Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 04 de xullo de 2001 Páx. 9.016

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2001 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes El Corte Inglés, S.A., sita na rúa Ecuador, 77, de Vigo.

Examinado o expediente instruído por instancia de Jesús Jorge Nuño de la Rosa Coloma, na súa calidade de representante legal, en solicitude da

autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes El Corte Inglés, S.A., do grupo maiorista-retallista, co código de identificación C.I.C. MA 59, con casa central en Madrid,

Resultando que o interesado xunto coa solicitude achegou toda a documentación á que fai referencia o artigo 5 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro,

Considerando que, na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes, concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización,

Considerando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidos legal e regulamentariamente,

Vistos a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 12 de xaneiro de 1998 da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se delega no director xeral de Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos e dependencias auxiliares das axencias de viaxes xa autorizadas, esta dirección xeral

RESOLVE:

Autoriza-la axencia de viaxes Viajes El Corte Inglés, S.A., da que é titular Viajes El Corte Inglés, S.A., a apertura dun novo establecemento na rúa Ecuador 77 de Vigo, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Previamente poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2001.

P.D. (Orde 12-1-1998)

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo