Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 04 de xullo de 2001 Páx. 9.015

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación da incoación do procedemento sancionador SA-OU-25/01-T, por infracción da Lei de epizootias do 20 de decembro e o seu regulamento.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación do procedemento sancionador, que tamén se indica, por infracción da Lei de epizootias, do 20 de decembro de 1952, e do seu regulamento, aprobado por Decreto do 4 de febreiro de 1955, e demais normativa complementaria de aplicación, posto que, tentada a notificación, non se puido practicar.

Noméase instructor a Benjamín Dorrio Villamarín, funcionario desta delegación. O réxime de recusación da persoa designada é o establecido no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para examina-lo expediente nesta delegación provincial, rúa Florentino López Cuevillas, 4-6 baixo, Ourense, e formula-las alegacións que coide convenientes.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado por R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, de non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución.

Ourense, 28 de maio de 2001.

José Manuel Baltar Blanco

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: SA-OU-25/01-T.

Interesado: Manuel Varela Espido.

Último enderezo: avda. de Quiroga, 20. A Rúa (Ourense).

Data acordo incoación: 23-3-2001.

Feitos denunciados: transportar 11 animais da especie porcina en vehículo C-7925-BG, con remolque OU-01358-R, procedentes da explotación LU008002, sita na Pobra de Trives, con destino ó matadoiro da Pobra de Trives, non presentando no momento do control o preceptivo libro-rexistro de movemento e compravenda de gando, onde ten que indica-los datos da explotación de orixe e a identificación dos animais e o seu destino.

Tipificación da infracción: artigo 10 da Orde do 23 de agosto de 1995 (DOG nº 169, do 4 de setembro).

Sanción: multa de 10.000 de pesetas, de conformidade co artigo 206 a) do Regulamento de epizootias.