Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.887

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (725/2000).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un de Lugo, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo nº 725/2000, seguidos por instancia de Roberto Rodríguez Díaz contra a empresa Fachadas Plus, S.L. e outro sobre cantidade, dictouse a sentencia que di no encabezamento e parte dispositiva:

«Sentencia.

En Lugo o vintenove de maio do ano dous mil un.

Vistos, por Mª de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, os presentes autos de xuízo verbal nº 725/2000 sobre reclamación por cantidade, no que son partes como demandante Roberto Rodríguez Díaz, representado polo graduado social Rafael Vila Pereiro e como parte demandada o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado José Carlos Pérez Vázquez. Non compareceu a empresa demandada Fachadas Plus, S.L., malia estar citada en legal forma.

Decido que estimando a demanda interposta por Roberto Rodríguez Díaz, contra a empresa Fachadas Plus, S.L., sendo parte así mesmo o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), debo condenar e condeno a empresa demandada a que aboe ó demandante a cantidade de cincocentas vintecatro mil duascentas setenta e nove pesetas (524.279 ptas.) polos conceptos expresados no segundo dos feitos probados desta resolución. Absólvese a Fogasa sen prexuízo da súa ulterior responsabilidade en caso de declaración de insolvencia empresarial.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia-A Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste Xulgado do Social, unha vez depositadas as cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral, e en especial o disposto no seu artigo 228 do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozar do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, que consignou na conta de depósitos e consignacións nº 2322-69 nº de autos 725/2000, que este Xulgado do Social ten aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, deste cidade, rúa da Raíña, nº 1, a cantidade obxecto de condena, podéndose substituí-la consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse cons

ta-la responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, se é o caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número de procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño deles para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, máis o depósito de 25.000 pesetas, prevido para esta clase de recursos que deberá constituírse na mesma conta nº 2322-65-nº de autos 725/2000 do Banco Bilbao-Vizcaya, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, debendo entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpo-lo recurso, en caso de se-la empresa demandada condenada que o interpuxese, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así, por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. Mª de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado».

Publicación. A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, atopándose celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal e para que sirva de notificación en forma á empresa Fachadas Plus, S.L. en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo, vintenove de maio de dous mil un.

O secretario

Rubricado