Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 06 de xullo de 2001 Páx. 9.128

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da correción de erros do convenio colectivo do sector de carpintería, ebanistería e actividades afíns da provincia de Pontevedra.

Vista a acta da comisión negociadora do convenio colectivo do sector de carpintería, ebanistería e actividades afíns da provincial de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincial con data do 15 de maio de 2001, subscrita, en representación da parte económica polas asociacións de empresarios Asema e AFCM e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., CIG, e UGT, o día 14 de maio de 2001, de corrección de erros no artigo 30º.1 do convenio provincial (BOP nº 88, do 8 de maio 2001 e DOG nº 91, do 11 de maio 2001), e no sentido que se fai figurar no texto da devandita acta.

Que ó abeiro do disposto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), as administracións públicas poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por ins

tancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Rectifica-lo erro material sufrido no artigo 30º.1 do convenio colectivo do sector de carpintería, ebanistería e actividades afins da provincia de Pontevedra e no sentido que figura no texto da acta.

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provinial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Terceiro.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Cuarto.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 24 de maio de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Comisión negociadora do convenio colectivo do sector de carpintería, ebanistería e actividades afíns da provincia de Pontevedra

Asistentes:

CC.OO.

Marcos González Oliveira.

CIG:

Xosé Xoán Melón González.

UGT;

Ramón Carrera Molares

Representación empresarial:

Enrique Cameselle Taboada Asema.

Pablo González López Asema.

Félix Rodríguez Regueiro AFCM.

Secretario de actas:

Pablo Manuel Búa Burgos.

En Vigo, nos locais da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, ás once horas do día 14 de maio de 2001, reunidos os representantes de traballadores e empresarios co fin de proceder á corrección de erros relativos ó convenio colectivo de carpintería, ebanistería e afíns para o ano 2001, publicado no BOP do 8 de maio 2001 e no DOG do 11 de maio 2001, tanto no seu texto en español coma en galego, en relación co seu artigo 30º.1, queda redactado da seguinte maneira:

«Artículo 30º.-Retribución de las horas extraordinarias.

1. La retribución de las horas extraordinarias se determinará siguiendo los siguientes criterios:

a) Las realizadas en día laborable serán las reflejadas en la tabla de salarios (anexo I).

b) Las realizadas en día no laborable sufrirán un incremento del 45 % sobre las reflejadas en el anexo I.

Artigo 30º.-Retribución das horas extraordinarias.

1. A retribución das horas extraordinarias determinarase seguindo os seguintes criterios:

a) As realizadas en día laborable serán as reflectidas na táboa de salarios (anexo I).

b) As realizadas en día non laborable sufrirán un incremento do 45 % sobre as reflectidas no anexo I».

Sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás 13 horas do día arriba indicado.