Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 04 de xullo de 2001 Páx. 9.017

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncian as adxudicacións polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto, trámite de urxencia e como anticipado de gasto, do servicio de limpeza e mantemento de extintores en diversos centros dependentes desta delegación provincial.

Para os efectos previstos no artigo 89 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta delegación provincial acorda darlle publicidade á adxudicación dos contratos do servicio de limpeza que se indican, para os que se anunciara a súa licitación por Resolución do 1 de febreiro de 2001 (DOG nº 40, do 26 de febreiro):

Expediente 1/00: Casa do Mar de Ferrol:

Empresa: Linorsa.

Orzamento de adxudicación: 836.317 pesetas/mes (5.026,37euros/mes).

Expediente 2/00: Casa do Mar de Aguiño.

Empresa: Linorsa.

Orzamento de adxudicación: 141.784 pesetas/mes (852,15 euros/mes).

Expediente 3/00: Casa do Mar de Ribeira.

Empresa: Limpiezas Compostela, S.L.

Orzamento de adxudicación: 113.680 pesetas/mes (683,23 euros/mes).

Expediente 4/00: Centro Base de Ferrol.

Acórdase deixar deserta a adxudicación do concurso de acordo cos artigos 88 e 89 do Real decreto lexislativo 2/2000.

Expediente 5/00: mantemento material contra incendios.

Empresa: Aficón, S.L.

Orzamento de adxudicación: 917.560 pesetas/ano (5.514,65 euros/ano).

A Coruña, 30 de maio de 2001.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña