Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. Bemil.
Situación: Caldas de Reis.
Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 8 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T.S. existente ó C.D. As Veigas de Almorzar-Canle, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta nomeado Bemil, no concello de Caldas de Reis, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20 kV-380/200 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 9 de maio de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra