pola expropiación, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello:

Nº parcela: 33.

Titular: Ángel Fernández.

Bens que hai que expropiar: solo: 3.550 m.

Valoración: 9.221.835 ptas.

Así mesmo, a publicación e exposición no taboleiro de edictos do concello, servirá de notificación ós propietarios descoñecidos, dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben, tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución (artigo 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación (artigo 46.1 da Lei 29/1998, da xurisdicción contencioso-administrativa). Para o caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo.

Todo isto sen prexuízo de que, no caso de desconformidade coa valoración establecida, os interesados dispoñen dun prazo de vinte días para manifesta-la súa desconformidade como se indicou no punto segundo desta resolución, nos termos establecidos polo artigo 145.8º da Lei do solo de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2001.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo