Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.894

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de parque eólico de Ameixeiras-Testeiros, situado nos concellos de Forcarei, Lalín (Pontevedra) e O Irixo (Ourense), promovido por Gamesa Energía, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 24 de xaneiro de 2001 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico de Ameixeiras-Testeiros, nos concellos de Forcarei, Lalín (Pontevedra) e O Irixo (Ourense), promovido por Gamesa Energía, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria

Declaración de impacto ambiental

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopa a presentada pola empresa promotora:

* Parque eólico de Ameixeiras-Testeiros. Proxecto de execución. Outubre de 1999.

* Parque eólico de Ameixeiras-Testeiros. Estudio de impacto ambiental. Novembro de 1999.

* Estudio faunístico e cartografía de vexetación da Serra de Candán. Setembro de 2000.

* Coordenadas dos aeroxeradores do P.E. Ameixeiras-Testeiros.

* Aclaración relativa as coordenadas dos aeroxeradores.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer por esta DIA as seguintes condicións, ademais das incluídas no estudio de impacto ambiental, de xeito que se asegure a minoración dos posibles impactos ambientais negativos, co fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.

No caso de que exista contradicción entre o indicado na documentación presentada polo promotor e o establecido nesta declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

Condicionado.

1. Ámbito da declaración.

Esta declaración refírese en exclusiva á instalación e explotación dun parque eólico de 49,5 MW de potencia total, nos concellos de Forcarei e Lalín (Pontevedra) e O Irixo (Ourense), constituído por 75 aeroxeradores modelo Gamesa G 47 de 660 kW de potencia unitaria, distribuídos en varias aliñacións dentro do polígono definido polas seguintes coordenadas U.T.M.:

Vértice XVértice Y

563.5004.708.000

564.0004.707.500

564.0004.710.000

563.5004.711.000

563.5004.711.500

564.0004.711.500

564.5004.711.000

564.5004.711.500

564.0004.712.000

564.0004.713.000

565.0004.712.000

566.0004.711.500

566.5004.711.500

566.5004.713.000

564.0004.714.500

564.5004.715.000

567.0004.714.000

Vértice XVértice Y

567.0004.711.000

566.0004.711.000

566.5004.709.500

565.5004.710.000

565.0004.709.500

565.0004.707.000

562.0004.707.000

Exclúese do ámbito desta DIA o anaco de poligonal correspondente á zona das Ameixeiras, no que non está proxectada a instalación de aeroxeradores nin a construcción de infraestructuras, de acordo co escrito do promotor con data do 15 de decembro de 2000, e definido polas seguintes coordenadas U.T.M:

Vértice XVértice Y

559.0004.712.000

560.5004.712.000

561.5004.711.000

560.0004.710.000

559.5004.709.000

562.5004.711.000

562.5004.710.500

562.0004.709.500

562.5004.709.500

562.5004.708.500

Vértice XVértice Y

561.5004.708.000

562.0004.707.000

561.0004.707.000

560.5004.707.500

559.5004.707.500

559.0004.707.000

557.5004.707.000

558.0004.708.000

559.0004.708.000

559.0004.709.000

559.5004.711.000

Tendo en conta o exposto no punto 5.1 desta DIA, procederase á relocalización dos aeroxeradores A-38 a A-44 e as súas infraestructuras asociadas, debido a que estes lugares supoñen unha fragmentación excesiva das áreas de campa da avifauna de maior valor ecolóxico presente na zona.

Os aeroxeradores A-45 a A-48, A-73 e A-74 localizaranse nas novas posicións definidas no documento Aclaración relativa ás coordenadas dos aeroxeradores, con data do 23 de xaneiro de 2001. Así mesmo, tendo en conta o exposto no devandito documento, a posición do aeroxerador A-75 proporase xunto coa dos aeroxeradores indicados no parágrafo anterior.

A localización e as coordenadas U.T.M. dos aeroxeradores A-38 a A-44 e A-75, así como o trazado das gabias do cableado e vías de acceso a estes estableceranse unha vez sexa recibida, avaliada e informada favorablemente a documentación requirida no punto 10.1 desta DIA.

Tendo en conta que o parque está constituído como máximo por 75 aeroxeradores, a posición de reserva denominada R-1, recollida no documento do 23 de xaneiro de 2000, poderá ser empregada para a relocalización dun dos aeroxeradores indicados no parágrafo anterior.

A localización dos aeroxeradores e infraestructura asociada ó parque eólico será a que se recolle nos planos Planta de distribución xeral. Parque eólico Festeiros (As Ameixeiras-Testeiros). Plano nº 6353-200-T. Follas nº 1 a 4 do estudio ambiental, agás para o indicado nos parágrafos anteriores.

As coordenadas U.T.M. dos 67 aeroxeradores que presentan unha localización definida, en función do exposto nos parágrafos precedentes, son as seguintes:

AeroxeradorU.T.M. XU.T.M. Y

A-1564561.6684707532.183

A-2564533.1784707693.008

A-3564481.0804707846.638

A-4564508.2154708109.668

AeroxeradorU.T.M. XU.T.M. Y

A-5564578.8734708359.975

A-6564601.9664708621.103

A-7564628.4794708882.757

A-8564541.5824709036.305

A-9564551.6544709285.878

A-10564563.2654709475.798

A-11564662.1974709687.769

A-12564706.0984709843.885

A-13564750.0004710000.000

A-14564865.5154710108.148

A-15564958.5024710227.037

A-16565035.5224710335.402

A-17565146.6964710440.227

A-18565249.0024710540.714

A-19565395.5314710652.805

A-20565456.1804710785.970

A-21565497.1744710942.390

A-22565490.1104711113.406

A-23565343.1454711282.304

A-24565273.9274711403.728

A-25565188.8924711499.809

A-26565021.3214711577.032

A-27564930.7264711720.240

A-28564815.6834711819.318

A-29564699.2564711919.253

AeroxeradorU.T.M. XU.T.M. Y

A-30564567.1364712037.308

A-31564495.7784712148.592

A-32564407.0274712246.519

A-33564324.5484712346.083

A-34564271.5074712465.075

A-35564223.4304712589.646

A-36564173.5454712711.071

A-37564073.8144712795.819

A-45566988.5004711646.375

A-46566971.1254711792.750

A-47566959.5004711971.500

A-48566973.0234712122.795

A-49567000.0004712230.000

A-50566930.0824712362.729

A-51566834.9094712491.346

A-52566739.7364712619.962

A-53566644.5644712748.578

A-54566640.7404712908.533

A-55566636.9174713068.487

A-56566565.6134713211.720

A-57566454.4104713354.590

A-58566316.6914713415.914

A-59566192.9984713517.403

A-60566069.3054713618.892

A-61565981.3654713734.759

A-62565895.9944713865.931

A-63565791.2574713975.108

A-64565665.5554714058.054

AeroxeradorU.T.M. XU.T.M. Y

A-65565519.2504714090.204

A-66565372.9464714122.353

A-67565227.3114714149.100

A-68565089.4514714211.236

A-69564970.2864714304.025

A-70564872.0754714418.263

A-71564810.0004714630.000

A-72564770.0004714770.000

A-73564631.4184714927.064

A-74564504.6384714977.761

2. Protección da atmosfera.

2.1. Sobre a emisión de po.

Nos períodos de seca procederase á humectación das zonas onde se estean a realizar movementos de terras, co fin de evita-lo levantamento excesivo de po, limitando así mesmo estas operacións ós períodos nos que a velocidade do vento sexa inferior a 10 km/h, tal como se indica no estudio ambiental.

2.2. Sobre a contaminación acústica.

Os niveis de presión sonora no parque e nas vivendas máis próximas dos núcleos habitados da Moa, A Portela, Santa María de Zobra, Acevedo, As Liñeiras, A Trigueira e Cabral non poderán supera-los valores límite de recepción para ruído do ambiente exterior establecidos no artigo 8 do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, así como, se é o caso, o establecido nas ordenanzas municipais ó respecto.

Para tal fin, realizarase un seguimento do nivel de ruído durante as fases de construcción e funcionamento do parque, polo que o promotor deberá presentar unha proposta de estudio acústico, de acordo co disposto no artigo 11 do Decreto 150/1999, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación acústica, segundo o requirido no punto 10.2 desta DIA.

3. Protección das augas e leitos fluviais.

Calquera actuación ou afección nas zonas de servidume e policía dos cursos de auga precisará da autorización de Augas de Galicia, segundo se establece na Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas, e no R.D. 849/1986, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, axustándose ás directrices do Plan hidrolóxico de Galicia-Costa. Neste sentido, tamén é necesaria a autorización de captación de auga para o seu uso no edificio de control.

Non se acumularán terras, entullos, refugallos de obra nin calquera outro tipo de materiais ou substancias nas zonas de servidume dos cursos fluviais, para evita-la súa incorporación ás augas no caso de escorrega superficial, chuvias ou enchentas do caudal. Non está permitido a lavada de maquinaria e materiais nos cursos de auga.

Non estando previsto no estudio ambiental presentado a reserva dunha zona para a fabricación de formigón, este necesariamente será provisto desde planta ou plantas localizadas fóra da obra, e que conten coas debidas autorizacións.

As instalacións de obra situaranse afastadas de calquera zona hidromorfa (temporal ou permanente) ou curso de auga, reflectindo a localización prevista no plano requirido no punto 10.1 desta DIA.

Os labores de mantemento e reparación da maquinaria durante a fase de construcción realizaranse en talleres autorizados, eliminando así o risco de contaminación por derrames accidentais. Cando isto non sexa posible polas características da maquinaria (non autorizada para circular por estradas, por exemplo), estas tarefas realizaranse na zona destinada a instalacións de obra, protexendo o solo con materiais impermeables.

Os aceites, graxas e outros residuos xerados nestas tarefas de mantemento deberán ser recollidos en contedores axeitados e entregados a un xestor autorizado debidamente acreditado. Mentres non se produza a entrega ó xestor, estes contedores almacenaranse na zona destinada a instalacións de obra, atendendo ós criterios de almacenamento establecidos na lexislación vixente e sinalizando claramente a súa presencia.

Na fase de funcionamento, os aceites dos transformadores eléctricos, graxas e calquera outro residuo que se poida xerar, deberá ser xestionado conforme a súa natureza, recibindo o tratamento disposto na lexislación vixente. Os contedores almacenaranse no edificio de control ata a súa entrega ó xestor. Respecto dos residuos perigosos xerados, o promotor deberá tramita-la correspondente inscrición no rexistro de pequeno productor de residuos perigosos.

Tal como se indica no proxecto, as augas residuais xeradas nos servicios hixiénicos do edificio de control serán levadas ata a fosa séptica prevista, que se deberá limpar periodicamente, xestionando os lodos obtidos conforme o estipulado regulamentariamente.

Co fin de controlar que a calidade das augas non resulte afectada, tanto na fase de obras como na de funcionamento realizarase un seguimento específico da súa calidade, polo que o promotor deberá presentar unha proposta de plan para o control da calidade das augas, de acordo co requirido no punto 10.3 desta DIA.

4. Protección do solo.

Realizarase un control topográfico preciso dos límites das zonas de obras e un balizamento previo destes, estando prohibido invadir terreos fóra dos inicialmente proxectados. O balizamento de obra manterase en perfecto estado durante o seu transcurso, e será retirado cando esta finalice. A circulación de maquinaria no parque restrinxirase ás vías.

As infraestructuras asociadas á construcción do parque eólico executaranse segundo as especificacións contidas no proxecto de execución parque eólico de Ameixeiras-Testeiros. Outubro 1999, non podendo supera-los valores sinalados para cada unha delas.

Nos movementos de terras equilibrarase ó máximo o volume de desmonte co de terraplén. En calquera caso, se tralo recheo das gabias do cableado e dos ocos da cimentación dos aeroxeradores existise aínda material sobrante das escavacións, será levado e depositado en lugar autorizado por órgano competente. Así mesmo, no caso de se precisaren materiais de préstamo, deberán te-la súa procedencia debidamente acreditada.

Tódolos residuos xerados durante a fase de construcción, lixo, entullos, así como os materiais sobrantes de obra, serán xestionados de acordo coa súa natureza e retirados cando esta finalice, recibindo o tratamento disposto na lexislación vixente. Neste sentido, primarase a reciclaxe ou reutilización fronte á vertedura.

A realización do proxecto deberá respecta-la Lei 4/1994, de estradas de Galicia, no que se refire ó uso e defensa destas. Calquera tipo de obra que afecte ós terreos comprendidos na área de influencia das estradas requirirá expresa autorización do órgano competente da Administración titular da estrada.

5. Protección da fauna, vexetación e hábitats.

5.1. Sobre a fauna.

Respecto á avifauna, tanto na fase de construcción como na de funcionamento realizaranse comprobacións periódicas que permitan determina-la existencia ou non de afeccións sobre os seus efectivos poboacionais e detectar posibles cambios no comportamento e usos do hábitat, producidos pola construcción e presencia do parque eólico.

Para tal efecto, elaborarase un plan de seguimento e vixilancia da incidencia do parque sobre a avifauna, de acordo co requirido no punto 10.5 desta DIA.

Así mesmo, tendo en conta que os aeroxeradores A-38 a A-44 supoñen unha fragmentación excesiva das áreas de campa da avifauna de maior valor ecolóxico presente na zona, denominados bufo real (Bubo bubo), falcón peregrino (Falco peregrinus), aguia real (Aquila chrysaetos), tartaraña (Circus pygargus), aguia albela (Circaetus gallicus), gatafornela (Circus cyaneus) e sisón (Tetrax tetrax), estímase a súa relocalización noutras zonas nas que non interfiran nestas áreas de campa.

Con respecto a outros vertebrados, dada a importante presencia de morcegos na zona, realizarase un seguimento da posible incidencia do parque sobre as súas poboacións, polo que deberá presentarse o correspondente plan de seguimento, de acordo co requirido no punto 10.6 da DIA.

5.2. Sobre a vexetación.

A eliminación da vexetación nas diferentes zonas afectadas polas obras reducirase ó estrictamente necesario, efectuándose sempre mediante sistemas de roza.

Calquera aproveitamento, utilización ou modificación da vexetación de ribeira precisará da preceptiva autorización ou informe, segundo o caso, do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural, tal como se establece na Lei 7/1992, de pesca fluvial, e no Decreto 130/1997, que desenvolve o regulamento da antedita lei.

Previamente á corta de arboredo realizarase a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso, conforme o disposto no Regulamento de montes.

Será preciso xestiona-la biomasa vexetal eliminada, primando a súa valorización, tendo en conta que non se pode proceder á queima destes restos. No caso de que sexa depositada sobre o terreo, deberá procederse á súa trituración e espallamento homoxéneo, para permitir unha rápida incorporación ó solo e diminuí-lo risco de incendios forestais.

5.3. Sobre os hábitats naturais.

Dado o importante desenvolvemento da rede hidrolóxica na área do parque, e a súa directa relación co mantemento das características ecolóxicas das formacións de breixeiras de zonas mornas presentes na zona, as accións de obra levaranse a cabo con especial coidado nas áreas de influencia destas formacións.

No mesmo sentido, as drenaxes transversais das vías distribuiranse de xeito que non se modifique o actual réxime hídrico da zona, en especial no contorno dos aeroxeradores A-1 a A-7. Indicarase e xustificarase a localización de tódolos dispositivos de drenaxe previstos e realizarase un control do seu funcionamento, de acordo co requirido no punto 10.4 desta DIA.

O achegamento das augas de drenaxe de pluviais á rede hidrográfica farase gradualmente, instalando sistemas de disipación de enerxía co fin de evitar modificacións do caudal habitual dos regos, erosións, deposición de sólidos ou asolagamentos na súa traxectoria de incorporación ós cursos naturais.

6. Protección do patrimonio cultural.

En todo o ámbito do parque eólico deberá realizarse un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, execución de obra e restitución dos terreos, polo que, previamente ó inicio das obras, se elaborará un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Con base nos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Na fase de

replanteo revisaranse os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

7. Protección dos valores paisaxísticos.

Tal como se indica no estudio ambiental, empregaranse cores pouco rechamantes e tons mate no acabado dos aeroxeradores e as liñas eléctricas previstas no interior do parque, tanto en baixa como en media tensión, así como as de telemando, telefónicas, etcétera, estarán soterradas.

No edificio de control, nas zonas previstas, o paramento exterior será a base de granito silvestre. Así mesmo, a pintura nas zonas non cubertas de granito terá tons mate e cor pouco rechamante.

O desenvolvemento do plan de restauración requirido no punto 10.7 desta DIA, xunto co seguimento posterior da súa efectividade, deberá garanti-la integración paisaxística das restantes infraestructuras do parque eólico.

8. Outras medidas.

Co fin de evitar posibles colisións de aeronaves cos aeroxeradores do parque, deberanse instalar torres con balizas de sinalización, de acordo coa normativa OACI (Organización de Aviación Civil Internacional), de tal xeito que delimiten e definan as aliñacións dos aeroxeradores.

9. Restauración.

Tódolos terreos afectados pola execución das obras deberán ser recuperados mediante revexetación que restitúa na medida do posible a vexetación autóctona presente na zona, garantindo o seu mantemento ó longo do tempo.

Para tal fin, conforme o requirido no punto 10.7 desta DIA, presentarase un proxecto de restauración que inclúa a descrición detallada de tódalas accións que se vaian realizar, localización e extensión das superficies que se vaian restaurar, volume, situación, criterios de protección e mantemento dos abastecementos de terra vexetal, xustificación da selección de especies que se vaian empregar, densidade, doses e metodoloxía da revexetación, programa de actuacións e plan de seguimento da súa efectividade.

O programa de execución contemplará unha actuación progresiva, de xeito que se desenvolva conforme as diferentes superficies para restaurar acaden o seu estado definitivo, co fin de controla-los fenómenos erosivos, arrastre de materiais e lograr unha maior integración paisaxística das zonas alteradas desde un principio.

Así mesmo, o proxecto de restauración incluirá tódalas actuacións previstas na fase de desmantelamento e abandono do parque unha vez rematada a vida útil da instalación, tendo en conta os usos futuros da área afectada.

10. Documentación adicional.

Previamente ó inicio das obras, no prazo máximo de tres (3) meses desde a notificación desta DIA, o promotor presentará perante o órgano substantivo, quen dará traslado a esta dirección xeral para a súa valoración e, se procede, imposición de medidas protectoras e/ou correctoras adicionais que se deriven, catro (4) exemplares da seguinte documentación:

10.1. Documento técnico que recolla as modificacións que se van introducir no proxecto para dar cumprimento ó punto 5.1 desta DIA, respecto da redistribución dos aeroxeradores A-38 a A-44, así como do trazado de vías e gabias do cableado relacionados con estes aeroxeradores. Incluirase unha lista de coordenadas U.T.M. dos aeroxeradores na súa localización final proposta. Neste documento deberase incluí-la proposta de localización alternativa do aeroxerador A-75, segundo o indicado no punto 1 da DIA.

Así mesmo, sen prexuízo dos planos de detalle que se considere oportuno incluír, débese xuntar un plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas U.T.M., no que se reflictan tódalas infraestructuras e instalacións proxectadas no parque, de acordo co indicado no punto 1 desta DIA, xunto coa localización prevista para as instalacións de obra.

10.2. Estudio acústico para o control das emisións durante as fases de construcción e funcionamento do parque, conforme o indicado no punto 2.2 desta DIA. Terase en conta que debe incluí-la realización dunha medición na fase preoperacional. As medicións deben ser efectuadas por entidade homologada e os informes de resultados presentaranse asinados por técnico desa entidade.

10.3. Proposta dun plan para o control da calidade das augas na área do parque, durante as fases de construcción e funcionamento, segundo o indicado no punto 3 desta DIA. Conterá, como mínimo, os seguintes puntos:

* Descrición detallada da rede hidrográfica na área do parque, tanto permanente como estacional, localización e descrición das afeccións previstas e medidas protectoras e correctoras que se van aplicar. A devandita información reflectirase, ademais, nun plano en planta a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas U.T.M.

* Proposta xustificada de puntos de control para a recolla de mostras, parámetros mínimos que se van analizar e técnica analítica empregada.

* Frecuencia da toma de mostras, tanto na fase de obras como na de funcionamento do parque. Terase en conta que previamente ó inicio das obras se realizará unha primeira campaña co obxecto de dispor dun branco que permita a comparación coas posteriores analíticas. Comunicarase a esta dirección xeral a data prevista para a toma do branco, co obxecto de realizar, se é o caso, unha mostraxe simultánea

por parte da Consellería de Medio Ambiente. Tódalas analíticas serán realizadas por laboratorio homologado.

10.4. Proposta dun plan para o control do funcionamento da rede de drenaxe na área do parque, tanto na fase de obras como na de funcionamento, en relación cos hábitats naturais presentes na zona, de acordo co indicado no punto 5.3 desta DIA. Indicarase e xustificarase a localización de tódolos dispositivos de drenaxe previstos, reflectíndoos nun plano en planta a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas U.T.M., con indicación dos fluxos de auga e a área drenada en relación coas infraestructuras proxectadas.

10.5. Proposta dun plan de seguimento e vixilancia da incidencia do parque eólico sobre as poboacións de aves, conforme o indicado no punto 5.1 desta DIA. Recollerá, como mínimo, os seguintes puntos:

* Descrición e xustificación da metodoloxía empregada nos censos poboacionais e a localización de aves accidentadas por colisión, co fin de detectar situacións de risco producidas pola presencia do parque, para o que deberán definirse límites de alerta e inadmisibles, así como da aparición do efecto baleiro, que indiquen a necesidade de adopción de medidas correctoras específicas.

* Definición de medidas protectoras, correctoras, ou, se é o caso, compensatorias que se van adoptar en función das situacións de risco indicadas no punto anterior.

* Indicación da frecuencia das visitas de comprobación, tendo en conta a fenoloxía das especies incluídas no plan vixilancia, que deberá centrarse nas reflectidas no documento Estudio faunístico e cartografía de vexetación da Serra de Candán. Setembro de 2000, sen obvia-las migratorias e aquelas de interese cinexético. Terase en conta a realización de campañas preoperacionais para aquelas especies non caracterizadas no devandito documento.

* Método de rexistro, tratamento e presentación dos resultados obtidos, estimación de índices de colisión e a súa variación estacional e estudio de voo que caracterice a frecuencia, variación horaria e variación estacional dos movementos de aves na zona de instalación do parque.

10.6. Proposta dun plan de seguimento e vixilancia da incidencia do parque sobre as poboacións de quirópteros, que conterá, como mínimo, os seguintes puntos:

* Descrición e xustificación da metodoloxía empregada nas prospeccións poboacionais e a localización de quirópteros accidentados, indicando a frecuencia das visitas de comprobación.

* Definición de situacións de risco que indiquen a necesidade de adopción de medidas correctoras específicas, que deberán definirse en función dos límites establecidos no plan.

10.7. Proxecto de restauración, de acordo co indicado nos puntos 7 e 9 desta DIA, integrado por memoria, planos, prego de condicións e orzamento, que deberá incluí-las medicións, cadro de prezos unitarios, unidades de obra con prezos descompostos, orzamentos parciais, orzamento total de execución material e orzamento total de execución por contrata.

10.8. Estudio infográfico do parque eólico, xunto cun plano no que se localicen os puntos de toma das fotografías que se empreguen como base para a fotomontaxe e se indique o ángulo aproximado abranguido por cada unha das imaxes. No plano sobreimpresionaranse a poligonal do parque, os aeroxeradores, a subestación e as vías proxectadas. Incorporarase tamén un estudio detallado de cuncas visuais, facendo especial fincapé no Mosteiro de Santa María de Aciveiro e arredores, no que se inclúa as medidas de integración paisaxística que atenúen os impactos na zona.

10.9. Copia da autorización do proxecto arqueolóxico para a realización do control e seguimento arqueolóxico durante a fase de obras, conforme o indicado no punto 6 desta DIA. En ningún caso poderán iniciarse as obras sen a autorización expresa da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, respecto do indicado neste punto.

Unha vez avaliada a antedita documentación, remitiráselle ó promotor o seu resultado, e non se poderá proceder ó inicio das obras ata que non conte co informe favorable da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Previamente á fase de replanteo da obra, comunicaráselle a esta dirección xeral a data ou datas previstas para a súa realización.

Unha vez informado por esta dirección xeral o cumprimento do indicado nos puntos anteriores, o promotor comunicará a esta dirección xeral a data de inicio das obras, remitindo como mínimo 48 horas antes do seu comezo o cronograma de obras actualizado, que inclúa tódalas actividades que se vaian realizar, a execución das instalacións de obra e as medidas protectoras e correctoras.

11. Programa de vixilancia e seguimento ambiental (PVSA).

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras recollidas no estudio ambiental e do condicionado desta declaración. O programa debe permitir detectar, cuantificar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudio ou no condicionado da DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Tendo en conta o anterior, o promotor remitirá á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo e coa periodi

cidade indicada, catro (4) exemplares da seguinte documentación:

11.1. Durante a execución das obras, e con carácter mensual, presentarase:

a) Cronograma de obras debidamente actualizado, con tódalas actividades, incluíndo as medidas protectoras e/ou correctoras de carácter ambiental.

Con carácter trimestral presentarase un informe de obras que inclúa:

b) Resultados das medicións do nivel de ruído, en plena actividade, indicando persoal de obra e maquinaria en funcionamento durante a realización da medición.

c) Resultados e conclusións das analíticas para o control da calidade das augas e resultados do control do funcionamento da rede de drenaxe. As analíticas serán efectuadas por laboratorio homologado.

d) Informe, xunto con reportaxe fotográfica, onde se describa o desenvolvemento dos traballos, resultados da aplicación das medidas protectoras e correctoras, controis ambientais efectuados de acordo co plan de vixilancia proposto polo promotor e o establecido nesta DIA, incidencias ou imprevistos acontecidos, e que reflicta o cumprimento das condicións impostas nesta DIA, en relación con tódolos aspectos incluídos ou derivados dela. Nas fotografías deberase indica-la data e hora de toma.

e) Plano en planta a escala 1:5.000 ou maior detalle, en coordenadas U.T.M., onde se reflicta a situación real das obras e porcentaxe de execución respecto ó total, referido ós distintos elementos que conforman o proxecto: vías, drenaxes, aeroxeradores, gabias para a conducción do cableado, subestación e edificio de control, etcétera.

11.2. Ó final das obras comunicarase a data prevista para a posta en funcionamento do parque e presentarase, no prazo máximo de dous (2) meses desde o remate dos traballos, un informe fin de obras, co seguinte contido mínimo:

a) Definición das incidencias ou imprevistos acontecidos desde a emisión do último informe de obras, cos contidos indicados no devandito punto 11.1º.d), indicando así mesmo o destino dos sobrantes de terras no caso de se produciren, xestión aplicada á biomasa vexetal e descrición detallada do estado final da área afectada en relación con tódolos aspectos incluídos no estudio ambiental e no condicionado desta DIA.

b) Reportaxe fotográfica que amose os aspectos máis salientables da actuación: zonas nas que se implantaron os aeroxeradores, subestación e edificio de control, estado das vías, noiros e foxos, gabias do cableado, drenaxes, estado de limpeza da área, en especial da zona destinada a instalacións de obra, etcétera, así como das zonas onde se efectuaron medidas protectoras e correctoras.

c) Documentación acreditativa da entrega a xestor autorizado dos residuos xerados.

d) Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas U.T.M., que reflicta a situación real de tódalas instalacións e infraestructuras do parque, correspondente a un levantamento topográfico da obra realizada, indicando, así mesmo, as zonas onde se realizaron medidas protectoras e/ou correctoras de carácter ambiental.

11.3. Seguimento ambiental semestral, contado desde o inicio da explotación e durante os dous primeiros anos desta. Este informe incluirá, como mínimo, os seguintes contidos:

a) Resultados das medicións do nivel de ruído na fase de funcionamento do parque, indicando o número de aeroxeradores en marcha durante a medición e a duración desta. Os resultados da primeira medición realizada serán remitidos no momento en que sexan obtidos.

b) Resultados e conclusións da campaña de análise da calidade das augas trala finalización das obras de construcción e resultados do control do funcionamento da rede de drenaxe.

c) Resultados do plan de seguimento de avifauna e quirópteros, conforme o indicado no punto 5.1 desta DIA.

d) Documentación acreditativa da inscrición no rexistro de pequenos productores de residuos perigosos.

e) Informe, xunto con reportaxe fotográfica, no que se recollan os resultados do desenvolvemento do proxecto de restauración, incluíndo os avances e incidencias no proceso de rexeneración da cuberta vexetal, estado das drenaxes, vías, noiros, foxos, gabias do cableado e aquelas zonas nas que se aplicasen medidas de protección contra a erosión, así como detalle dos controis ambientais efectuados de acordo co plan de vixilancia proposto polo promotor, e das incidencias en relación con tódolos aspectos incluídos na DIA.

11.4. Seguimento ambiental anual: presentarase a partir do segundo ano de explotación e terá os mesmos contidos có informe descrito no punto anterior.

11.5. Informe ambiental previo ó abandono: no prazo de seis (6) meses previos á finalización da explotación do parque remitirase o cronograma previsto das actuacións de desmantelamento e abandono das instalacións. Se é o caso, xuntarase un informe indicando as posibles variacións respecto do previsto no proxecto de restauración, xunto coa súa xustificación.

11.6. Informe posterior ó abandono: no prazo máximo de dous (2) meses, contados desde a fin das accións para o desmantelamento e abandono da instalación, remitirase un informe que conteña a descrición detallada das accións levadas a cabo, con especial mención á xestión aplicada ós diferentes residuos procedentes do desmantelamento e á restauración das superficies afectadas. Xuntarase de

reportaxe fotográfica que reflicta o estado final da área unha vez rematados os labores de abandono e realizada a oportuna revexetación.

No caso de que se detecten, como resultado deste seguimento en calquera das súas fases, alteracións que superen os límites establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, comunicaranse inmediatamente a esta dirección xeral e proporanse as medidas correctoras precisas para corrixilas.

12. Condicións adicionais.

12.1. Para efectos de seguimento desta declaración, o órgano substantivo comunicará a este órgano ambiental a data de notificación da DIA ó promotor.

12.2. As condicións sinaladas nesta declaración de impacto ambiental (DIA) son de obrigado cumprimento para a empresa promotora. Nembargantes, o promotor poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas indicadas, co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación, ou implicasen modificacións importantes na actividade, e sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican na DIA.

Nesta circunstancia, o promotor realizará a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Esta solicitude remitirase nun prazo máximo dun (1) mes despois de serlle notificada esta DIA polo órgano substantivo. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental procederá á súa avaliación, comunicando o acordo adoptado ó promotor, quen non poderá comeza-las obras antes de contar cunha resolución desta dirección xeral para o efecto.

12.3. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento desta declaración, o promotor deberá designar un responsable do control deste, notificando o seu nomeamento ó órgano substantivo, quen o comunicará ó órgano ambiental.

12.4. Calquera cambio que se pretenda introducir respecto da documentación avaliada deberá ser notificado previamente, a través do órgano substantivo, á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen o avaliará e decidirá sobre a súa aceptación, comunicando, así mesmo, se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

12.5. Previamente ó inicio das obras, o promotor deberá depositar un aval para garanti-lo cumprimento das medidas correctoras e para facer fronte ós posibles danos que se poidan causar ó ambiente, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental.

Proponse como importe provisional do aval, que deberá fixa-lo órgano substantivo, o 4% do inves

timento previsto, ascendendo á cantidade de dous centos sesenta e catro millóns oitocentas trinta e nove mil trescentas vintecatro (264.839.324) pesetas. O importe definitivo do aval proporase cando o promotor presente o orzamento do proxecto de restauración requirido no punto 10.7 desta DIA.

12.6. O órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá establecer, en calquera momento e só para os efectos ambientais, condicionados adicionais a esta declaración, en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como na fase de explotación, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non considerado actualmente.

12.7. Se unha vez emitida esta declaración se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o ambiente, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos e ata que estes sexan corrixidos.

12.8. Así mesmo, o incumprimento total ou parcial por parte da empresa promotora das condicións impostas nesta DIA, poderá ser causa suficiente para proceder á solicitude de peche cautelar e a adopta-las medidas oportunas en cumprimento da lexislación vixente.

12.9. Esta resolución, adoptada por esta dirección xeral, non exime o promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, para levar a cabo a actividade ou modificacións desta, incluídos, se é o caso, os da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural e o Plan Seral de Ordenación Urbana ou normas subsidiarias.

12.10. O proxecto de referencia terase que someter á autorización do órgano urbanístico competente desta Administración autonómica, de acordo coa Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

12.11. O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

ANEXO I

Resumo do proxecto

O proxecto denominado parque eólico Ameixeiras-Testeiros. Novembro de 1999, promovido por Gamesa Energía, S.A., consiste na instalación e explotación dun parque eólico composto por 75 aeroxeradores e a súa infraestructura asociada, nos concellos de Forcarei e Lalín (Pontevedra) e O Irixo (Ourense).

Os aeroxeradores disporanse en varias aliñacións ó longo da Serra do Candán e Zobra, nos lugares coñecidos como A Madanela, Pardesoa, Zobra, Lebozán, Espiñeira e O Regueiro. A área de afección

inclúese no interior do polígono definido polas seguintes coordenadas U.T.M.:

Vértice XVértice Y

559.0004.712.000

560.5004.712.000

561.5004.711.000

560.0004.710.000

559.5004.709.000

562.5004.711.000

562.5004.710.500

562.0004.709.500

562.5004.709.500

562.5004.708.500

561.5004.708.000

562.0004.707.000

563.5004.708.000

564.0004.707.500

564.0004.710.000

563.5004.711.000

563.5004.711.500

564.0004.711.500

564.5004.711.000

564.5004.711.500

564.0004.712.000

564.0004.713.000

565.0004.712.000

566.0004.711.500

566.5004.711.500

566.5004.713.000

564.0004.714.500

564.5004.715.000

567.0004.714.000

567.0004.711.000

566.0004.711.000

566.5004.709.500

565.5004.710.000

565.0004.709.500

Vértice XVértice Y

565.0004.707.000

562.0004.707.000

561.0004.707.000

560.5004.707.500

559.5004.707.500

559.0004.707.000

557.5004.707.000

558.0004.708.000

559.0004.708.000

559.0004.709.000

559.5004.711.000

As características básicas do proxecto presentado son as seguintes:

Número de aeroxeradores: 75.

Modelo: Gamesa G 47.

Potencia unitaria por aeroxerador: 660 kW.

Potencia total instalada: 49,5 MW.

Altura das torres: 55 m.

Diámetro do rotor: 47 m.

Producción neta anual prevista: 145.926 MWh/ano.

Investimento previsto (orzamento de execución material): 6.620.983.104 ptas.

A obra civil inclúe a creación duns 18.590 m de vías de acceso e servicio ós aeroxeradores, cunha largura de rodadura de 5 m, dotados de foxos e drenaxes transversais, labores de cimentación dos aeroxeradores e escavación duns 26.901 m de gabias para a conducción do cableado. A duración estimada da fase de obras é de 12 meses.

Tamén está proxectada a construcción dunha subestación transformadora de tensión 20/220 kV e o edificio de control do parque, dotado de dúas plantas. Segundo se indica no proxecto, a liña aérea de alta tensión de 220 kV para evacuación da electricidade á rede xeral de transporte eléctrico será obxecto dun proxecto independente.

Medidas correctoras.

Prácticas xerais de obra: en tódalas accións de proxecto que se desenvolvan durante a fase de construcción do parque empregaranse unha serie de medidas preventivas para afecta-lo menos posible a calidade do aire, auga, vexetación, fauna e solos da zona: revisión da maquinaria, xestionando os residuos obtidos, limitación das operacións de carga e descarga de materiais, escavación e movementos de terra nos períodos nos que a velocidade do vento sexa inferior a 10 km/h, rega das superficies, sen xeración de vertedura líquida, para minimiza-la dispersión de po e partículas, reducción de productos de combustión mediante mantemento técnico da maquinaria.

Plan de xestión de verteduras e residuos: tódolos residuos xerados durante as obras ou ben os que procedan de desaugamentos e drenaxes durante a explotación serán xestionados axeitadamente.

Accesos: minimización da lonxitude de accesos novos, da intervención sobre hábitats naturais de calidade e a cuberta edáfica, deseño da traza e drenaxes, restauración de accesos temporais e integración das vías na tipoloxía constructiva da zona.

Outras: asistencia técnica ambiental e arqueolóxica na fase de replanteo, restauración das superficies afectadas, reposición e indemnización de danos,

balizamento previo dos elementos que deben ser protexidos, medidas anticolisión de aves (baixa velocidade de rotación, deseño das pas e torres), adecuación ó contorno, posta a terra dos elementos metálicos, vinculación ós pregos de condicións do contratista, das medidas correctoras, reposición de servicios, condicións finais de obra e plan de vixilancia ambiental. Información veciñal sobre o desenvolvemento dos traballos.

ANEXO II

Resumo dos informes

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite informe favorable do estudio de impacto ambiental do parque eólico Ameixeiras-Testeiros, cos seguintes condicionantes:

1. Realizarase un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, execución de obra e restitución dos terreos, en todo o ámbito do parque eólico. Para tal fin, e logo de inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

2. Con base nos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Na fase de replanteo revisaranse os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

3. Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

A Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural emite un informe conxunto sobre os efectos ambientais de distintas actuacións no espacio natural Serra do Candán, promovidas por Gamesa Energía, entre as que se atopa o parque eólico de referencia, indicando o seguinte:

Os distintos proxectos que se pretenden efectuar trátanse dunha serie de parques eólicos e liñas de alta tensión. A documentación sobre a que se emite informe está integrada por:

Parque eólico de Masgalán-Campo do Coco. Estudio de impacto ambiental.

Parque eólico de Ameixeiras-Testeiro. Estudio de impacto ambiental.

Estudio de impacto ambiental. L.A.T. 220 kV P.E. Ameixeiras-P.E. Masgalán.

Estudio de impacto ambiental. L.A.T. 220 kV P.E. Ameixeiras-P.E. Cando.

Ademais, entregouse un estudio que complementa a información relativa ó medio biótico na zona de actuación, denominado estudio faunístico e cartografía da vexetación da Serra do Candán.

As accións previstas no proxecto recaen, total ou parcialmente segundo o caso, na proposta de LIC denominada Serra do Candán. Esta proposta atópase, na actualidade, no Rexistro Seral de Espacios Naturais, establecido así na Orde do 28 de outubro de 1999. De conformidade con esta, nos espacios nela incluídos poderán seguir levándose a cabo de maneira ordenada os usos e actividades tradicionais; para o resto requirirase informe preceptivo e vinculante da Consellería de Medio Ambiente.

Dos parques previstos así como da liña para a evacuación de enerxía xerada obsérvase que, en case a súa totalidade, se inclúen dentro do espacio natural, ocupando unha gran proporción deste.

Esta inclusión produciuse como consecuencia de ser unha zona onde se enclavan importantes valores ambientais, así establecidos na Directiva Hábitat 92/43/CEE, a Directiva Aves 79/409/CEE, así como nas trasposicións destas á lexislación nacional.

Dentro dos valores ambientais significativos detectados cómpre destacar numerosas especies de aves, mamíferos, anfibios, réptiles, peixes, invertebrados, plantas, así como numerosos hábitats; estes últimos interveñen como elemento fundamental no ciclo vital dos anteriores.

A pesar de ser numerosas as especies de flora e fauna que presentan un mesmo rango de protección legal, a súa importancia na área veríase nesgada se só se empregase este criterio para valoralas. Débese ter en conta, ademais, a súa abundancia relativa e fraxilidade ante as accións previstas.

Pasa a continuación a expoñe-los elementos do medio con maior susceptibilidade, realizando unha comparación entre a información que a empresa promotora elaborou, denominada estudio faunístico e cartografía de vexetación da Serra do Candán, coa dispoñible na Administración. As conclusións coinciden en ámbalas dúas fontes de información, no que respecta á avifauna de maior interese: bufo real (Bubo bubo), falcón peregrino (Falco peregrinus), sisón (Tetrax tetrax), aguia real (Aquila chrysaetos) e rapina cinceta (Circus pygargus).

Unha vez expostos os principais valores ecolóxicos da área, cómpre face-las seguintes consideracións, co fin de minimizar no posible os impactos negativos, e sempre que se estime finalmente a implantación destes proxectos:

1. No relativo á rede hidrográfica cómpre facer unha serie de puntualizacións e propostas que se deben seguir:

É de interese que se faga un plano da rede hidrográfica natural e artificial actual, tanto permanente como estacional. Ademais representaranse, en planta, as distintas zonas de afección á rede; detallando nos correspondentes planos as características técnicas do deseño das accións (plantas, alzados e perfís). Tamén se sinalarán os factores do medio afectados, tanto directa como indirectamente (inventario cualitativo e cuantitativo dos factores ambientais

afectados e medidas adoptadas para corrixir, compensar ou elimina-la afección e estes).

Por outra banda, evitarase a vertedura de substancias contaminantes ós cursos de auga (cementos, entullos, aceites...). En xeral non poderá verse afectada a calidade das augas nas súas características físico-químicas e bióticas, cumprindo para iso o considerado na lexislación vixente de conformidade co disposto na Directiva 78/659/CEE, relativa á calidade das augas continentais, no Real decreto 927/1988, polo que se aproba o Regulamento da administración pública da auga e da planificación hidrolóxica, atopándose tamén recollido no Decreto 130/1997, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.

En relación co tema terase en conta:

* Non se acumularán nos leitos naturais nin nas zonas de servidume, terra, entullos, material sobrante da construcción ou calquera outro tipo de substancias contaminantes que poidan incorporarse ós cursos de auga por escorregas ou enchentas do caudal.

* Evitarase no posible o arrastre de sólidos en suspensión.

* Prohíbese a lavada de materiais e utensilios nos ríos ou regatos.

* Vixiaranse con especial atención os posibles procesos erosivos ocasionados polas drenaxes, tomando as medidas oportunas para solucionar posibles imprevistos durante a planificación ou execución e facendo un seguimento periódico no plan de vixilancia e durante a vida do parque.

Subliña-la necesidade de non afecta-los leitos dos regatos existentes na parcela, nin nas súas zonas de servidume e policía sen a previa autorización do organismo de cunca. No caso de que esta afección atinxa ós ecosistemas fluviais, requirirase informe preceptivo desta dirección xeral segundo o disposto no artigo 77.3º do Decreto 130/1997.

2. No caso de que se precise facer corta de arboredo deberá terse en conta o seguinte:

Onde se pretenda efectuar corta de especies arbóreas debe terse en conta o disposto no Regulamento de montes, co cal se terá que face-la correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso. No suposto de afectarse a vexetación de ribeira terase que solicita-la correspondente autorización ó Servicio Provincial de MAN, tal e como establece o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.

3. No relativo á rede viaria dos parques, cómpre destacar unha serie de carencias; tal é así que non se refiren con claridade cales son os viais de nova execución, as vías que se van acondicionar, nin aqueles que só se van usar nas condicións actuais, así como as vías de acceso. Tampouco se fai referencia ás modificacións que se xerarán no sistema hidro

lóxico nin ás medidas correctoras previstas para a súa paliación. É de suma importancia o desenvolvemento do parágrafo anterior, xa que un dos problemas fundamentais que se vai xerar pola construcción da obra é a modificación que se produce na escorrega subsuperficial e superficial, coas seguintes consecuencias probables:

Diminución da achega de auga á cuberta vexetal que se sitúa inmediatamente por debaixo do trazado lonxitudinal, o que se traduce nunha maior seca con posibles consecuencias para a vexetación (cambio de especies, maior estrés e posibilidade de ataque de pragas e enfermidades...).

Á infraestructura viaria supónselle a implementación dunha rede de drenaxe lonxitudinal e transversal, que pode presentar efectos negativos no medio se o seu deseño non parte do estudio dos parámetros axeitados. Dentro dos posibles problemas están:

* Concentración dun caudal en réxime laminar en puntos determinados, drenaxes, podéndose inducir fenómenos erosivos, por ser zonas non afeitas a soportar tales caudais. Ademais, pódese xera-la aparición de procesos de asolagamento ou deposición en zonas susceptibles a estes e non afeitos a soportalos na situación sen proxecto.

* As gabias, se non presentan un deseño axeitado, poden transportar auga dunhas microbacías a outras, xerándose unha descompensación nos caudais naturais e habituais en cada unha delas.

* Debe terse en conta nos cálculos e no deseño da rede artificial de drenaxe que a implantación da vía vai xerar unha diminución do tempo de concentración en cada bacía, como consecuencia dun firme desprovisto da permeabilidade axeitada e libre de cuberta vexetal, ademais da dotación dunha rede de drenaxe artificial que incrementa a velocidade de incorporación da auga á rede hidrográfica. Tanto este punto como o anterior, en casos puntuais, poden dar lugar a asolagamento por avenidas, en áreas non afeitas a soportalos en condicións sen proxecto; incluso as avenidas extraordinarias diminuirán considerablemente o seu período de retorno.

A documentación presentada non contén referencia escrita nin gráfica dos temas presentados neste punto, polo que propoñemo-lo o estudio dos parámetros precisos do medio, de xeito que se poida dispoñer dunha rede de drenaxe libre dos problemas aquí citados.

A modo de síntese, manifestamos que se presentará unha distribución da rede de drenaxe (gabias e bueiros); lembrar que esta deberá estar perfectamente planificada; enfocando o deseño de xeito que a auga evacuada en cada drenaxe se corresponda coa mesma microbacía na cal se efectuou a captación. Sempre é mellor que o número destes sexa elevado; lembrar que os camiños son elementos lineais que cortan transversalmente o paso da auga. Esta limitación implica que na parte baixa da ladeira atravesada

pola pista a achega de auga de escorrega se reduce de xeito importante. Débense sopesa-las implicacións que isto pode xerar no ecosistema. Por outra banda e seguindo co tema de saída das augas das drenaxes, débese ter en conta que esta se efectuará de xeito que non se produzan fenómenos erosivos, de asolagamento ou deposición, sempre e cando non existisen antes da actuación referida. En todo caso, non deben obviarse os cálculos analíticos e empíricos para os parámetros que sexa posible e procedente, considerando o exposto ó longo deste punto.

4. Toda a terra vexetal susceptible de ser degradada deberá entrar nun plan de recuperación de solos. Esta proposta desenvolverase axeitadamente, aparecendo no plan perfectamente delimitadas as actuacións encamiñadas á preservación e xestión do recurso: medidas de loita contra a erosión, ciclos de remoción, destino previsto. Ademais do anterior, deberanse concretar aspectos como: localización, volume e extensión dos abastecementos, así como a temporalidade prevista.

5. Non se poderá depositar nin acumular na área do parque, nin en terreos anexos, ningún tipo de refugallo sólido. No caso de empregárense canteiras abandonadas ou outros lugares de abastecemento, deben indicarse cales, ademais de cómo se pensan depositar e qué actuacións se implementarán para acondicionar estas zonas, unha vez rematado o depósito, de xeito que se consiga unha boa integración no medio. En calquera caso, tanto os residuos producidos na fase de construcción como os que proveñan dos labores de mantemento ou outros deberanse recoller e xestionar conforme a súa natureza e de acordo co establecido na lexislación vixente.

6. Como se recalcou na introducción, as aves son un dos elementos máis singulares e fráxiles ás actuacións previstas. Nembargantes, hai unha serie de carencias ou faltas de desenvolvemento dunha serie de aspectos:

Previsión de impactos negativos, así como as medidas correctoras, protectoras e/ou compensatorias que se van adoptar.

Seguimento destas poboacións unha vez efectuadas as actuacións, no correspondente plan de vixilancia.

Consideramos pertinente que se cubran as carencias anteriores, considerando os seguintes mínimos:

Presentación dun plan de seguimento e vixilancia ambiental que se centre na mortandade de aves provocada por colisión e electrocución. Plan que deberán presentar detalladamente os procedementos de mostraxe e a metodoloxía empregada, incluíndo: rexistro de aves mortas por colisión e electrocución; estimación de índices de colisión; frecuencia de colisións; variación estacional da frecuencia de colisións; estudio de voo e densidades de aves vivas; frecuencias de voo; variación horaria da frecuencia de voos; variación estacional da frecuencia de voos. O estudio deberase centrar, sen esquece-las outras, sobre as aves máis importantes arriba citadas.

Para aquelas especies que se especificaron na introducción, deberá terse en conta o desenvolvemento dos seguintes aspectos: estimación da perda de individuos que garanta a sustentabilidade en función da evolución prevista das poboacións; articulación no tempo, de ser preciso, das accións de conservación.

Proposta ben definida das medidas correctoras, protectoras e compensatorias que se van adoptar, centrándose fundamentalmente nas especies máis importantes. Medidas que deberán considera-los seguintes puntos: reducción da colisión e electrocución nos tendidos eléctricos; reducción da colisión nos aeroxeradores; reducción de electrocución de aves nos apoios do tendido eléctrico, prevención e corrección das nidificacións na rede de transporte.

É de sumo interese que, se durante o plan de vixilancia se detecta unha mortandade temporal de migratorias, se implemente un período de parada dos aeroxeradores.

De tódolos xeitos, coa finalidade de non fragmentar en exceso as áreas de campa das principais especies de aves, tense en conveniencia de recoloca-los seguintes aeroxeradores: de R-7 a R-8; de R-2 a R-6 (Masgalán-Campo do Coco), de A-38 a A-44 (As Ameixeiras-Testeiros).

7. No tocante ás medidas correctoras e protectoras propostas, cómpre adxectivalas como pouco técnicas, tanto no relativo ás múltiples alternativas de execución que presenta o seu baixo grao de definición, como unha formulación que non imprime un compromiso para a súa toma en consideración, nin por parte do promotor nin do contratista.

O EsIA considérase como un anexo do proxecto técnico que pondera o impacto deste no contorno. En función deste, pódese estima-la incompatibilidade ou compatibilidade do proxecto previsto. Neste último caso, o máis probable é que se deban establecer unhas medidas protectoras, correctoras e/ou compensatorias, sendo presentadas e bosquexadas para, a continuación, pasar a integrarse e desenvolverse nos distintos documentos que contén o proxecto.

De acordo con isto, as medidas correctoras e protectoras deben analizarse, xustificarse e argumentarse no estudio ambiental; nembargantes, o seu desenvolvemento e execución farase no correspondente proxecto técnico. Propoñemos que, co fin de axiliza-la aplicación deste requisito e a pesar do cumprimento do punto precedente, se inclúa nun anexo do proxecto técnico o desenvolvemento e aplicación das actuacións ambientais. Pode definirse este como anexo de integración ambiental e formalmente organizarase como un proxecto de execución de obras ou outras actuacións: memoria, planos, prego de prescricións técnicas e orzamento. Lembrar que aquelas medidas protectoras e correctoras que se desprendan deste informe deberán cumpri-lo disposto neste punto.

8. Non se poderá efectuar ningunha actividade que non veña recollida no EsIA, ou ben non sexa proposta na declaración de impacto ambiental. Por outra banda, todas aquelas medidas protectoras ou correctoras propostas no EsIA deberán ser consideradas na obra, así como o disposto no Plan de vixilancia ambiental.

No caso de que se estime a súa execución, cóidase de interese a consideración dos puntos deste informe, para aras dunha maior integración da actividade no contorno.

A Dirección Xeral de Obras Públicas, no seu informe, indica o seguinte:

A realización deste proxecto deberá respecta-la Lei 4/1994, de estradas de Galicia, en concreto no que atinxe ó uso e defensa destas.

As obras, edificacións, cerramentos e accesos que afecten os terreos comprendidos na área de influencia das estradas requirirán, en todo caso, expresa autorización do órgano competente da Administración titular da estrada.

A Dirección Xeral de Industria emite informe favorable, que inclúe un resumo das características básicas do proxecto, da tramitación realizada en relación co expediente, dos informes emitidos polos distintos organismos consultados, así como unha proposta de condicionado ambiental co obxecto de minora-los posibles impactos ambientais, que inclúe os seguintes puntos:

* Ámbito territorial de actuación.

* Impacto causado pola ocupación do terreo.

* Residuos.

* Flora e fauna.

* Impacto visual.

* Urbanismo.

* Programa de vixilancia ambiental (ruídos e colisións de aves).

O organismo Augas de Galicia emite informe favorable, que inclúe a descrición das unidades de coñecemento na zona do parque e un pequeno resumo do proxecto avaliado, xunto co seguinte condicionado:

As características deste parque eólico precisan do uso regular de auga para o seu normal funcionamento, tanto na fase de construcción e montaxe como na de explotación, xa que está prevista a construcción dun edificio de control.

En todo momento, durante a construcción e na fase de explotación deberán terse en conta as medidas protectoras dos cursos fluviais e a prohibición de verter entullo neles, no caso de que se producisen, estando ademais prohibida a lavada de camións e formigoneiras e o cambio de aceite da maquinaria de obra nas proximidades dos cursos de auga.

A calidade das augas manterase en niveis óptimos de tal xeito que, trala construcción do parque, a

súa calidade e clasificación sexa a mesma que antes do comezo das obras.

Un condicionante básico será que a futura autorización reflicta a obriga da instalación a axustarse ó cumprimento das directrices do Plan hidrolóxico Galicia-Costa en todos aqueles aspectos que lle sexan de afección.

Se con motivo da execución dalgún acceso, vía ou gabia do cableado se producise cruzamento con algún curso fluvial, serán necesarias medidas de protección e corrección dos seus efectos, sendo en todo caso preceptiva a autorización do organismo Augas de Galicia, segundo se establece no R.D. 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico e a Lei de augas 29/1985.

En definitiva, ese servicio considera que a instalación do citado parque eólico non produce ningunha alteración de importancia en relación coa planificación hidrolóxica da zona, sempre e cando se cumpran as medidas preventivas e correctoras, durante a fase de construcción e explotación, especificadas neste informe.

Faise indispensable unha correcta execución das vías, de tal xeito que a incidencia sobre a rede hidrolóxica sexa mínima, e sobre todo evitando a vertedura de substancias contaminantes ós cursos de auga.

No caso de que, como consecuencia da explotación do parque, se producisen verteduras ou captacións de auga á rede hidrolóxica (subterránea ou superficial), será necesaria a obtención das preceptivas autorizacións, que se tramitarán, segundo a lexislación vixente, ante o organismo Augas de Galicia.

Á vista da documentación enviada e tendo en conta as consideracións realizadas, non se formulan obxeccións á proposta realizada, salvo as medidas especificadas.

A Dirección Xeral de Turismo emite informe nos seguintes termos, recollendo en primeiro lugar un punto de antecedentes, cunha descrición e localización do proxecto, e principios normativos nos que basean o seu informe.

A continuación desenvólvense unha serie de puntos sobre a idoneidade turística da instalación do parque eólico, a calidade da paisaxe, o impacto visual na paisaxe, efectos sobre o medio socioeconómico e principios normativos, chegando ás seguintes conclusións:

1. O impacto visual na paisaxe sería asumible condicionadamente, pois non afecta o Mosteiro de Santa María de Aciveiro.

2. Para que sexa asumible debería facerse un estudio das cuncas visuais para evita-los enclaves concretos dalgúns aeroxeradores, que sexan visibles desde o mosteiro e área circundante.

3. Debe presentarse un proxecto de integración paisaxística que atenúe os impactos da zona.

4. Os impactos ambientais negativos débense minimizar cun seguimento do Plan de vixilancia ambiental, para que poidan ser compatibles coas características do turismo que se leva a cabo na zona.

Polo anterior, considérase a instalación solicitada con informe de incidencia turística negativa pero asumible coas condicións arriba sinaladas.

ANEXO III

Resumo das alegacións

* Martiño Nercellas Méndez, en representación da Federación Ecoloxista Galega, expón:

1. A construcción do parque non vai diminuí-la producción de enerxía derivada de combustibles fósiles.

2. O parque é continuación do de Masgalán-Campo do Coco, polo que debería ser considerado como un único parque de 99 MW e a autorización da instalación debería depender do Ministerio de Industria e non da consellería.

3. O estudio de impacto ambiental ignora a existencia doutros plans, polo que o estudio de incidencia ambiental está mal avaliado, por non ter en conta o efecto de sinerxia.

4. A construcción deste novo parque e a liña eléctrica vai ter lugar dentro do espacio protexido da Serra do Candán, incluído de forma provisional no Rexistro de Espacios Naturais por Orde do 28 de outubro de 1999.

Este proxecto tamén afecta a parte alta do río Deza, que tamén está incluído no mesmo rexistro e, polo tanto, suxeito a unha serie de medidas de protección.

5. O estudio de impacto ambiental amosa unhas deficiencias graves, que non poden ser admitidas por falta de rigorosidade científica co cal foi feito. O inventario ambiental amosa numerosos erros e é incompleto. Así mesmo, cita algunhas carencias do estudio.

Polo que se solicita que se denegue a autorización de construcción deste proxecto, que se teña en conta a postura adoptada polo Concello de Lalín e as comunidades de Montes e que se someta a revisión o Plan Eólico Galego, co fin de evita-la destrucción dos espacios naturais máis importantes da xeografía galega.

* A Comunidade de Montes Parroquia de Zobra expón:

1. As serras do Candán e Testeiros, cos picos de San Bieito do Candán, O Coco, Testeiros e Uceiro forman parte do macizo central de Galicia, comprendido entre as provincias de Ourense e Pontevedra, estando a parte desta última provincia catalogada pola Xunta de Galicia para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000.

2. A liña de alta tensión pasa pola área da ponte, tamén área tradicional de baño dos veciños de Zobra e está demostrado por estudios que os campos elec

tromagnéticos creados no contorno das liñas poden producir distintos tipos de cancro.

3. A caza quedará hipotecada durante trinta anos, porque o parque creará unha descontinuidade do territorio, o que impedirá a constitución dun TECOR.

4. O parque truncará o desenvolvemento do turismo rural da zona.

5. Na actualidade hai aprobado un proxecto de repoboación forestal de 50 ha, por un importe de 26 millóns de pesetas.

6. A apicultura verase afectada pola liña eléctrica, diminuíndo a cantidade e a calidade do mel.

7. O impacto visual deberá ser avaliado e compensado.

8. Débese avalia-lo impacto que se vai producir sobre as augas e mananciais que abastecen os lugares da parroquia.

9. Dende que se instalou a L.A.T. que cruza O Candán electrocutouse a última parella de bufo real que vivía nas devesas do Ameixedo.

10. Non se ten en conta a fragmentación do territorio de cara ós propietarios.

11. Ós pequenos propietarios non lles compensa defenderse, polo que a empresa quedará con leiras sen que o propietario interveña no procedemento.

12. No tramo correspondente ós lindeiros co concello de Forcarei, a Consellería de Industria debe solicitar información ó Xurado de Montes, concellos e Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda respecto dos expedientes de clasificación e deslindamentos dos concellos de Lalín e Forcarei.

13. A delimitación con Moa, que fai a empresa, non é polas Penas de Quintáns, de acordo cunha resolución da Dirección Xeral de Montes.

14. Existen erros moi importantes de localización e medidas de parcelas afectadas e a relación con particulares.

Polo que se solicita a paralización inmediata do expediente e a denegación da solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución do parque eólico e da L.A.T.

* Ramón Acevedo Guerra expón:

1. O proxecto presentado está en franca oposición co planeamento urbanístico da zona e é incompatible co establecido na Orde do 28 de outubro de 1999, da Consellería de Medio Ambiente, pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000, como espacios naturais en réxime de protección xeral.

2. Non está de acordo coa cualificación do predio nº 34 Alto da Rañadoira.

Polo que solicita a admisión de escritos de alegacións así como as alegacións contidas nel.

* Victorino Ramos González, como presidente da Xunta Rectora do Monte Veciñal en Man Común O Testeiro, expón:

1. O proxecto sometido a información pública ten vicios e defectos que o fan inviable para ser tramitado.

2. O expediente carece da declaración previa de utilidade pública e interese social da obra proxectada.

3. Desde o punto de vista urbanístico o parque é inviable.

4. O plano parcelario non se corresponde coa realidade física das propiedades afectadas, polo que será necesaria a súa corrección.

Conclusión: o proxecto sometido a información pública carece dos requisitos esenciais, que o invalidan para servir de base á declaración de utilidade pública pretendida. Á alegación xuntaráselle un informe técnico.

Polo que solicita denega-la autorización de construcción do parque eólico.

* Anxo Moure Mosquera, en representación de Xevale Ecoloxía, expón:

1. O lugar de construcción deste proxecto está incluído de forma provisional no Rexistro de Espacios Naturais por Orde do 28 de outubro, segundo consta no Diario Oficial de Galicia do 9 de novembro de 1999. Tamén está incluído na proposta da Rede Natura 2000 aprobada pola Xunta de Galicia.

2. Este proxecto súmase ó de Masgalán-Campo do Coco, no mesmo espacio natural protexido.

3. A superficie que ocuparán estes proxectos corresponde coa totalidade dos planos altos ou chairas do Candán, área máis representativa, xunto coas masas illadas de carballos da serra. Aquí nacen o río Lérez, o Umia e o Deza e hai presencia de solos hidromorfos. Estas van ser prexudicadas directamente pola instalación de aeroxeradores e a apertura de pistas.

4. O impacto sobre o patrimonio arquitectónico que aparece nestes altos vai ser crítico e as medidas correctoras adoptadas non garanten a súa conservación. Dúas mámoas, dúas neveiras que pertencen ó Mosteiro de Aciveiro e os restos da antiga ermida de San Bieito van ser afectadas polas novas pistas e rodeadas por aeroxeradores.

5. A naturalidade destas montañas e a súa alta calidade paisaxística é unha das razóns que fan deste espacio un dos principais enclaves de media montaña da xeografía galega. O proxecto, xunto cos anteriores, desvalorizarán as características polas que este espacio foi elixido na proposta europea.

6. O impacto sobre a fauna, flora e solos da serra vai ser grande. A comunidade de mamíferos carnívoros, en especial, o lobo, que emprega o territorio como zona de campa, verase afectada. Así mesmo, aves de rapina como a aguia albela, a gatafornela

ou a rapina cincenta, que cazan e crían habitualmente na zona afectada, estarán seriamente afectadas. Varias especies de plantas ameazadas ó igual que algunhas brañas e a súa delicada vexetación, van ser prexudicadas.

7. Ademais dos problemas que se ocasionarán sobre o medio rural, hipotecarase un importante recurso turístico de calidade e de interese máis xeral, que achegaría máis beneficios ós concellos afectados de seren ben xestionados.

8. O estudio de efectos ambientais amosa unha serie de irregularidades moi graves en canto á descrición dos valores, cuestión que evidencia a falta de rigorosidade científica necesaria neste tipo de estudios. Algúns dos erros atopados amosan que o traballo de campo é inexistente.

9. A empresa non ten en conta as peticións dos propietarios e ameaza coa expropiación.

Por todo o exposto, solicita:

Que se denegue a autorización de construcción dos proxectos expostos, polas características aquí presentadas.

A anulación do estudio de efectos ambientais e a realización dun estudio de avaliación de impacto ambiental único, que comprenda os dous parques.

* Jesús Acebedo Guerra expón:

1. Os lindeiros dos predios non coinciden coa realidade.

2. Producirase un grande impacto paisaxístico e darase contaminación acústica, minguando a calidade de vida dos veciños máis próximos.

3. A empresa Gamesa, desde o principio, ameazaba coa expropiación para acadar prezos máis baixos nos terreos.

Polo anteriormente exposto, solicito a denegación da autorización administrativa.

* 24 veciños de Zobra (Lalín) presentan as seguintes alegacións:

1. Producirase un grande impacto ambiental e paisaxístico, ó que se suman as posibles alteracións para a saúde producidas pola L.A.T.

2. No expediente faise referencia a uns estudios ambientais dos que non hai constancia, polo que nos atopamos nunha situación de indefensión.

3. Darase unha gran devaluación das terras e un notorio prexuízo do uso do terreo.

Polo exposto, solicita a denegación administrativa do parque.