Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 06 de xullo de 2001 Páx. 9.148

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se fai pública a aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados pola execución do aparcadoiro ó aire libre previsto no PXOU, entre a avenida de Galicia, a rúa Ramón González, a de San Lázaro e rúa de nova apertura, no concello de Ribadeo.

Antecedentes.

1º Con data do 8 de novembro de 1999, o Pleno do Concello de Ribadeo aprobou definitivamente o Plan Especial de Infraestructuras para o Desenvolvemento do Sistema Xeral Viario previsto no Plan Xeral de Ordenación Urbana, mediante a construcción dun aparcadoiro ó aire libre entre a avda. de Galicia, a rúa Ramón González, a de San Lázaro e rúa de nova apertura.

2º O Concello de Ribadeo remitiu o expediente de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados pola execución do citado aparcadoiro ó aire libre previsto no PXOU de Ribadeo, de conformidade co disposto polo artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (LSG), tramitado por instancia do propio concello.

3º O concello, con data do 17 de outubro de 2000, acordou aprobar inicialmente o proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta e sometelo a información pública polo prazo dun mes, anunciándose no xornal El Progreso do 24 de outubro de 2000, no BOP nº 242, do 21 de outubro de 2000 e no DOG nº 229, do 27 de outubro de 2000.

4º A taxación foi notificada individualmente ós que aparecían como titulares de bens e dereitos no expediente, dándolles traslado literal da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formulasen alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación, tal e como sinala o artigo 145.4º da Lei do solo de Galicia.

5º O Concello de Ribadeo emitiu informe individualizado sobre cada unha das alegacións presen

tadas polos interesados, de conformidade co artigo 145.6º da Lei do solo de Galicia e, na súa sesión do 8 de xaneiro de 2001, acordou adquirir por mutuo acordo e, polo tanto, poñer fin ó expediente expropiatorio respecto dos predios números 1, 3 e 4, e remitiu o expediente de expropiación forzosa a esta consellería para a súa aprobación definitiva.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-O proxecto de expropiación forzosa inclúe no seu ámbito a parcela 1 bis, propiedade de José María Rodríguez López, na que como bens que se van expropiar figura unha servidume de paso que abrangue unha superficie de 160 m cun gálibo de 4,5 m. Segundo o establecido no artigo 54.2º da LSG, en caso de desacordo co propietario poderá constituírse unha servidume forzosa, conforme o procedemento establecido na Lei de expropiación forzosa.

Segundo.-O proxecto de expropiación forzosa tramitouse polo procedemento de taxación conxunta de conformidade co disposto no artigo 145 da Lei do solo de Galicia.

O proxecto de expropiación abrangue a superficie correspondente ós terreos precisos para a execución dun sistema xeral previsto no PXOU de Ribadeo, desenvolvido mediante un plan especial de infraestructuras aprobado definitivamente polo concello na súa sesión do 8 de novembro de 1999 ó abeiro do artigo 26.1º a) da LSG, que prevé como forma de actuación a expropiación.

En virtude do disposto polos artigos 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións, e os artigos 54, en relación co 124 e 145, da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a dita aprobación implica a declaración de utilidade pública das obras e a necesidade de ocupación dos terreos incluídos no ámbito da actuación, resultando lexitimada a expropiación proposta.

Terceiro.-O expediente tramitado conta coa documentación preceptiva esixida polo artigo 145.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia:

-Determinación do seu ámbito territorial, cos documentos que o identifican en canto a situación, superficie e lindeiros.

-Fixación de prezos coa valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.

-Follas de prezo xusto individualizado de cada predio.

-Follas de prezo xusto que corresponden a outras indemnizacións.

Cuarto.-Os criterios de valoración fixados no proxecto de expropiación axústanse ós establecidos polos artigos 23 e seguintes da Lei 6/1998, sobre réxime do solo e valoracións.

Quinto.-A competencia para aproba-lo expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta correspóndelle por delegación ó director xeral de Urbanismo, de acordo co artigo 1 da Orde do 30 de decembro de 1999, do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (DOG do 10 de xaneiro de 2000), pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo.

Na súa virtude, vista a Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións, e as demais disposicións aplicables,

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobar definitivamente a constitución dunha servidume forzosa respecto do predio 1 bis, afectada pola execución do aparcadoiro ó aire libre previsto no PXOU, entre a avda. de Galicia, rúa Ramón González, a de San Lázaro e rúa de nova apertura no concello de Ribadeo, propiedade de José María Rodríguez López, de acordo co establecido no artigo 54 en relación co artigo 144.2º para os efectos previstos polos artigos 145 e 146 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Segundo.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados pola execución do aparcadoiro ó aire libre previsto no PXOU, entre a avda. de Galicia, rúa Ramón González, a de San Lázaro e rúa de nova apertura no concello de Ribadeo, no que respecta ó predio número dous, para os efectos previstos polos artigos 145 e 146 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Esta aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación, de conformidade co establecido no artigo 146.1º da Lei do solo de Galicia.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto (artigo 146.2º da Lei do solo de Galicia).

Terceiro.-Notifica-lo contido desta resolución aprobatoria do expediente ó Concello de Ribadeo e, de xeito individualizado, a tódolos que aparezan como titulares de bens ou dereitos afectados que figuran no expediente, ós que se lles xuntará a correspondente folla de valoración, conferíndolles un prazo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito ante a Dirección Xeral de Urbanismo a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 145.7º da Lei do solo de Galicia, advertíndolles que,

transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, se entenderá aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 145.8º da Lei do solo de Galicia).

Cuarto.-Publicar esta resolución así como a seguinte relación dos bens e dereitos afectados pola expropiación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello:

Nº finca: 1 bis.

Titulares: José María Rodríguez López.

Bens afectados: solo: servidume de paso; 160 m (20x8x4,5).

Valoración: 950.880 pesetas.

Nº finca: 2.

Titulares: José Ramón Rodríguez-Sabugo Fernández.

Bens que se van expropiar: solo: 4,65 m.

Valoración: 24.412 pesetas.

Así mesmo, a publicación e exposición no taboleiro de edictos do concello servirá de notificación ós propietarios descoñecidos, dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben, tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución (artigo 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación (artigo 46.1º da Lei 29/1998, da xurisdicción contencioso-administrativa). Para o caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo.

Todo isto sen prexuízo de que, no caso de desconformidade coa valoración establecida, os interesados dispoñen dun prazo de vinte días para manifesta-la súa desconformidade como se indicou no número 3 desta resolución, nos termos establecidos polo artigo 145.8º da Lei do solo de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2001.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo