Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 06 de xullo de 2001 Páx. 9.144

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (124/2001).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dá fe e testemuño

de que nos autos de xuízo número 124/2001, seguidos por instancia de Oliva Lugueros Álvarez, contra a empresa Cándido Francisco Fidalgo Santos e Outro, sobre cantidade, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que di:

«Sentencia.-Lugo, o vintecinco de maio de dous mil un. Vistos por María de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal nº 124/2001, sobre reclamación de cantidade, no que son partes, como demandante, Oliva Lugueros Álvarez, acompañada polo graduado social Rafael Vila Pereiro e como parte demandada o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado José Carlos Pérez Vázquez. Non compareceu a empresa demandada Cándido Francisco Fidalgo Santos, malia estar citada en legal forma. Decido que estimando a demanda imterposta por Oliva Lugueros Álvarez, contra a empresa Cándido Francisco Fidalgo Santos, na que foi parte, así mesmo, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), debo condenar e condeno a demandada a lle aboar á demandante a cantidade de trescentas corenta e tres mil trescentas sete pesetas brutas (343.307 pesetas), polos conceptos expresados no segundo dos feitos probados desta resolución. Absólvese o

Fondo de Garantía Salarial Fogasa sen prexuízo da súa ulterior responsabilidade, no caso de ser declarada a insolvencia empresarial. Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste Xulgado do Social, logo do depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral e, en especial, o disposto no artigo 228 do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozase do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignado na conta de depósitos e consignacións, nº 2322-69-nº de autos 124/2001, que este Xulgado do Social ten aberta no Banco de Bilbao Vizcaya desta cidade, na r/ da Raíña, nº 1, a cantidade obxecto

da condena. Poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, de se-lo caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número do procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño destes para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, mailo depósito de 25.000 pesetas, prevido para esta clase de recursos, que deberá constituírse na mesma conta nº 2322-65 nº de autos 124/2001 do Banco Bilbao Vizcaya, que para o efecto e baixo a denominación

de recurso de suplicación existe e deberán entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpo-lo recurso, no caso de se-la empresa demandada quen o interpuxese, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal. Así, por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. Mª de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado.

Publicación. A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, que estaba celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal e para que sirva de notificación en forma á empresa Cándido Francisco Fidalgo Santos, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo, o vintecinco de maio de dous mil un.

Secretario

Rubricado