Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.909

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 7 de xuño de 2001, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico denominado Currás.

En cumprimento do disposto no artigo 25.4º da Lei 7/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 7 de xuño de 2001, do que a parte dispositiva é o seguinte texto literal:

1. Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado Parque Eólico Currás.

2. De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 1997, polo que se aproba o Plan Eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, o planeamento do Concello de Mazaricos queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria