Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.878

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2001 pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do Igape mediante promoción interna e acceso libre.

1. Normas xerais.

O obxecto do proceso selectivo será a cobertura de 16 prazas vacantes no cadro de persoal do Igape, polo sistema de promoción interna e acceso libre.

O número de vacantes rservadas ó sistema de promoción interna corresponde ó 56% do total das vacantes:

TipoNº de

prazas

Titulación esixidaCategoría

A3Diplomado universitario ou equivalenteM (técnico medio)

B5Bacharelato superior, formación profesional de segundo grao ou equivalenteB (administrativo)

C1Graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalenteG (auxiliar administrativo)

As vacantes reservadas ó sistema de acceso libre serán as seguintes:

TipoNº de

prazas

Titulación esixidaCategoría

A2Diplomado universitario ou equivalenteM (técnico medio)

B2Bacharelato superior, formación profesional de segundo grao ou equivalenteB (administrativo)

C1Graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalenteG (auxiliar administrativo)

D1Diplomado en empresariais, ter completado o primeiro ciclo da licenciatura en CC. económicas, economía, empresariais ou dirección e administración de empresasM (técnico medio)

E1Enxeñeiro técnico industrialM (técnico medio)

Unha das dúas prazas de técnico de grao medio (tipo A), convocadas para acceso libre, queda reservada para ser cuberta por persoa con minusvalidez con grao de discapacidade igual ou superior ó 33%.

As prazas sen cubrir das reservadas ó sistema de promoción interna, así como a praza reservada para persoa con minusvalidez, pasarán a integrarse nas restantes prazas correspondentes ó sistema de acceso libre.

Os aspirantes só poderán participar, para cada tipo de prazas, nun dos dous sistemas. Se da instancia que presenten non se deducise a súa opción, serán excluídos provisionalmente, coa reserva da súa posterior emenda no prazo de 10 días naturais. De non ser así, quedarán definitivamente excluídos. Por tanto, trala publicación das listas definitivas de admitidos e excluídos non se permitirá ningún cambio de sistema posterior ou calquera tipo de emenda ou aclaración ó respecto.

2. Requisitos dos candidatos.

Tódolos aspirantes, tanto por acceso libre como promoción interna, deberán estar en posesión de tódolos requisitos esixidos o día de finalización do prazo de solicitudes.

Promoción interna.

-Pertencer ó cadro de persoal laboral fixo do Igape, cunha antigüidade mínima de 2 anos na categoría inmediatamente inferior á que se pretenda acceder, así como estar en posesión do título académico necesario para acceder a ela.

Acceso libre.

-Ser español ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea, ou nacional daqueles estados, ós que, en virtude de tratados internacionais realizados pola Comunidade Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos en que esta está definida no tratado constitutivo da Comunidade Europea.

Tamén poderán participa-lo cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinteún anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas.

Este último beneficio será igualmente de aplicación ós familiares de nacionais doutros estados cando así se prevexa nos tratados internacionais realizados pola Comunidade Europea e ratificados por España.

-Ter feitos os 18 anos de idade.

-Estar en posesión do título académico necesario para acceder á categoría correspondente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán estar en posesión de documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

-Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

-No estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

-Os aspirantes que non posúan nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función publica.

Reserva para minusválidos.

-Na praza reservada para cubrir por minusválidos, os aspirantes, ademais de posuíren os requisitos establecidos para o sistema de acceso libre, terán que ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ó 33%, conforme a normativa vixente.

No caso de que se lle suscitasen dúbidas ó órgano convocante respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas na categoría á que opta, poderá solicita-lo correspondente dictame do órgano competente.

3. Solicitudes.

Tódolos aspirantes que desexen tomar parte neste proceso de selección deberán presenta-la súa solicitude segundo o modelo de instancia que lles será facilitado nas dependencias do Igape, xuntando copia do DNI, así como o xustificante de ter aboados os dereitos de exame expedido pola entidade bancaria correspondente, en calquera das oficinas do Igape, ou ben na forma prevista no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, no prazo de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar unha fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de se-lo caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa deste de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive a expensas ou está ó seu cargo.

Como requisito necesario para participar no proceso selectivo, deberase aboar no seu momento, en concepto de dereitos de exame o importe de 6.780 pesetas para a categoría M, 5.810 pesetas para a categoría B, 4.845 pesetas para a categoría G, e de se-lo caso, os gastos de transferencia correspondentes. Quedan exentos do pagamento dos dereitos de exame tódolos aspirantes que acrediten unha discapacidade igual ou superior ó 33%, circunstancia que deberá ser acreditada documentalmente xunto coa instancia, presentando copia cotexada de cualificación de minusvalidez.

Os aspirantes interesados en participar en varios tipos de prazas ofertadas deberán utilizar unha instancia diferente para cada tipo ó que se presente. Igualmente, pagarán o importe dos dereitos de exame correspondentes nun modelo de autoliquidación de taxas diferente para cada tipo.

O impreso de autoliquidación de taxas poderase recoller nos servicios centrais da Xunta de Galicia, en calquera delegación de tódalas consellerías e en calquera das oficinas do Igape.

Código consellería: 05 Economía e Facenda; Código centro: 03 Igape, Código taxa: 300103

En casos de erros ou omisión na consignación da categoría, sistema de acceso, así como de discrepancia co importe autoliquidado, a listaxe provisional de admitidos e excluídos establecerá unha exclusión provisional, que poderá ser emendada no prazo fixado de 10 días naturais.

Salvo en caso de minusvalidez, a non presentación do xustificante de ingreso dos dereitos de exame, no que figure o selo da entidade bancaria, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste xustificante suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma da solicitude.

Os aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na súa solicitude. Ó mesmo tempo, deberán solicita-las posibles adaptacións de medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria.

A consignación de datos falsos na instancia ou na documentación presentada polos aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

O enderezo que figure nas instancias considerarase como o único válido para os efectos de notificacións, sendo responsabilidade exclusiva do aspirante tanto un erro na súa consignación como a comunicación ó Igape de calquera cambio nel.

4. Prazas convocadas.

Técnicos: 7.

-5 técnicos medios: catro para Santiago de Compostelae un para Lugo.

Categoría M. Será requisito imprescindible estar en posesión do título de diplomado universitario ou equivalente.

1 técnico medio: para Santiago de Compsotela.

Categoría M. Será requisito imprescindible estar en posesión do título de diplomado en empresariais, ter completado o primeiro ciclo da licenciatura de C.C. económicas, economía, empresariais ou dirección e administración de empresas.

1 técnico medio: para Santiago de Compostela.

Categoría M. Será requisito imprescindible estar en posesión do título de enxeñeiro técnico industrial.

-Administrativos: 7, tres para Santiago de Compostela, un para Lugo, un para Ourense, un para Pontevedra e un para Vigo.

Categoría B. Será requisito imprescindible estar en posesión do título de bacharelato superior, formación profesional de segundo grao ou equivalente.

-Auxiliares administrativos: 2 para Santiago de Compostela.

Categoría G. Será requisito imprescindible estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

5. Tribunais.

Os tribunais encargados de efectua-la selección serán nomeados pola Dirección Xeral do Igape, e estarán constituídos por seis membros, designándose ó mesmo tempo o mesmo número de membros suplentes. O seu nomeamento farase público por medio do correspondente anuncio no DOG, e estarán compostos por:

1 presidente.

1 secretario con voz pero sen voto.

4 vocais dous deles por proposta do comité de empresa do Igape.

Os membros dos tribunais absteranse de intervir, notificándollelo ós presidentes dos tribunais, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou se estivesen realizando tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

Os presidentes poderán solicitar ós membros do tribunal declaración expresa de non atoparse incursos nas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992.

Os aspirantes poderán insta-la recusación dos membros dos tribunais cando concorran as circunstancias previstas nesta base.

Para a válida constitución do tribunal e actuacións posteriores requirirase a presencia do presidente e secretario, ou, se é o caso, dos seus suplentes, e polo menos de dous vocais, sexan titulares ou suplentes.

Durante o proceso de selección os tribunais resolverán tódalas dúbidas que puidesen xurdir na apli

cación destas normas, así como o que se deba facer nos casos non previstos.

O procedemento do tribunal axustarase en todo momento ó disposto na Lei 30/1992.

En calquera momento o tribunal poderá solicita-lo apoio de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios que considere pertinentes, limitándose os citados asesores a presta-la colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores deberá ser comunicada á Dirección Xeral do Igape.

O tribunal adoptará as medidas precisas, nos casos en que sexa necesario, de forma que os aspirantes con minusvalidez gocen de similares condicións para a realización dos exercicios ás do resto dos participantes. Neste sentido, estableceranse para as persoas con minusvalidez que o soliciten, no momento de presenta-la instancia, as adaptacións de medios para a súa realización.

O tribunal non poderá aprobar nin declarar que superou o proceso de selección un número superior de aspirantes ó de prazas convocadas.

Para efectos de comunicacións e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede nas oficinas centrais do Igape.

Tódolos actos e resolucións recaídas no procedemento de selección serán publicados no taboleiro de anuncios das oficinas centrais do Igape. Complexo administrativo de San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.

6. Admisión de aspirantes.

Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o tribunal de selección fará pública a lista provisional de admitidos e excluídos ós procesos de selección de cada unha das categorías convocadas, facendo constar, se é o caso, os motivos de exclusión e establecéndose un prazo de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación para emendar calquera erro que sexa emendable, transcorrido o dito prazo publicarase a lista definitiva de admitidos e excluídos, contra a que se poderá interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral do Igape no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da resolución.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos na convocatoria. Cando da documentación que deba presentarse no caso de supera-lo proceso selectivo se desprenda que non posúe algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puidesen derivarse da súa participación no proceso.

7. Lista de aprobados.

Unha vez finalizado o proceso de selección, cada un dos tribunais publicará no taboleiro de anuncios do Igape a lista de aspirantes aprobados, con indicación da puntuación obtida ó longo de todo o proceso. Estes deben presentar no prazo que para tales efectos se estableza, a documentación acreditativa

do cumprimento de tódolos requisitos esixidos na convocatoria.

A adxudicación das prazas será resolta pola Dirección Xeral do Igape, por orde de puntuación obtida polos candidatos ó longo de todo o proceso, de acordo coa suma das puntuacións obtidas en cada exercicio. Resolverase en primeiro lugar a quenda de promoción interna e posteriormente a de acceso libre. A adxudicación dunha praza suporá permanecer nela un mínimo de dous anos, antes de poder participar nun concurso de traslados ou promoción interna do Igape.

No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, estas resolveranse pola puntuación obtida no primeiro exercicio e, se iso non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que se resolva. De persisti-lo empate, resolverase por orde alfabética do primeiro apelido, empezando pola letra resultante do sorteo que se realice para o desenvolvemento dos exercicios.

Tódolos contratos que se formalicen froito deste proceso de selección concertaranse por tempo indefinido e establecerase un período de proba conforme o establecido no artigo 14 do ET (6 meses para os técnicos titulados e 2 meses para os demais traballadores).

Elaboración de listas para a cobertura de prazas temporais.

A lista de cada tipo de prazas convocadas, ordenada pola suma das puntuacións de cada un dos exercicios superados polos candidatos, con todos aqueles candidatos que superasen alomenos as dúas primeiras probas do proceso de selección, utilizarase para a cobertura de prazas temporais que poidan ir xurdindo no instituto, conforme o establecido no artigo 7.2º da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación.

Para a contratación de persoal laboral temporal das listas mencionadas no parágrafo anterior, o Igape instará o primeiro da lista, mediante telegrama, para que compareza nos servicios centrais do Igape, coa documentación correspondente que acredite a posesión dos requisitos exisidos na convocatoria, e, se é o caso, acepte a praza ofertada. No caso de non presentarse, entenderase que renuncia a ela, procedéndose por parte do Igape ó chamamento do seguinte da lista, e quedando o candidato que renunciou á praza no último lugar da lista correspondente. No caso de non acreditaren algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puidesen derivarse da súa participación neste proceso.

Os candidatos que sexan chamados para unha contratación serán excluídos das listas durante o tempo de duración do contrato, e, unha vez finalizado este, pasarán a ocupa-lo mesmo lugar que tiñan na lista no caso de contratos de duración inferior a seis meses, e pasarán ó último lugar da lista no caso de contratos superiores a seis meses.

En tódolos contratos temporais superiores a seis meses, se establecerá un período de proba.

8. Proceso de selección.

Exercicios comúns para o sistema de promoción interna e acceso libre.

Técnicos.

Primeiro exercicio.

Exame de carácter eliminatorio, que consistirá en contestar un cuestionario, que se sorteará entre dous, de 120 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, das que só unha será correcta, elaborado polo tribunal de acordo co programa común que figura como anexo I, para os técnicos de grao medio. Para os aspirantes que accedan por promoción interna rexerá o dito programa agás no que se refire ós temas 1, 2, 11, 12, 13 e 15, dos que quedan exentos.

O tempo máximo de duración deste exercicio será de 2 horas.

Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, e será necesario para supera-lo mesmo obter un mínimo de 5 puntos. Para iso terase en conta que por cada tres respostas incorrectas se descontará unha correcta.

Correspóndelle ó tribunal determina-lo número de respostas correctas esixido para acada-la puntuación mínima.

-Segundo exercicio.

Exame práctico de carácter eliminatorio, que consistirá na resolución dun suposto práctico elixido polo aspirante de entre tres que serán o resultado do sorteo que se leve a efecto entre catro propostos polo tribunal, e relacionados coas materias correspondentes ós temas que se especifican a continuación para cada un dos grupos de prazas convocados. O tempo máximo de duración deste exercicio será de 2 horas e media.

-Para técnicos medios xerais: anexo II.

-Para diplomado en empresariais: anexo III.

-Para enxeñeiro técnico industrial: anexo IV.

Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, e será necesario para supera-lo mesmo obter un mínimo de 5 puntos.

Correspóndelle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-la puntuación mínima.

-Terceiro exercicio.

Exame eliminatorio de galego, que consistirá en contestar un cuestionario de 20 preguntas tipo test, con catro respostas alternativas, das que só unha será correcta. A duración deste exercicio será de 30 minutos.

Este exercicio será valorado como apto ou non apto, e será necesario para superalo obte-lo resultado de apto. Correspóndelle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-lo resultado de apto.

Estarán exentos de realizar este exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso ou validación de perfeccionamento de galego. Tal acreditación deberá presentarse ante o tribunal correspondente dentro dos 5 días seguintes ó da publicación da nota do segundo exercicio.

Administrativos.

-Primeiro exercicio.

Exame de carácter eliminatorio, que consistirá en contestar un cuestionario, que se sorteará entre dous, de 90 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, das que só unha será correcta, elaborado polo tribunal de acordo co programa que figura como anexo V. Para os aspirantes que accedan por promoción interna rexerá o mesmo programa, agás no que se refire ós temas 1, 11, 12 e 13, dos que quedan exentos. O tempo máximo de duración deste exercicio será de 1 hora e media.

Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, e será necesario para supera-lo mesmo obter un mínimo de 5 puntos. Para iso terase en conta que por cada tres respostas incorrectas se descontará unha correcta.

Correspóndelle ó tribunal determina-lo número de respostas correctas esixido para acada-la puntuación mínima.

-Segundo exercicio.

Exame eliminatorio de galego, que consistirá en contestar un cuestionario de 20 preguntas tipo test, con catro respostas alternativas, das que só unha será correcta. A duración deste exercicio será de 30 minutos.

Este exercicio será valorado como apto ou non apto, e será necesario para superalo obte-lo resultado de apto. Correspóndelle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-lo resultado de apto.

Estarán exentos de realizar este exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso ou validación de iniciación de galego. Tal acreditación deberá presentarse ante o tribunal correspondente dentro dos 5 días seguintes ó da publicación da nota do primeiro exercicio.

Auxiliares administrativos.

-Primeiro exercicio.

Exame de carácter eliminatorio, que consistirá en contestar un cuestionario, que se sorteará entre dous, de 75 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, das que só unha será correcta, elaborado polo tribunal de acordo co programa que figura como anexo VI. Para os aspirantes que accedan por promoción interna rexerá o dito programa agás no que se refire ós temas 1, 8, 9 e 10, dos que quedan exentos. O tempo máximo de duración deste exercicio será de 1 hora e 15 minutos.

Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, e será necesario para supera-lo mesmo obter un mínimo de 5 puntos. Para iso terase en conta que por cada tres respostas incorrectas se descontará unha correcta.

Correspóndelle ó tribunal determina-lo número de respostas correctas esixido para acada-la puntuación mínima.

-Segundo exercicio.

Exame eliminatorio de galego, que consistirá en contestar un cuestionario de 20 preguntas tipo test, con catro respostas alternativas, das que só unha

será correcta. A duración deste exercicio será de 30 minutos.

Este exercicio será valorado como apto ou non apto, e será necesario para superalo obte-lo resultado de apto. Correspóndelle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-lo resultado de apto.

Estarán exentos de realizar este exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso ou validación de inicación de galego. Tal acreditación deberá presentarse ante o tribunal correspondente dentro dos 5 días seguintes ó da publicación da nota do primeiro exercicio.

Exercicios específicos para o sistema de acceso libre.

Técnicos.

-Cuarto exercicio.

Exame eliminatorio, que consistirá no desenvolvemento de dous temas por escrito elixidos polos aspirantes entre tres temas que se sortearán entre os que se especifican a continuación para cada un dos grupos de prazas convocados. O tempo máximo de duración deste exercicio será de 2 horas.

-Para técnicos medios xerais: anexo II.

-Para diplomado en empresariais: anexo III.

-Para enxeñeiro técnico industrial: anexo IV.

Posteriormente, logo de chamamento dos candidatos para os tribunais correspondentes, procederase á lectura pública deles ante o tribunal, o que valorará os coñecementos do candidato na materia.

Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, e será necesario para supera-lo mesmo obter un mínimo de 5 puntos. Correspóndelle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-la puntuación mínima. As puntuacións publicaranse nos taboleiros de anuncios do Igape, unha vez finalizadas tódalas lecturas dos exercicios correspondentes.

Administrativos.

-Terceiro exercicio.

Exame eliminatorio, que consistirá nunha proba práctica de informática realizada en Word 2000 e Excel 2000. O tempo máximo de duración deste exercicio será de 20 minutos.

Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, e será necesario para superalo obter un mínimo de 5 puntos. Correspóndelle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-la puntuación mínima.

Auxiliares administrativos.

-Terceiro exercicio.

Exame eliminatorio, que consistirá nunha proba práctica de informática realizada en Word 2000 e Excel 2000. O tempo máximo de duración deste exercicio será de 20 minutos.

Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, e será necesario para superalo obter un mínimo de 5 puntos. Correspóndelle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-la puntuación mínima.

Desenvolvemento dos exercicios.

Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, e deben asistir provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Será excluído da oposición quen non compareza, agás nos casos de forza maior xustificados e libremente apreciados polo tribunal.

O orde de actuación dos candidatos iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra resultante do sorteo que se levará a cabo polo primeiro tribunal que se constitúa.

O día, lugar e hora da realización do primeiro exercicio farase público coa aprobación da lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización do segundo e restantes exercicios será efectuado polo tribunal no taboleiro de anuncios dos servicios centrais do Igape, sempre con 72 horas de antelación, cando menos, á súa iniciación. O dito anuncio incluirá a lista de candidatos aptos e non aptos en cada exercicio, así como a puntuación obtida.

Nota derradeira.

Esta convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación do tribunal poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de

Promoción Económica

ANEXO I

Programa común técnicos medios

Prazas tipo A-D-E

-Primeiro exercicio.

1. Constitución española. As Cortes Xerais. O Poder Xudicial. O Goberno e a Administración do Estado.

2. A organización territorial do Estado na Constitución. As Comunidades Autónomas. O proceso de constitución. O Estatuto de autonomía de Galicia: estructura e contido. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. A Administración pública da Comunidade Autónoma. O Consello da Xunta. Organización e estructura das consellerías. O Valedor do Pobo.

3. As Comunidades Europeas. Natureza, obxectivos e fins. As institucións comunitarias e o seu funcionamento. A Acta Única Europea. O Tratado da Unión Europea. O Tratado de Ámsterdam. Fondos estructurais.

4. O procedemento administrativo. Concepto e natureza. A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo

común: ámbito de aplicación e principios xerais. As administracións públicas e as súas relacións. Os órganos das administracións públicas. Os interesados. O procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e terminación. Os recursos administrativos: concepto e clases, requisitos xerais.

5. Os contratos administrativos. Natureza, caracteres e clases. Elementos: suxeitos, obxectos, causa e forma. Formas de adxudicación dos contratos. Contido e efectos dos contratos administrativos. Revisión de prezos, resolución, rescisión e renuncia.

6. A xestión económico-financeira pública de Galicia. Características e estructura da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. A Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia. A Lei anual de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. Estructura do orzamento de ingresos e gastos da Comunidade Autónoma de Galicia e os seus organismos autónomos. A xestión do gasto público: fases de execución e documentos contables. Fondos para xustificar. Anticipos de caixa. Gastos plurianuais. Expedientes anticipados de gasto. Xestión de ingresos: fases de execución e documentos contables. O control da xestión financeira. Intervención xeral: competencias e funcións. Consello de Contas: competencias e funcións.

7. Dereito laboral. O contrato de traballo. Forma do contrato. Duración do contrato. Dereitos e deberes derivados do contrato de traballo. Tipos de contrato.

8. Réxime xeral da Seguridade Social. Inscrición de empresas. Afiliación, alta, baixa e variacións de traballadores. Cotización no réxime xeral. O sistema RED da Seguridade Social.

9. O imposto sobre sociedades.

10. O imposto sobre o valor engadido.

11. A sociedade mercantil: concepto, clasificación e requisitos básicos.

12. A sociedade de responsabilidade limitada.

13. A sociedade anónima.

14. Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

15. Igape. Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Igape: natureza, fins e funcións. Organización. Recursos, réxime económico, persoal e control. Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Igape: o consello de dirección. O presidente. O director. O Consello asesor (modificado parcialmente polo Decreto 406/1993, do 17 de decembro). Resolución do 28 de xaneiro de 2000 pola que se dá publicidade ó acordo do consello de dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, que aproba a reorganización do seu persoal directivo.

ANEXO II

Programa específico técnicos medios xerais

Prazas tipo A

-Segundo e cuarto exercicios.

1. Igape-XESGALICIA-BIC como instrumentos de apoio ó sistema productivo de Galicia.

2. Liñas de axudas xestionadas polo Igape.

3. Análise de viabilidade dun proxecto empresarial. Determinantes básicos da viabilidade dun proxecto.

4. Estructura sectorial do sistema productivo galego. Características máis relevantes.

5. Diagnósticos empresariais e planificación estratéxica.

6. Liñas de apoio sectorial da Comunidade Autónoma á empresa galega: Consellerías de Agricultura, Pesca, Industria, Medio Ambiente e Secretaría Xeral para o Turismo.

7. Liñas de apoio do Estado á empresa galega: Ministerios de Economía, Ciencia e Tecnoloxía.

8. Análise do contorno empresarial: contorno xeral e contorno específico. Factores de competitividade.

9. O investimento: concepto, clases e selección de investimentos.

10. As fontes de financiamento da empresa.

11. A información económico-financeira de empresa. Análise de balances e normalización contable.

12. Novas tecnoloxías da información e as comunicacións. Impacto e aplicacións na empresa.

13. Os títulos valores: clasificación. Os títulos directos, á orde, ó portador e de tradición. A letra de cambio: o endoso, a aceptación e o pagamento.

14. A empresa pública. Características da súa xestión. O control e o financiamento da empresa pública.

15. O Plan xeral de contabilidade pública.

ANEXO III

Programa específico técnico medio diplomado en empresariais

Praza tipo D

-Segundo e cuarto exercicios.

1. Liñas de axudas xestionadas polo Igape.

2. Estructura sectorial do sistema productivo galego. Características máis relevantes.

3. Liñas de apoio sectorial da Comunidade Autónoma á empresa galega: Consellerías de Agricultura, Pesca, Industria, Medio Ambiente e Secretaría Xeral para o Turismo.

4. Liñas de apoio do Estado á empresa galega. Ministerios de Economía, Ciencia e Tecnoloxía.

5. O investimento: concepto e selección de investimentos.

6. As fontes de financiamento da empresa. A valoración externa. Métodos para determina-lo valor global de empresa.

7. Análise de viabilidade dun proxecto empresarial. Determinantes básicos da viabilidade dun proxecto.

8. A información económico-financeira de empresa. Análise de balances e normalización contable.

9. A contabilidade mercantil. Libros: requisitos e conservación. Contas anuais. Verificación, auditoría e depósito das contas.

10. Suspensión de pagamentos e quebra. A liquidación de sociedades mercantís. Transformación, fusión e escisión.

11. Os títulos valores: clasificación. Os títulos directos, á orde, ó portador e de tradición. A letra de cambio: o endoso, a aceptación e o pagamento.

12. Diagnósticos empresariais e planificación estratéxica.

13. A actividade económica. Sistemas económicos e tipos de actividade económica.

14. A empresa pública. Características da súa xestión. O control e o financiamento da empresa pública.

15. Novas tecnoloxías da información e as comunicacións. Impacto e aplicacións na empresa.

ANEXO IV

Programa específico técnico medio enxeñeiro técnico industrial

Praza tipo E

-Segundo e cuarto exercicios.

1. Liñas de axudas xestionadas polo Igape.

2. Estructura sectorial do sistema productivo galego. Características mais relevantes.

3. Liñas de apoio sectorial da Comunidade Autónoma á empresa galega: Consellerías de Agricultura, Pesca, Industria, Medio Ambiente e Secretaría Xeral para o Turismo.

4. O investimento. Concepto, clases e selección de investimentos.

5. A información económico-financeira de empresa. Análise de balances e normalización contable.

6. Os títulos valores: clasificación. Os títulos directos, á orde, ó portador e de tradición. A letra de cambio: o endoso, a aceptación e o pagamento.

7. Diagnósticos empresariais e planificación estratéxica.

8. Sistemas de xestión de calidade e ambiente. Control e aseguramento da calidade. Normativas e estándares.

9. Métodos e ferramentas de planificación e organización da producción.

10. Xestión de procesos, control estatístico de procesos, mellora de procesos.

11. Investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación. Delimitación conceptual, alcance e relevancia a nivel económico e empresarial. Deseño (industrial e non industrial) e innovación.

12. Novas tecnoloxías da información e as comunicacións. Impacto e aplicacións na empresa.

13. Fabricación de elementos metálicos: soldadura; corte; conformado (fresado, torneado, pregado, embutición, estampación, acabado superficial...); CNC.

14. Instalacións de electricidade de baixa e media potencia. Calefacción. Frío industrial. Climatización e instalacións de telecomunicacións.

15. Tecnoloxías electrónicas (analóxica, dixital e sistemas integrados). Automatización, control e supervisión industrial.

ANEXO V

Programa común administrativos

Praza tipo B

-Primeiro exercicios.

1. Constitución española. As Cortes Xerais. O Poder Xudicial. O Goberno e a Administración do Estado.

2. A organización territorial do Estado na Constitución. As Comunidades Autónomas. O Estatuto de autonomía de Galicia: estructura e contido. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia: funcións do parlamento. O Consello da Xunta. O Valedor do Pobo.

3. A Administración pública galega. As consellerías: organización e estructura. A Administración institucional na Comunidade Autónoma galega. As corporacións de dereito público de Galicia. As fundacións de interese galego.

4. As comunidades europeas. Natureza, obxectivos e fins. As institucións comunitarias e o seu funcionamento. A Acta Única Europea. O Tratado da Unión Europea. A integración de España na Comunidade Europea. O Tratado de Ámsterdam.

5. O procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e terminación. Os recursos administrativos: concepto e clases.

6. Os contratos administrativos. Natureza, caracteres e clases. Elementos: suxeitos, obxecto, causa e forma. Formas de adxudicación dos contratos.

7. A xestión económico-financeira pública de Galicia. A Lei de orzamentos e as leis anuais de orzamentos. Os orzamentos: concepto e natureza. Contido. Estructura. Elaboración. Aprobación. A Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. A facenda da Comunidade. Os orzamentos da CC.AA. Control orzamentario: o Consello de Contas.

8. Dereito laboral e Seguridade Social. O contrato de traballo. Forma do contrato. Duración do contrato. Dereitos e deberes derivados do contrato de traballo. Tipos de contrato.

9. Réxime xeral da Seguridade Social. Inscrición de empresas. Afiliación, alta, baixa e variacións de traballadores. Cotización no réxime xeral. O sistema RED da Seguridade Social.

10. Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

11. Igape. Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Igape: natureza, fins e funcións. Organización. Recursos, réxime económico, persoal e control. Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Igape: o Consello de

dirección. O presidente. O director. O Consello asesor (modificado parcialmente polo Decreto 406/1993, do 17 de decembro). Resolución do 28 de xaneiro de 2000 pola que se dá publicidade ó acordo do consello de dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, que aproba a reorganización do seu persoal directivo.

12. Igape-XESGALICIA-BIC como instrumentos de apoio ó sistema productivo de Galicia.

13. Liñas de axudas xestionadas polo Igape.

ANEXO VI

Programa común auxiliares administrativos

Praza tipo C.

-Primeiro exercicio.

1. Constitución española. As Cortes Xerais. O Poder Xudicial. O Goberno e a Administración do Estado.

2. A organización territorial do Estado na Constitución. As Comunidades Autónomas. Os dereitos lingüísticos dos cidadáns galegos: a Administración pública como garantía deles. As competencias da Comunidade. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración autonómica: organización e estructura das consellerías.

3. A Unión Europea: as institucións comunitarias. A Comisión. O Consello. O Parlamento Europeo. O Tribunal de Xustiza. O Tribunal de Contas.

4. O procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e terminación. Os recursos administrativos: concepto e clases.

5. Os contratos administrativos. Natureza, caracteres e clases. Elementos: suxeitos, obxecto, causa e forma. Formas de adxudicación dos contratos.

6. Dereito laboral e Seguridade Social. O contrato de traballo. Forma do contrato. Duración do contrato. Dereitos e deberes derivados do contrato de traballo. Inscrición de empresas no réxime xeral da Seguridade Social. Afiliación, alta, baixa e variacións dos traballadores no réxime xeral da Seguridade Social.

7. Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

8. Igape. Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Igape: natureza, fins e funcións. Organización. Recursos, réxime económico, persoal e control. Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Igape: o consello de dirección. O presidente. O director. O consello asesor (modificado parcialmente polo Decreto 406/1993, do 17 de decembro). Resolución do 28 de xaneiro de 2000 pola que se dá publicidade ó acordo do consello de dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, que aproba a reorganización do seu persoal directivo.

9. Igape-XESGALICIA-BIC como instrumentos de apoio ó sistema productivo de Galicia.

10. Liñas de axudas xestionadas polo Igape.

Instruccións para o interesado.

* Instruccións xerais.-Escriba soamente a máquina ou con bolígrafo sobre superficie dura, empregando maiúsculas tipo imprenta.-Asegúrese de que os datos resultan claramente lexibles.-Evite dobra-lo papel e realizar correccións, emendas ou riscadas.-Non escriba nos espacios sombreados ou reservados.-Non esqueza asina-lo impreso.-Non esqueza achega-lo impreso de autoliquidación de taxas debidamente cuberto e selado pola entidade bancaria.-Non esqueza xuntar fotocopia do seu DNI ou documentación acreditativa, segundo o establecido na convocatoria.

-Non esqueza xuntar copia cotexada da cualificación da minusvalidez, de se-lo caso.

* Instruccións particulares (referidas ós números de cada cela da instancia).

1. Titulación esixida: especifique o que corresponda para a praza solicitada tal e como aparece no punto 1 da convocatoria (normas xerais). Categoría: especifica-la letra segundo o establecido no mesmo punto.

2. Tipo. Sinale a letra do tipo que corresponda segundo o especificado no punto 1 da convocatoria (normas xerais).

7 e 8. Especifica-las posibles adaptacións de medios para a realización dos exercicios no caso de que sexa necesario para os aspirantes con algunha discapacidade, e os motivos desta adaptación.