Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 04 de xullo de 2001 Páx. 9.015

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de permiso de investigación Valverde, nos concellos de Gondomar e Nigrán (provincia de Pontevedra), por parte de Granitos Porrisal, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, fai saber que Granitos

Porrisal, S.L., con domicilio en Budiño, Mosteiro, O Porriño, presentou nesta delegación provincial, o día 20 de setembro de 2000, instancia-solicitude de permiso de investigación Valverde de 22 cuadrículas mineiras para recursos, de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Gondomar e Nigrán, da provincia de Pontevedra, e a que lle correspondeu o nº 2908, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 43' 40''42º 09' 20''

Vértice 28º 42' 00''42º 09' 20''

Vértice 38º 42' 00''42º 07' 40''

Vértice 48º 42' 20''42º 07' 40''

Vértice 58º 42' 20''42º 07' 00''

Vértice 68º 42' 40''42º 07' 00''

Vértice 78º 42' 40''42º 08' 20''

Vértice 88º 43' 20''42º 08' 20''

Vértice 98º 43' 20''42º 08' 00''

Vértice 108º 43' 40''42º 08' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo, non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 24 de maio de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra